20/12/12

Todavía

Todavía

No lo creo todavía
estás llegando a mi lado
y la noche es un puñado
de estrellas y de alegría

palpo gusto escucho y veo
tu rostro tu paso largo
tus manos y sin embargo
todavía no lo creo

tu regreso tienen tanto
que ver contigo y conmigo
que por cábala lo digo
y por las dudas lo canto

nadie nunca te reemplaza
y las cosas más triviales
se vuelven fundamentales
porque estás llegando a casa



sin embargo todavía
dudo de esta buena suerte
porque el cielo de tenerte
me parece fantasía

pero venís y es seguro
y venís con tu mirada
y por eso tu llegada
hace mágico el futuro

y aunque no siempre he entendido
mis culpas y mis fracasos
en cambio sé que en tus brazos
el mundo tiene sentido

y si beso la osadía
y el misterio de tus labios
no habrá dudas ni resabios
te querré más

todavía.

Mario Benedetti, El amor, las mujeres y la vida.

19/11/12

Todo el mundo tiene su libro

 En el curso de 1º de Bachillerato acabamos de terminar la lectura de Días de Reyes Magos de Emilio Pascual, obra que ha sido del agrado de todos.
  He seleccionado este fragmento del capítulo que lleva por título "La sorpresa" (pág.116).

"Cali me dijo:
-La mejor manera de sorprenderle es con tu verdad. ¿No has observado que los profesores que más nos obligan a leer son los que menos leen? ¿Y no te has dado cuenta de que los que sienten verdadera pasión por la lectura la transmiten sin necesidad de recomendaciones? La pasión por los libros es como el amor:no puede ocultarse.No intentes engañarlo.Todo el mundo tiene su libro : no me digas que tú no tienes el tuyo. ¿Es posible que no exista un libro que te haya conmovido especialmente?"




Frases contra a violencia de xénero

11/11/12

Os principios son importantes


“Cando eu era aínda moi rapaz, seguíase a falar do caso entre as boas xentes de Auria, cibda onde nascín e onde as cousas ocurriran. O caso contábase de moitos xeitos pro todos viñan a casar no final, que decote era o mesmo”.

  Así comeza A esmorga de Eduardo Blanco Amor, unha das novelas máis importantes da nosa literatura. Esta foi unha das obras seleccionadas para formar parte dunha pequena exposición que fixemos no noso centro, aproveitando o Día da Biblioteca (24 de outubro). Decidimos escoller o principio dalgunhas obras moi coñecidas e empregar a lingua orixinaria na que foron escritas ( Ana Karenina, Madame Bovary,...)


6/10/12

Viaxes



Gústanos viaxar, así que, aproveitando que estamos a comezar un novo curso, voltamos a encher as mochilas da nosa biblioteca cunha morea de materiais en varios soportes para ter a posibilidade de coñecer novos lugares e, sobre todo, de disfrutar.
Pódense ter na casa por un período de 15 días e xa comezaron a súa andaina esta semana.

28/9/12

Formando lectores

Unha das primeiras actividades que facemos na biblioteca a comezos de cada curso é a formación de usuarios.Parécenos fundamental que os alumnos saiban manexarse na biblioteca de forma autónoma atopando os diferentes materiais, consultando as bases de datos... 
  Este ano xa foron varios os grupos que participaron activamente na procura de información e xa comezamos a prestar material e a recoller os préstamos do verán.Así que aproveitamos a ocasión para animarvos a que continuedes visitando a biblioteca e desexarvos un bo comenzo de curso.




8/9/12

Invierno ártico

Sempre é un pracer recomendar unha obra de Arnaldur Indridason (Reykjavik,1961), autor que nos gusta especialmente. 


Invierno ártico é a quinta entrega das protagonizadas polo investigador Erlendur Sveinsson e os seus colaboradores (Elinborg e Sígurdur Oli). Neste libro relátanos a aparición do cadáver dun rapaz de 10 anos, moi preto da súa casa. Este feito parece estar relacionado con cuestións como a discriminación que sufren as persoas doutros países (a nai da víctima é unha inmigrante tailandesa que debe traballar duro para sacar adiante á súa familia).
 Nesta ocasión Erlendur, atormentado pola morte do seu irmán nunha ventisca cando ambos eran uns rapaces, achégase máis a este momento da súa vida a través dun soño que lle relata Eva Lind, a súa filla.

