Compartimos algunhas imaxes dos novos álbums ilustrados que se poden atopar na nosa biblioteca. Estes libros foron adquiridos tendo en conta as preferencias dos alumnos do noso centro.
"El día fijado,contraté a unos hombres con carros, me dirigí a mis oficinas y, como no tenía muchos muebles, todo se trasladó en pocas horas." (Páx.52)
.
"Tokio siguió construyendo su escalera roja poquito a poco hasta que, un día,llegó al espacio exterior." (Páx.60).
A imaxe procede da obra Emigrantes de Shaun Tan (Barbara Fiore Editora).
Un ano máis abrimos as portas da nosa biblioteca e invitamos a todos a achegarse a ela. Xa comezamos a planificar o novo curso dende o equipo e, nos vindeiros días, iremos expoñendo as nosas propostas ( reorganización das bibliotecas de aula, mochilas viaxeiras, listados de materiais...)
Estade atentos!
Engadimos aquí as imaxes dalgunhas das novidades que mercamos recentemente.
Lo que siente es demasiado inédito para definirlo.
El humo que brota del tren llena de niebla la escena.
El andén de la estación se parece más que nunca a una orilla.
La decoración ideal para lo postrero.
Alfred arrima los labios al oído de Charlotte.
Ella piensa que va a decirle: te quiero.
Pero no es eso.
Le susurra una frase más importante.
Una frase en la que ella va a pensar continuamente.
Que va a ser la esencia de su obsesión.
Ojalá no se te olvide nunca que creo en ti." (Páx.122).
Charlotte de David Foenkinos é un libro especial. A extrema dureza da vida da protagonista, Charlotte Salomon, o seu xeito de enfrontarse a ela por medio da pintura e o xeito de contala fan desta obra un texto dos que deixan pegada.
O libro céntrase na vida de Charlotte, unha xoven de orixe xudía, marcada pola soidade e por unha serie de suicidios na súa familia (circunstancia que coñecerá xa na idade adulta) que está especialmente dotada para a pintura . Será precisamente a través dos seus debuxos como consegue expresar o seus sentimentos e enfrontarse á dureza na que está inmersa.
Chama a atención a disposición do texto, máis propia da poesía que da prosa, pero o mellor é escoitar a propia opinión do autor acerca deste tema no vídeo que se inclúe a continuación.
"El periodista se atusó el bigote. Pensó un momento en Dolors y se le humedecieron los ojos. Ojalá pudiera compartir su buena fortuna con ella. La echaba de menos, su recuerdo aún le lastimaba y creía que, como una herida mal cerrada, le dolería siempre". (Pág. 530).
Este é un fragmento da novela El secreto de Vesalio de Jordi LLobregat, publicado pola editorial Planeta. O marco temporal no que se desenrolan os feitos é o ano 1888, uns días antes de celebrarse a Exposición Universal en Barcelona. É entón cando aparecen unha serie de cadáveres mutilados o que dará orixe a unha investigación extraoficial dos feitos.
Hai varios personaxes que se verán implicados nas pescudas, por diferentes motivos. Daniel Amat, profesor en Oxford, regresa a Barcelona para enfrontarse ao seu pasado é para asistir ao enterro do seu pai. Non lle convencen as explicacións que recibe sobre a súa morte, así que decide ir máis alá pola súa conta. Por outra banda, tanto Bernat Fleixa como Pau Gilbert, incorporaranse á investigación. O primeiro é un xornalista que toma o seu traballo con moita calma e está desexoso de atopar un filón que definitivamente remate cos seus problemas. O segundo é un brillante estudiante de Medicina que tenta atopar un manuscrito de anatomía que agocha un segredo.
Creo que é unha lectura que non nos vai defraudar.
ni al invierno, ni al frío ni a los vientos". (Páx.121).
