ESTAMOS REVISANDO O BLOG
Estamos resolvendo algúns problemiñas coa carga de contidos da actividade deste ano. Durante este mes de xullo o blog está en revisión e faltarán contidos.
C
omo peche da actividade deste ano o 19 de xuño, fixemos entrega das mochilas personalizadas de verán.
Nas escollas das nosos lectores e lectoras predominou este ano o manga e o libro de fantasía.
📚 Desde a biblioteca como libros sorpresa escollemos: Danza de acero e El pequeño libro de los eclipses.
Danza de acero é a primeira entrega da saga Pétalos de sangre de Mars Carballo Losada. Lembrade que coñecemos a esta autora pola súa primeira obra, Colores en el viento, en relación coa que nos visitou no curso 2021-22, cando foi entrevistada polo noso alumnado.
Para estar ben preparados para o evento astronómico único que poderemos contemplar o 12 de agosto, os participantes desta mochila viaxeira de verán levaron tamén este manual de divulgación sobre os eclipses.
Esperamos que gocedes das vosas lecturas!
N
on queda nada para o remate de curso. Na biblioteca xa temos preparadas as mochilas viaxeiras de verán para os alumnos e alumnas que se achegaron a pedilas.
Cada mochila conta cos libros escollidos por cada alumno ou alumna e unha ou dúas suxestións de lectura de sorpresa -pensadas para cada un en particular- unha lectura vinculada ao eclipse solar deste verán e unha serie de agasallos de verán (gorra, pás de praia, ...).
Aínda estás a tempo para solicitar a túa!
E ste ano a biblioteca propón que fagades a vosa mochila de lectura personalizada. Pásate pola biblioteca para escoller eses libros aos que lle botaches o ollo durante o curso e non puideches ler.
Prometemos engadir algunha sorpresa estival de agasallo!
Esperámosvos!
Arredor da celebración do Día do libro, o 23 de abril, facemos a nosa Feira do libro do 21 ao 29 de abril. Manteremos o tradicional posto de troco e teremos novos obradoriros: de haikus e de pos-ups.
Ademais os alumnos de oratoria de 3º da ESO convidan a alumando e profesorado a participar nun trepidante Escape Room ambientado no incendio da Biblioteca de Alexandría.
C
Este ano a ONU fixou o lema "Dereitos, xustiza, acción para todas as mulleres e nenas". Esta mensaxe é un chamamento mundial para derribar as barreiras estruturais e legais que impiden a igualdade, recordando que actualmente as mulleres só posúen o 64 % dos dereitos legais dos que gozan os homes a nivel global.
O
As lecturas escollidas para a contada foron varios clásicos do xénero: Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto con ilustracións de André Letria; O incrible neno devorador de libros, de Oliver Jeffers; Amigos, de Michael Foreman e Na busca dun fogar de Alexis Deacon, ilustrado por Vivianne Schwarz.
A partir da celebración o día 30 de xaneiro do Día Escolar da Non- violencia e a Paz imos desenvolver unha serie de actividades reivindicativas para dar a coñecer a situación do pobo Palestino en Gaza nestes días e singularmente a súa repercusión na vida de miles de nenos e nenas. Máis alá do que imos vendo nas noticias cada día, chegounos a lista de 20 000 nenos e nenas palestinos mortos polas represalias do goberno de Israel tras o terrible atentado de Hamas de outubro de 2023. Esta abrumadora cifra de mortos interpelounos cando pensamos na celebración do día da non-violencia e deu lugar á serie de actividades que propoñemos.
Un ano máis veu acompañarnos Chema Gómez de Lora para facer un obradoiro de escritura co alumnado de 1º da ESO.
A través de diversos exercicios de escrita en pequenos formatos marcadas polo sorprendente e orixinal de cada proposta, o alumnado afondou nas súas capacidades de creación dunha forma lúdica e amena.
Chema Gómez de Lora ten unha dilatada traxectoria como autor literario e teatral, docente e dinamizador de actividades vinculadas á arte dramática e á escritura.
Ao remate do obradoiro os alumnos e alumnas enviaron a súa última creación en forma de relato para que se elixise a peza gañadora, premiada co tradicional chupa-chups XXL.
C
| Acendendo as candeas en lembranza das mulleres asasinadas. |
O
E stes son os gañadores dos concurso de relatos de Samaín.
Esta categoría conta cun
premio único outorgado a:
Aitor Rodríguez Fernández.
1º Premio:
Claudia Sahagún Taboada e Carla Rivas González, polo seu relato “A lenda da Moura da Fonte”
2º Premio:
Antía Louzao Casal, polo relato “Os que non marchan”
3º Premio:
Daniel García
López, polo relato “A casa da curva”