 "Erlendur hizo la señal de la cruz sobre la tumba de Marion Briem. Luego se volvió hacia el viento que le mordía el rostro, le tiraba del pelo y se le metía entre la ropa. Pensó en su casa, en sus libros sobre muerte y sufrimiento durante las implacables inclemencias invernales. Eran historias que comprendía y que mantenían encendidas en su pecho las brasas de antiguos sentimientos, remordimientos, pena y pérdida". (Páx.339)

 A obra ven acompañada dun pequeno cadernillo (Enciclopedia Svensson.Siguiendo la pista de un detective islandés) onde aparecen recollidas as cuestións máis habituais dos seus libros (personaxes, escenarios...)





15/8/12

Shirley Valentine

Verónica Forqué da vida á personaxe de Shirley Valentine, unha muller que se sinte soa en moitos momentos e que se debate nun dilema: acompañar ou non a unha amiga nunha viaxe a Grecia.
 Soa en escea, a súa interpretación de Shirley emociónanos ao dar vida a unha muller que leva unha existencia triste e monótona, que viviu momentos felices, pero que non se sinte valorada e que pasa desapercibida na súa casa e no seu entorno. Ao seu home parece preocuparlle especialmente que a cea estea servida cando el chegue a casa pero a ela ignóraa completamente. Os seus fillos xa son maiores e non parecen preocuparse por ela así que, cos billetes de avión gardados nun caixón, decide dar un paso adiante e ser valente.
  Resulta divertida en moitos momentos e noutros os interrogantes que plantexa non obteñen outra resposta que o silencio.
  Os nosos aplausos encheron o teatro ao final da representación.


7/8/12

Chavela Vargas

“Me voy. Les dejo de herencia mi libertad, que es lo más preciado del ser humano”.

                               Chavela Vargas



3/8/12

Las horas distantes

"¿Alguna vez se han preguntado cómo huele el paso del tiempo? La verdad es que a mí nunca se me había ocurrido, al menos antes de entrar en Milderhurst Castle. Ahora, desde luego, lo sé. A moho y amoniaco, una pizca de amoníaco y bastante de polvo, a viejas hojas de papel completamente desintegradas. Y había algo más, subyacente, que lindaba con lo asfixiante y pútrido, aunque no era exactamente eso. Tardé un buen rato en comprender de dónde provenía ese olor: es el pasado." (Páx.70).


                                                        Procedencia da imaxe   

Unha carta que chega ao seu destinatario con 50 anos de retraso é o detonante desta historia na que se mesturan, entre outros temas, o misterio, os conflictos familiares, as relacións persoais  e a literatura. Así, a través do relato de Eddie Burchill, unha xoven editora, podemos chegar a reconstruir a historia de Meredith, a súa nai, e receptora da carta, que foi evacuada na Segunda Guerra Mundial e acollida na casa das irmás Blythe (Percy,Saffy e Juniper).
  O relato, que vai alternando pasado e presente, transcorre sobre todo en Milderhurst Castle, a residencia das irmás Blythe, que deben enfrontarse ó seu pasado e ó misterio que dende hai moitos anos envolve as súas vidas.


      

24/7/12

Hopper

O verán é, sobre todo, a época do ano na que temos moito tempo libre para adicar ás nosas afeccións. Agora , e ata o 16 de setembro, podemos disfrutar da obra de Hopper (1882-1967) no museo Thyssen. A mostra está composta por 73 cadros e nela tamén podemos admirar obras doutros artistas como Degas ou Valloton.
Persoalmente, gústanme os seus personaxes pensativos en situacións da vida cotiá. Dan a sensación de que sempre pode dedicarse un tempo a un mesmo en calquera situación.

15/6/12

Pelegríns de papel


Queremos presentar hoxe unha actividade que nos parece interesante e que imos desenvolver ao longo do ano. Chámase Pelegríns de Papel. É o nome dunha biblioteca itinerante que irá pasando por diversos lugares para levar cerca da xente os libros e a lectura. Con esta iniciativa, Avanza Trasdeza busca promover o encontro e a participación dos cidadáns silledenses en torno á lectura.
  Dende a biblioteca imos facer un intercambio de materiais que pensamos vai contribuir a ao fomento da lectura.
  Pódese participar de moitas formas:
- Levando e lendo libros, ou doándonos algúns dos teus para a colección.
- Pedindo un Punto de Lectura para poñelo na túa casa ou no teu negocio.
- Asistindo ás actividades de animación á lectura que se organicen...
  Pasade pola biblioteca e collede o voso libro ( agora que está aí o verán semella un bo momento para disfrutar coa lectura).

28/5/12

De Balbino a hoxe

A semana pasada tivemos a sorte de contar en Silleda coa visita de Xosé Neira Vilas, todo un privilexio. Tomamos boa nota das súas palabras e foron moitas as preguntas sobre a súa obra que lle plantexamos no noso centro, sobre todo os alumnos de 2º de ESO que están a ler nestes momentos Memorias dun neno labrego. 


