Mostrando entradas con la etiqueta Literatura fantástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura fantástica. Mostrar todas las entradas

domingo, enero 21, 2018

Clubs de lectura

  Dende a nosa biblioteca consideramos que un dos mellores xeitos de achegarnos aos libros é mediante os clubs de lectura. Constitúen foros de debate nos que os lectores poden intercambiar opinións sobre as súas historias preferidas.
  Actualmente contamos con catro seccións:
- "A terrorífica aventura de ler".
- " O mundo da fantasía".
- " Taller de lectura dramática".
- " Ciclo Superior Xestión de Vendas e Espazos comerciais".
  Deixamos aquí algunhas das opinións dos integrantes de " O mundo da fantasía" sobre a primeira lectura, O hobbit de J.R.R. Tolkien.

      
   
 "O que máis de gustou do libro foi que me resultou moi fácil de ler, xa que a min encántame a fantasía e todas as historias relacionadas".
    " O que máis me gustou deste libro foi que se demostra como se poden conseguir as cousas con esforzo, por iso Bilbo é a miña personaxe favorita".

sábado, septiembre 03, 2011

Ano Internacional dos Bosques (IV)


"Cando o verán cubra o mundo e nun mediodía de ouro
baixo o teito de follas durmidas se despreguen os soños das árbores,
cando as salas dos bosques sexan verdes e frías e o vento sopre do oeste,
¡volve onda min! ¡Volve onda min e di que a miña terra é a mellor!"

O Señor dos Aneis, II .As Dúas Torres de J.R.R. Tolkien

miércoles, agosto 31, 2011

El jardín olvidado

"Me gustaría honrar aquí a los autores que escriben para niños. Descubrir a edad temprana que detrás de las negras marcas de un papel blanco se ocultan mundos de incomparable terror, alegría y excitación es uno de los grandes regalos de la vida. Estoy enormemente agradecida a aquellos autores cuyas obras encendieron mi imaginación infantil e inspiraron en mí un amor por los libros y la lectura que han sido una constante compañía. El jardín olvidado es, en parte, una oda a ellos". (Páx. 11,12).

Seguindo a recomendación de dúas amigas comecei a ler El Jardín olvidado de Kate Morton e debo dicir que non parei ata que rematei. Esta obra atrapoume dende as primeiras páxinas. Nela atopamos unha historia que se desenrola en varios lugares (Londres, Brisbane, Cornualles...) e que presenta saltos no tempo, tratando de desvelar un segredo familiar que durante toda a súa vida intrigou a Nell, unha das protagonistas, que descoñece cales foron en realidade as súas orixes. Será Cassandra, a súa neta, quen retome a investigación, despois de herdar da súa avoa unha misteriosa cabana.
É tamén unha historia na que a literatura está moi presente a través dos relatos de fadas que Eliza Makepeace escribe continuamente e que teñen relación coa súa propia vida.
A pesar da dureza de moitos momentos narrados (non foi nada doada a vida destas mulleres), a historia ten momentos inesquecibles e, na miña opinión, merece moito a pena.

viernes, abril 22, 2011

domingo, noviembre 28, 2010

Novidades (novembro)

Fixemos unha pequena montaxe con algúns dos novos títulos que podedes atopar nos andeis da biblioteca a partir da vindeira semana. Entre as novas adquisicións están aquelas obras propostas polos lectores e das que tomamos nota para tratar de satisfacer a todos, na medida do posible.

Novidades (mes de novembro) on PhotoPeach

martes, junio 15, 2010

Escenarios fantásticos

"CARTÓGRAFOS, FORMANDO, PARQUE, RESCATADO, AQUEL, GEOGRAFÍA, HOMBRO, VECES, DIBUJANTE, DONDE,..."
(Páx.150)


Todas estas palabras e moitas outras podemos atopalas en Escenarios fantásticos de Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949), ilustrado por Miguel Calatayud. Unha obra chea de fantasía na que, a través de dous narradores, Nathaniel Maris, xornalista, e Demetrius Iatopec, mago especializado en capturar espellismos, podemos achegarnos a espazos máxicos e suxerentes cheos de sorpresas, como o parque de atraccións do Arco da Vella onde atoparemos "a máquina de fabricar contos" (dela proceden as palabras iniciais deste post), "a cámara das cóxegas", "o túnel que le os sentimentos"...

Este foi o seu primeiro libro (Barcelona,1979).

  • Título: Escenarios fantásticos.
  • Autor: Joan Manuel Gisbert.
  • Ilustrador: Miguel Calatayud.
  • Editorial Oxford, Col. "El árbol de la Ciencia" nº3, 202 páx.

viernes, mayo 21, 2010

Novidades (Maio)

Acabamos de recibir na nosa biblioteca unha morea de novidades nas que podedes atopar un pouco de todo:literatura fantástica, novela policiaca, historias de amor, obras dos grandes clásicos... É unha boa oportunidade para facer unha selección de títulos que vos poidan interesar de cara ao verán.

Novidades Maio on PhotoPeach

sábado, febrero 13, 2010

Fenris, el elfo


Alberto Domínguez, lector do mes de xaneiro, fainos a seguinte recomendación :

"Me gusta este libro porque me identifico con el personaje, además las diversas aventuras por las que pasa en toda la obra demuestran que la autora tiene mucha imaginación. Recomiendo todas las obras de Laura Gallego por lo buenas e interesantes que son, aparte de que tienen su parte de acción.

Invito a leer a todo aquel que quiera, porque descubrirá muchas cosas. Os entretendréis leyendo si encontráis el libro que os gusta".

martes, octubre 06, 2009

Corazón de tinta


Alberto Domínguez, estupendo lector e colaborador da biblioteca, fainos a seguinte recomendación :

"Es de los pocos libros que me enganchó de verdad, me gustó porque las páginas son cada vez más emocionantes.

Los personajes son Mortimer (Lengua de Brujo), Meggie, Dedo Polvoriento, Capricornio, Nariz Chata... Cada uno tiene un papel fundamental en el libro.

La historia comienza cuando Mortimer lee un libro y Capricornio y sus secuaces aparecen desde un libro con Dedo Polvoriento, pero cuando ellos salen la mujer de Mortimer queda dentro del libro.

Yo creo que es una obra que vale la pena leer."
  • Título : Corazón de tinta.
  • Autora : Cornelia Funke.
  • Editorial Siruela, 598 páginas.