Con esta poesía, Palo (Paul-Émile) tentaba infundirse valor a sí mesmo en momentos críticos da súa vida. Tanto el como os seus compañeiros (Laura, Claude,Key...) forman parte da Sección F do SOE (Special Operations Executive), un grupo dos servicios secretos creado por W. Churchill encargado de levar a cabo diversas accións nas liñas inimigas. A súa tarea non é doada. Despois de recibir un durísimo entrenamento pasan á acción arriscando a súa vida en cada traballo encomendado.
Son homes e mulleres que non poden compartir esta información coa súa familia e que desempeñaron un papel relevante na Segunda Guerra Mundial. Hoxe sabemos da súa existencia aínda que esta información mantívose en secreto durante moitos anos.
O traballo de documentación que se reflicte no libro é moi completo así como o retrato dos personaxes (Palo e o seu pai, fundamentalmente).
A obra recibiu o Premio dos escritores Xenebrinos no ano 2010.
"Entón sucedeu. Unha noite que a choiva golpeaba o teito inclinado da cociña, un grande espírito introduciuse para sempre na miña vida. Tremía co libro nas mans, mentres el me falaba do home e do mundo, do amor e da sabedoría, da dor e da culpa, e comprendín que endexamais volvería ser o mesmo. O seu nome era Fiódor Mikhailovich Dostoievski." (Páxina 87).
Non lera ningunha obra deste autor, John Fante, e debo dicir que me sorprendeu moi gratamente. Ás veces divertido, outras máis profundo e, noutros momentos, moi directo, cóntanos unha historia que se inspira nas súas propias vivencias e se centra na súa familia. Temas como a soidade, a incomunicación, o alcolismo...están moi presentes no relato.
É moi boa a tradución da editorial Huguin e Munin, que visitou o noso centro no mes de decembro. Recomendamos as súas coidadas edicións e a súa selección de títulos.
"En ausencia de la muchacha he estado trabajando con intensidad en mis memorias. Es fascinante lo que uno se puede sumergir en un mundo que consiste solo en tinta y papel; a menudo tengo la sensación de haber retrocedido en el tiempo. Allí estamos Annie Gillespie y yo, caminando por el West End de Glasglow. O aquí está Ned, justo a mi lado. Si cierro los ojos puedo olerlo: el dilce aroma de su pipa, la fragancia a pino del aguarrás. A veces, si levanto la vista de la hoja, me sorprende descubrir que no está ahí sentado en la esquina, observándome con una sonrisa afectuosa en los labios." (Páx.361).
A acción comeza no ano 1888 en Glasgow a onde se traslada Harriet Baxter, a protagonista da historia, tras o falecemento dun familiar. Casualmente coñece á familia Gillespie e entabla con eles unha relación de amizade. Harriet é unha muller independente que leva unha vida tranquila pero ve alterada a súa existencia por un acontecemento que deixara nela unha pegada imborrable.
No momento de escribir a historia, Harriet é xa unha muller de idade avanzada que reside en Londres e decide escribir as súas memorias para contar a súa versión dos feitos.
O relato vai gañando en intensidade a medida que avanza a lectura aínda que non chega a sorprendernos. E un ten a sensación de que quedan algúns interrogantes sen resposta.
"En un país donde las velas ardían de abajo hacia arriba y la lluvia caía desde el suelo, se alzaba una montaña de origen impreciso, cuyo nombre evocaba toda clase de desgracias".
Einar Turkowski fainos unha proposta moi interesante a través desta obra que pode ser abordada dende moitas perspectivas. Ilustrado por el mesmo, é unha lectura que, de seguro, faranos pensar en moitos temas ( a soidade, o afán de superación,...)
"¡Bum,bum,bum!". La fábrica funcionaba a toda máquina en el centro de la ciudad. "¡Tic,tic,tic!", hacía el tornillo que Alejandro golpeaba contra el cristal al ritmo de los chirridos del acero. Con dedos relampagueantes recorría los bordes de la ventana para hacer cantar la madera, el cristal y el hierro. Tamborileaba con tanta velocidad que solo se veían las ondulaciones que formaba el movimiento de los dedos".