  Tamén asistimos á presentación do libro do noso compañeiro Xoan Carlos García Porral, De Balbino a hoxe. Cambios e transformacións na aldea galega.

17/5/12

Deixounos Carlos Fuentes

Triste nova para o mundo das Letras, a morte de Carlos Fuentes (Panamá, 1928), un dos autores do chamado boom da novela hispanoamericana, xunto con Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa, Gabriel García Márquez...
 Da súa extensa obra, eliximos un fragmento de La muerte de Artemio Cruz (1962), un dos seus libros máis coñecidos.

"ÉL apartó las cortinas y respiró el aire limpio. Había entrado la brisa temprana, agitando las cortinas para anunciarse.Miró hacia afuera: estas horas del amanecer eran las mejores, las más despejadas, las de una primavera diaria. No tardaría en sofocarlas el sol palpitante. Pero a las siete de la mañana, la playa frente al balcón se iluminaba con una paz fresca y un contorno silencioso".


9/5/12

La perla (II)

" Por la ciudad se cuenta la historia de la gran perla , de cómo fue hallada y cómo la perdieron. Cuentan la historia de Kino, el pescador, de su esposa Juana y de su bebé Coyotito. Y tantas veces la han contado que ha quedado grabada en la mente de todos. Y, como en todos los cuentos que van de boca en boca y calan en los corazones de las gentes, sólo existen los extremos:lo bueno o lo malo, lo blanco o lo negro, cosas virtuosas y malignas, y no hay posiciones intermedias.
  Si se toma esta historia como una parábola, es probable que cada uno le dé una interpretación particular y pueda aplicársela a su propio caso. Sea como fuere, dicen en la ciudad que..."

2/5/12

Semana de Dickens (II)

Como resumo de todos os traballos que se fixeron na Semana de Dickens, elaboramos unha pequena presentación na que se recollen os murais feitos polos alumnos, o material audiovisual...
  Queremos agradecer a todos as súas aportacións  e moi especialmente a Raquel Rodríguez, do Departamento de Inglés, pola súa implicación nesta actividade.
Semana de Dickens (II) on PhotoPeach

1/5/12

Cuando pase tu ira

"Intento correr la puerta a un lado con las dos manos. He soltado el cabo y la linterna, que se hunden poco a poco hacia el fondo. La puerta no se mueve del sitio. Mi fuerte respiración me retumba en los oídos mientras en vano estiro y empujo. Entiendo que el bromista está de pie al otro lado. Hay alguien de pie encima de la puerta". (Páx.19)

   A avogada Rebecka Martinsson soña cunha muller  que tenta comunicarse con ela. Todo apunta a que podería tratarse da xoven Wilma, cuxo cadáver ven de aparecer no río. Non hai rastro de Simon, o seu mozo e en Kiruna comeza unha investigación para esclarecer os feitos. Sen embargo, a medida que vai pasando o tempo van xurdindo moitos interrogantes: foi un accidente ou un asasinato? Que estaban a buscar no río? Por que semella que non queren falar os veciños? Que tratan de ocultar os seus familiares?

  No vídeo que reproducimos a continuación a autora fálanos da súa novela.

24/4/12

Semana de Dickens

Para celebrar o Día do Libro, durante toda a semana faranse na biblioteca lecturas de fragmentos das obras máis representativas de Charles Dickens. Hoxe, os alumnos de 2º da ESO estiveron lendo Canto de Nadal.


  A continuación podedes ver unha parte desta coñecida historia.



19/4/12

Cadros mitolóxicos

Gústanos a Mitoloxía e non é a primeira vez que tentamos achegarnos a ela. Nesta ocasión decidimos facelo mediante unha exposición que leva por título Cadros Mitolóxicos. Trátase de relacionar o texto e o título cos seus respectivos cadros, tal e como podedes ver na montaxe que presentamos a continuación.
Queremos agradecer o traballo de alumnos e profesores neste proxecto.

Cadros mitolóxicos on PhotoPeach

10/4/12

La casa de Riverton


"Pensé en Marcus, deambulando por todo el planeta, atrapado por una melodía desacompasada de la que no puede escapar. En los últimos tiempos no me cuesta demasiado tener presente a Marcus. Por las noches, mientras el sueño revolotea alrededor de mis visiones como una polilla polvorienta, él invade constantemente mis pensamientos. Como una mustia flor de verano atrapada entre las imágenes de Hannah y Emmeline, y de Riverton, mi nieto, más allá del tiempo y del espacio. Un instante es un niño con la piel sudorosa y los ojos grandes y al siguiente un hombre adulto, consumido por el amor y la pérdida". (Páx. 100).

