28/11/14

Visita de Rosa Aneiros

" Leo fixo un pequeno varrido mental e decatouse de que, na súa viaxe, visitara xa varios cemiterios. Así, sen pensar máis, o de Eyup en Istambul e o xudeu de Praga. Non sabía que mal tiña visitar os sartergos, mesmo en ocasións axudaban a entender con maior claridade o mundo dos vivos". (Páx.174).

  Esta semana recibimos no noso centro a visita de Rosa Aneiros para falarnos do terceiro volume da triloxía Ámote Leo A. (Terminal de...chegadas?) Samuel e Isidro, alumnos de 2º de Bacharelato, fixeron un pequeno traballo sobre a súa traxectoria e, a continuación, abriuse un interesante diálogo entre a autora e os seus lectores, no que se plantexaron moitas cuestións sobre a obra.



26/10/14

A biblioteca e os números

Para celebrar o Día da Biblioteca pareceunos axeitado, tendo en conta os carteis que chegaron ao noso centro dende a Asesoría, facer unha pequena exposición co título de A biblioteca e os números, repasando todas as aportacións que se levaron a cabo ao longo do tempo ( as primeiras civilizacións, Grecia e Roma...) Tamén nos dous recreos do venres  emitíronse dous vídeos con esta temática.
  A continuación amosamos algunhas das fotografías que fixemos e un dos vídeos que empregamos.





13/9/14

Donde nadie te encuentre

"No puedo hablar bien pero ya se me pasará cuando haya hablado más tiempo. Llevo dos años solo y no sé cantar, así que no me he oído la voz en dos años. Cantar era también peligroso porque podían oírme. Los lobos no hablan ni cantan, por eso siguen vivos en el monte. Yo sé cómo vivir en la montaña, siempre lo he sabido. Lo malo es que no he podido tener animales: ni un perro, ni un gato, ni una oveja. Los animales son buenos, las personas son peores". (Pág.47).



  No había leído esta obra de Alicia Giménez Bartlett, galardonada con el Premio Nadal en el año 2011, y debo decir que me ha gustado mucho. El libro trata de reconstruir la historia del maquis Teresa Pla Meseguer y para ello la narración se vale de dos personajes muy diferentes entre sí, Carlos Infante y Lucien Nourissier,  encargados de su búsqueda,así como del relato del propio protagonista.
  El marco temporal es el año 1956, en plena dictadura, por lo que la investigación se topa con muchos inconvenientes (silencio, miedo,amenazas,...) Infante trata de encontrar testimonios que puedan arrojar luz sobre el posible paradero de La Pastora y Nourissier quiere acercarse al personaje. 
   El relato, basado en hechos reales, reconstruye un terrible período de nuestra historia reciente marcado por la intolerancia y la violencia.
   En este ambiente el maquis debe sobrevivir, huyendo constantemente y luchando por mantener su dignidad.

25/6/14

A rateira

"...Y según Scotland Yard, el crimen se ha cometido en el 24 de la calle Culver, en Paddington.La víctima se llamaba Maureen Lyon.La policía (MOLLIE se levanta y se acerca al sillón del centro) está muy interesada en interrogar a un sospechoso visto en las inmediaciones, con abrigo oscuro (MOLLIE recoge el abrigo de GILES), bufanda clara (MOLLIE recoge la bufanda de GILES) y sombrero de fieltro". (Páx .9).

  A rateira é unha das obras máis coñecidas de Agatha Christie. Con máis de 24000 representacións teatrais segue sendo un éxito na actualidade e é que contén a dose de intriga necesaria para estar pendente da resolución do caso ata o final. Unha obra na que nada é o que parece e unha lectura que de seguro nos sorprenderá.

12/6/14

Produción e creación dun libro



Pareceunos intereseante a información recollida hoxe neste artigo de El País, asi que decidimos incluilo na súa totalidade no enlace anterior. Responde a algunha das preguntas que algunhas veces se plantexan nas clases en torno á produción de libros, tales como cales son as porcentaxes que lle corresponden ao editor, autor...? Aquí tedes as respostas.

23/4/14

Ler Ciencia na Biblioteca

Pareceunos unha boa idea celebrar este ano o Día do Libro xuntando as Ciencias e as Letras (non son incompatibles, como sabemos) así que, aproveitando que iamos ter tamén unha exposición sobre a Ciencia no noso centro puxémonos mans á obra, como se suele dicir. Este é o resultado.
 Pero o que foi todo un éxito entre alumnos e profesores foi a tarta, feita por unha amiga, que co lema Ler Ciencia decidimos compartir con todos (desapareceu literalmente da biblioteca nun tempo récord). Encantounos, esa é a verdade. Aquí deixamos algunhas imaxes do noso xeito de celebrar esta data.



















18/4/14

Ata sempre, Gabo.

"Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas,blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo".



Ven de deixarnos Gabriel García Márquez, Gabo, un dos grandes escritores da literatura contemporánea. Probablemente a mellor homenaxe que lle poidamos facer sexa  a da lectura da súa obra. A maxia das súas palabras sempre nos vai acompañar.

10/4/14

A irmandade da uva

"Entón sucedeu. Unha noite que a choiva golpeaba o teito inclinado da cociña, un grande espírito introduciuse para sempre na miña vida. Tremía co libro nas mans, mentres el me falaba do home e do mundo, do amor e da sabedoría, da dor e da culpa, e comprendín que endexamais volvería ser o mesmo. O seu nome era Fiódor Mikhailovich Dostoievski." (Páxina 87).

Non lera ningunha obra deste autor, John Fante, e debo dicir que me sorprendeu moi gratamente. Ás veces divertido, outras máis profundo e, noutros momentos, moi directo, cóntanos unha historia que se inspira nas súas propias vivencias e se centra na súa familia. Temas como a soidade, a incomunicación, o alcolismo...están moi presentes no relato.
 É moi boa a tradución da editorial Huguin e Munin, que visitou o noso centro no mes de decembro. Recomendamos as súas coidadas edicións e a súa selección de títulos.

2/4/14

Carta aos nenos do mundo

"Os lectores, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias- De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?    
      Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e risas e palabras.Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza."
                     Siobhán Parkinson 



14/2/14

Refranes de amor



Recogemos a continuación algunos de los refranes más conocidos que tratan la temática del amor:

- Feo amarás y hermoso te parecerá.
- Amores nuevos olvidan viejos.
- Con el amor no se juega
- Amantes y ladrones buscan los rincones.
- Amor forastero, amor pasajero.
- El hombre es fuego y la mujer estopa, viene el diablo y sopla.
- Donde hubo fuego siempre queda ceniza.
- Amar son horas perdidas si no son correspondidas.

31/1/14

O mundo da Ilustración





Durante toda a semana puidemos ver á entrada do noso centro unha Exposición sobre O mundo da Ilustración, coincidindo co 30 de xaneiro, data do nacemento de Castelao, que este ano foi impulsado dende a Consellería como o día da Ilustración. Foi unha das actividades que programamos dende a Biblioteca para o presente curso.

  Dende aquí queremos dar as grazas á todos os que fixeron posible este traballo (alumnado de 1º de ESO e 1º de Bacharelato, Equipo de Normalización, Departamento de Plástica, Inglés e Comercio).

29/1/14

O poder das mariposas

Ata o día 9 de marzo temos a posibilidade de ver en Madrid unha exposición que leva por título Muller mariposa
, contra a violencia de xénero. As fotografías da exposición aparecen recollidas no seguinte vídeo.


LinkWithin