Mostrando entradas con la etiqueta Filosofía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Filosofía. Mostrar todas las entradas

jueves, julio 21, 2011

Los herejes de Oxford


"La biblioteca ocupaba el primer piso del edificio norte en el lado oeste de la escalera principal, justo enfrente de la capilla, y era un poco más pequeña que ésta. Al igual que ella, tenía el techo de vigas de madera y esteras en el suelo. Había sido diseñada siguiendo el estilo del siglo anterior, con grandes y largos atriles de madera donde los lectores leían de pie los voluminosos libros manuscritos que estaban sujetos con cadenas de latón a una barra del mismo metal que corría debajo de los atriles". (Páx.199)

Giordano Bruno é un humanista que discrepa da ideoloxía da época na que lle tocou vivir, no século XVI, e iso tráelle moitos problemas. Vese obrigado a deixar o Mosteiro de San Domenico Maggiore, en Nápoles, e chega a Oxford, defendendo as ideas de Copérnico, e na procura dun manuscrito. Por outra banda, sir Francis Walsingham, Secretario de Estado da raíña Isabel, encoméndalle unha importante misión e así Bruno verase envolto nunha complexa situación na que terá que investigar unha serie de crimes.
  • Título: Los herejes de Oxford.
  • Autora: S.J.Parris.
  • Editorial Grijalbo, 455 páxinas.

miércoles, agosto 25, 2010

O mundo dos soños



Cristopher Nolan fainos unha interesante proposta nesta película, Origen (Inception): É posible acceder á mente humana e chegar a roubar unha idea do subconsciente cando un está durmido? Cobb,Leonardo DiCaprio, é un experto na materia. Pero, poderiase ir máis alá e facer xustamente o contrario? Cobb e o seu equipo poñense mans á obra e o resultado podémolo ver nesta cinta cuns efectos especiais espectaculares, con referencias mitolóxicas (Ariadne e os laberintos) e cinematográficas (Ciudadano Kane), complexa e atractiva.

sábado, febrero 27, 2010

La libertad de hablar

A vindeira semana celebrarase en Valparaíso (Chile) o V Congreso Internacional de la Lengua Española. Na xornada inaugural participarán Jorge Edwards, Mario Vargas Llosa e Emilio LLedó, autor deste artigo publicado hoxe en El País sobre o que queremos chamar a atención, "La libertad de hablar".
Queremos aproveitar a ocasión tamén para enviar dende aquí unha aperta cariñosa e solidaria a Chile, despois do sismo que ven de sufrir.

domingo, diciembre 20, 2009

La elegancia del erizo

Este é un libro que seguramente nos faga pensar en moitos temas, como a amizade, o amor e, sobre todo, na autenticidade, porque as súas protagonistas rexeitan a hipocresía que teñen ao seu carón para quedarse con aquelo que merece a pena. Son dúas persoas moi distintas en apariencia, Renée e Paloma. A primeira é a porteira do edificio no que vive Paloma, unha rapaza de doce anos que se sae do común, pero ambas (intelixentes,cultas e sensibles) son capaces de valorar a beleza da arte.
Renée ten 54 anos e é unha muller moi culta. Cámbialle a cara cada vez que escoita unha expresión gramatical incorrecta e ela mesma comete ás veces algunha incorrección. Non quere chamar a atención : "[...] me esfuerzo por ser discreta, no querría que la gente de la casa se imaginara..."(páx.253).

Paloma non comparte a forma de ver a vida que ten a súa familia. Moitas veces agóchase, escribe no seu diario as súas opinións sobre o que lle parece o mundo en xeral e mesmo lle di o que pensa ao psicoanalista da súa nai: "Escúchame bien,señor Congelado,tú y yo vamos a hacer un trato.Tú me vas a dejar a mí en paz,y,a cambio,yo no mandaré al garete tu cochino negocio difundiendo malignos rumores sobre ti en las altas esferas de los negocios y la política de esta ciudad." (Páx.233).
A novela vai alternando a ironía e o humor coa tristura e convírtese nunha obra que merece a pena ler.


martes, octubre 20, 2009

Hipatia (II)

Hipatia era pagá e a súa situación correu perigo nunha cidade cada vez máis cristiá, véndose perseguida como outros neoplatónicos. No 412, Cirilo (despois San Cirilo) converteuse en patriarca de Alexandría. Con todo, o prefecto romano de Alexandría era Orestes e ambos se converteron en acérrimos rivais políticos na loita polo control entre igrexa e estado. Hipatia era amiga e mestra de Orestes e isto, xunto cos prexuízos contra as súas posicións filosóficas que eran consideradas pagás polos cristiáns, fixeron que Hipatia convertésese no punto central das loitas entre cristiáns e non-cristiáns.

Dise que Cirilo o bispo de Alexandría era inimigo seu e foi o principal responsable da súa morte, pero non existe documentación que o acredite de xeito directo. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela e en marzo do ano 415, Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén. Conta como un grupo de cristiáns atolondrados, impetuosos e violentos, seguidores dun tal Pedro foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade ata o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas ata a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban como idolatría e herexía.

Se queredes saber máis sobre Hipatia e sobre o ambiente da Alexandría do século IV d. C. podedes ler a súa vida neste libro da historiadora Clelia Martínez Maza e así ver a película de Amenabar dende un punto de vista máis obxectivo.

viernes, octubre 16, 2009

Hipatia (I)

Dende o Departamento de Latín e Grego, Belén González, que tamén pertence ao equipo da biblioteca, achéganos á figura de Hipatia de Alexandría.