Grace , unha anciá case centenaria que traballou nos anos vinte na mansión Riverton, recibe a visita de Úrsula Ryan, unha directora de cine que está a rodar unha película sobre a morte dunha persona que morreu neste lugar en extrañas circunstancias. Trátase de recrear fielmente o espazo, as persoaxes e as situacións deses momentos polo que a axuda dunha testemuña é fundamental.
A historia vai combinando pasado e presente e tenta non so desvelar o misterio senon reconstruír a vida de Grace, chea de interrogantes (os seus pais, o vínculo coas irmás Hartford,...) Coñecemos tamén como era a vida nunha mansión inglesa nos tempos da Primeira Guerra Mundial, as diferencias sociais da época, a situación da muller e os cambios que se van producindo na sociedade a medida que o relato vai avanzando.

  • Título: La casa de Riverton.
  • Autora: Kate Morton.
  • Editorial Suma de Letras, 513 páxinas.

29/2/12

2012: Ano de Dickens


Este mes, e máis concretamente o día 7, cumpríronse 200 anos do nacemento de Charles Dickens (1812-1870). Ao longo de todo o ano serán moitos os actos que nos lembrarán a súa vida e obra. Na biblioteca acabamos de recibir un dos seus traballos máis coñecidos, Canto de Nadal, da editorial Kalandraka, cunhas coidadas ilustracións de Roberto Innocenti.


Transcribimos a continuación un fragmento da obra: "Chegou un violinista co seu libro de partituras, empoleirouse no escritorio elevado, fixo del unha orquestra e tocou coma cincuenta estómagos revoltos. Chegou a señora Fezziwig, co seu enorme sorriso. Chegaron as tres señoritas Fezzigiz, radiantes e encantadoras. Chegaron os seis mozos pretendentes , cos seus corazóns partidos. Chegaron todos os mozos e mozas empregados do negocio." (Páx.57).

14/2/12

Desmayarse,...

Soneto 126

"Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño:
esto es amor: quien lo probó lo sabe".

Lope de Vega

6/2/12

Las ardillas de Central Park están tristes los lunes


"Es la historia de cómo encontrar tu lugar detrás de la niebla...Todos tenemos un lugar detrás de la niebla y no lo sabemos. [...] Es la historia de por qué tenemos el valor de atravesar la niebla y de por qué renunciamos a ello..."
(Páx. 742)

Este é o terceiro título da triloxía de Katherine Pancol ( Los ojos amarillos de los cocodrilos, El vals lento de las tortugas) . Neste momento e con moitas historias parece que os personaxes van atopando o seu sitio. Joséphine, tras a morte da súa irmá, non é quen de volver a escribir pero dun xeito casual unha gran historia chega ás súas mans; Shirley e Gary enfróntanse ao seu pasado; Hortense triunfa no mundo da moda... Resulta algo disparatado o personaxe de Junior, o fillo de Marcel Grobz e Josiane.
Unha lectura entretida.

20/1/12

Mochilas temáticas


Ao longo do presente curso imos ter a oportunidade de fomentar a lectura entre o alumnado con diversas actividades. Un bo xeito de facelo é a través das Mochilas temáticas que acabamos de poñer en funcionamento en 2º de ESO. O Amor, o Medo, o Cine... parece que ata o de agora están sendo do voso interese, tal e como se recolle na libreta que as acompaña e que serve para deixar as vosas impresións , e as das vosas familias, sobre a actividade. Pódense ter na casa durante 15 días.

9/1/12

El cielo a medio hacer


Acabo de rematar a lectura de El cielo a medio hacer de Tomas Tranströmer, Premio Nobel de Literatura do ano 2011. Nesta edición, que recopila poemas dende os seus inicios, podemos achegarnos aos seus versos depurados ambientados na natureza en moitos momentos. A obra contén tamén a súa autobiografía.

EL ÁRBOL Y LA NUBE

UN árbol anda de aquí para allá bajo la lluvia,
de prisa, ante nosotros, en lo gris derramándose.
Lleva un recado. Vida extrae de la lluvia
como el mirlo en un jardín frutal.

Cuando la lluvia cesa, el árbol se detiene.
Se vislumbra derecho, quieto en noches claras,
como nosotros, esperando el instante
en que florezca nieve en el instante.

De El cielo a medio hacer (1962)

  • Título: El cielo a medio hacer.
  • Autor: Tomas Tranströmer.
  • Traducción : Roberto Mascaró.
  • Editorial : Nórdica Libros, 263 páxinas.

LinkWithin