Melodía en la ciudad de Benjamin Lacombe.
Esta é unha das propostas que vos facemos chegar dende a biblioteca neste segundo trimestre que ven de comezar. Sempre é un pracer a lectura e disfrutar dunhas ilustracións coma as que acompañan aos textos sen dúbida intensifica a experiencia.
"Pensé en Marcus, deambulando por todo el planeta, atrapado por una melodía desacompasada de la que no puede escapar. En los últimos tiempos no me cuesta demasiado tener presente a Marcus. Por las noches, mientras el sueño revolotea alrededor de mis visiones como una polilla polvorienta, él invade constantemente mis pensamientos. Como una mustia flor de verano atrapada entre las imágenes de Hannah y Emmeline, y de Riverton, mi nieto, más allá del tiempo y del espacio. Un instante es un niño con la piel sudorosa y los ojos grandes y al siguiente un hombre adulto, consumido por el amor y la pérdida". (Páx. 100).
Grace , unha anciá case centenaria que traballou nos anos vinte na mansión Riverton, recibe a visita de Úrsula Ryan, unha directora de cine que está a rodar unha película sobre a morte dunha persona que morreu neste lugar en extrañas circunstancias. Trátase de recrear fielmente o espazo, as persoaxes e as situacións deses momentos polo que a axuda dunha testemuña é fundamental.
A historia vai combinando pasado e presente e tenta non so desvelar o misterio senon reconstruír a vida de Grace, chea de interrogantes (os seus pais, o vínculo coas irmás Hartford,...) Coñecemos tamén como era a vida nunha mansión inglesa nos tempos da Primeira Guerra Mundial, as diferencias sociais da época, a situación da muller e os cambios que se van producindo na sociedade a medida que o relato vai avanzando.
Este mes, e máis concretamente o día 7, cumpríronse 200 anos do nacemento de Charles Dickens (1812-1870). Ao longo de todo o ano serán moitos os actos que nos lembrarán a súa vida e obra. Na biblioteca acabamos de recibir un dos seus traballos máis coñecidos, Canto de Nadal, da editorial Kalandraka, cunhas coidadas ilustracións de Roberto Innocenti.
Transcribimos a continuación un fragmento da obra: "Chegou un violinista co seu libro de partituras, empoleirouse no escritorio elevado, fixo del unha orquestra e tocou coma cincuenta estómagos revoltos. Chegou a señora Fezziwig, co seu enorme sorriso. Chegaron as tres señoritas Fezzigiz, radiantes e encantadoras. Chegaron os seis mozos pretendentes , cos seus corazóns partidos. Chegaron todos os mozos e mozas empregados do negocio." (Páx.57).
"Es la historia de cómo encontrar tu lugar detrás de la niebla...Todos tenemos un lugar detrás de la niebla y no lo sabemos. [...] Es la historia de por qué tenemos el valor de atravesar la niebla y de por qué renunciamos a ello..."
(Páx. 742)
Este é o terceiro título da triloxía de Katherine Pancol ( Los ojos amarillos de los cocodrilos, El vals lento de las tortugas) . Neste momento e con moitas historias parece que os personaxes van atopando o seu sitio. Joséphine, tras a morte da súa irmá, non é quen de volver a escribir pero dun xeito casual unha gran historia chega ás súas mans; Shirley e Gary enfróntanse ao seu pasado; Hortense triunfa no mundo da moda... Resulta algo disparatado o personaxe de Junior, o fillo de Marcel Grobz e Josiane.
Acabo de rematar a lectura de El cielo a medio hacer de Tomas Tranströmer, Premio Nobel de Literatura do ano 2011.Nesta edición, que recopila poemas dende os seus inicios, podemos achegarnos aos seus versos depurados ambientados na natureza en moitos momentos. A obra contén tamén a súa autobiografía.