¿Sabedes que a nova película de Amenábar,“Agora”,está baseada na vida dunha muller real, Hipatia de Alexandría, filósofa e científica do século IV d. C.? Aquí tedes alguns datos da súa biografía.

Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV d. C., algunhas referencias din no 370 e outras no 355, en pleno Imperio Romano tardío. O seu pai ,Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo que de seguro traballaba e daba clases na biblioteca, (a que substituíu á lendaria Biblioteca de Alexandría que desapareceu no incendio do 48 a.C) . Hipatia era unha muller aberta ó saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto.


Aprendeu a historia das diferentes relixións que se coñecían naquel entón, oratoria, o pensamento dos filósofos neoplatónicos e os principios do ensino. Viaxou a Atenas e a Roma co afán de aprender e ensinar e a súa casa foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraidos pola súa fama. Un dos seus alumnos foi Sinesio de Cirene, bispo de Ptolemaida (en Fenicia), rico e poderoso, que deixou escrita información sobre Hipatia, a súa mestra. Asemade, Hipatia interesouse pola mecánica e a tecnoloxía. Sábese que inventou un aparello para destilar auga, un hidrómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un astrolabio.

miércoles, mayo 20, 2009

Conexión Tubinga

En colaboración co Departamento de Filosofía, a Biblioteca organizou a visita ao noso centro de Alberto Canal, o autor de Conexión Tubinga, libro que leron os alumnos de 1º de Bacharelato.

Sempre é interesante falar co autor da obra que estamos a ler, e tamén é unha boa oportunidade para facer comentarios sobre o libro, intercambiar opinións, preguntar as nosas dúbidas... Hoxe o debate estivo animado e moitos fixeron preguntas e opinaron sobre os temas que saíron á luz despois da lectura.




" Comecei a ler o Existe Deus? nunha fría noite de febreiro seguindo o ritmo cadencioso que marcaba a choiva nos cristais da fiestra e aproveitando o tempo no que podiamos manter acendida a luz do cuarto, que nunca podía exceder das doce da noite. Entón cría que, aquela singradura que iniciaba polo pensamento do teólogo suízo me axudaría a atopar o camiño que me conduciría á resolución dun enigma ao que ninguén daba unha explicación convincente, pero o que non puiden imaxinar naquel momento era que aquel periplo intelectual ía abocar a miña vida por un camiño que cría non ter elixido e do cal, polo menos a priori, saín bastante malparado." ( Páx. 19)

  • Conexión Tubinga de Alberto Canal.
  • Editorial Xerais, 223 páxinas.

martes, mayo 12, 2009

Letras Galegas 2009


" O centro fundamental da vitalidade da língua galega está pasando do campo á cidade. Trátase da meirande revolución da súa historia. De que este proceso siga, se afirme ou trunfe depende o futuro da nosa língua. No campo está o seu pasado. Na cidade, o seu futuro. Nese futuro, o galego perderá gran parte do seu caudal expresivo campesiño pro desenvolverá un novo caudal expresivo axeitado ás necesidades da mentalidade urbana, industrial, técnica, moderna, etc, etc. Experimentará unha fonda transformación. Compre aceptala e favorecela". (Páx.238 - 239)
  • "Olladas no futuro" , Ed. Galaxia, 1974.

domingo, febrero 08, 2009

El lector

Esta é unha novela extraordinaria . A relación entre un adolescente e unha muller madura e misteriosa (Hanna) , á que lle gusta que lle lean libros, e que desaparece dun día para outro, serve para construir un relato cheo de preguntas e reflexións sobre varios temas: as relacións amorosas, a crueldade, o ben e o mal, ...Todo elo mesturado co xuizo aberto a Hanna e as súas compañeiras, gardianas dun campo de concentración, e as repercusións que o nazismo segue a provocar na sociedade, conflúen nunha historia que non nos deberiamos perder.
"¿Por qué? ¿Por qué lo que fue hermoso, cuando miramos atrás, se nos vuelve quebradizo al saber que ocultaba verdades amargas? (...) A veces un final doloroso hace que el recuerdo traicione la felicidad pasada. A lo mejor es que la única felicidad verdadera es la que dura siempre. Porque sólo puede tener un final doloroso lo que ya era doloroso de por sí, aunque no fuéramos conscientes de ello, aunque lo ignorásemos. Pero un dolor inconsciente e ignorado ¿es dolor? (páx. 40).
  • El lector.
  • Autor : Bernhard Schlink.
  • Editorial Anagrama, 203 páginas.

jueves, septiembre 18, 2008

Unha rede que serve para pensar


En Internet podemos atopar moitas páxinas sobre Filosofía. A. Fraguas Garrido fai unha selección de dez nas que temos dende xogos ata lóxica, temas de debate...
Esperemos que lles poidan servir de orientación ós nosos alumnos de bacharelato e a todos aqueles interesados na materia.

.http://www.boulesis.com/ ( Xogos filosóficos interactivos).

. http://www.lechuza.org/ ( Buscador inspirado en Google).

. http://plato.stanford.edu/ ( En inglés).

. http://www.cinicos.com/ ( Ofrece foros, un glosario e unha sección sobre Internet e Filosofía).

. http://www.circuloesceptico.org/ ( Contra a superstición).

. http://www.rafaelrobles.com/wiki/index.php?title=Portada ( Cine e Filosofía).

. http://www.simulation-argument.com/ ( En inglés).

. http://www.cibernous.com/logica ( Con casos prácticos).

. http://www.philosophersnet.com/games ( En inglés e con moitos xogos).

. http://www.portales.educared.net/wikillerato/Filosofia ( Ten unha sección para estudantes de bacharelato. Os contidos, cos que se pode colaborar, van dende Grecia ata a ápoca actual).