"A un lado e a outro da estrada, os efectos do lume son devastadores. Os incendios de días atrás reconverteron a paisaxe dun verde fascinante nun patético ocre e negro, de penetrante cheiro a queimado. Só algún pasto esporádico achegaba co seu verdor apagado un toque de cor, que non facía outra cousa que aumentar o dramatismo provocado polas labaradas". (Páx.81).
Este é o desolador panorama que Frank Soutelo ve dende a ventanilla do seu coche no verán do ano 2006, cando o lume arrasou os nosos bosques. Este investigador de orixe galega, que reside nos Estados Unidos, ven pasar uns días de vacacións a casa duns familiares e, dun xeito casual, vese envolto nunha trama na que os intereses inmobiliarios ocupan un lugar principal. Sen medios ao seu alcance, pero coa axuda dalgúns amigos, consegue ir atando cabos ata resolver a morte de Lardo.
A obra fainos rir nalgúns momentos, por exemplo, cos mesmos nomes dalgúns personaxes como Marcial Dalama, Demoleitor, do que fai un bo retrato.
"La risa es importante porque no se puede fingir. Para comprender si uno es auténtico o es falso el único sistema seguro es mirar -y escuchar- su risa. Las personas que de verdad merecen la pena son las que saben reír". (Páx. 117).
Unha amiga italiana recomendounos esta obra, Testigoinvoluntario de
Gianrico Carofiglio (Bari, 1961), e a verdade é que nos gustou moito. A historia comeza coa separación de Guido Guerreri, un avogado, que ve como a súa vida cambia dun xeito importante. Despois de pasar uns meses sumido nunha depresión, pouco a pouco vai saíndo a flote e decide aceptar a defensa de Abdou Thiam, un xoven senegalés que está acusado da morte dun rapaz. O caso preséntase complicado pero Guido é un avogado competente que en maís dunha ocasión consegue poñer en apuros ao fiscal.
A obra combina o proceso legal, descrito de xeito minucioso (non hai que esquecer que o autor é maxistrado) coa transformación de Guido, que consegue ver a luz ao final do túnel.
"Cuando oímos una obra acabada, o cuando vivimos nuestra vida, los componentes individuales se unen para crear un todo que no siempre sabemos apreciar. Sin embargo, sólo cuando somos conscientes de las partes podemos empezar a comprender el milagro.
Yo he tardado casi una vida entera en comenzar a buscar los sonidos, las notas que componen la música de mi vida".
(Páx.19).
A perda da súa filla fai que Adam Anker, músico e compositor, se sinta incapaz de crear e se instale nun mundo de soidade esilencio. Vai pasando o tempo e, por unha serie de circunstancias, decide viaxar a Polonia para indagar no seu pasado. En Cracovia pode reunirse cunha serie de persoas que coñeceron aos seus pais e iso permitiralle recolocar moitas das pezas da súa vida.
Unha historia para disfrutar da lectura que non debemos perder.
Fixemos unha pequena montaxe con algúns dos novos títulos que podedes atopar nos andeis da biblioteca a partir da vindeira semana. Entre as novas adquisicións están aquelas obras propostaspolos lectores e das que tomamos nota para tratar de satisfacer a todos, na medida do posible.
"-A noite está moito máis viva. Nela vense mellor as cores que polo día-dixérame Vincent.
Adeline e máis eu, sentados no chan, moi preto o un do outro, contemplabamos como pintaba baixo o luar da madrugada. Levaba unha pequena candea prendida sobre a aba do seu chapeu de palla e colocara outras dúas máis grandes no cabalete, alumeando o lenzo, sobre o que ceibaba pinceladas coa mesma fogaxe de sempre". (Páx.55).
Auvers é unha vila tranquila que queda preto de París. Alí chega un rapaz, por circunstancias familiares, sen saber que a súa vida vai cambiar moito en pouco tempo grazas a Vincent, un pintor do que se fai amigo, de Adeline, unha rapaza da que se namora, ...
Esta obra obtivo o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009.