lunes, febrero 06, 2012

Las ardillas de Central Park están tristes los lunes


"Es la historia de cómo encontrar tu lugar detrás de la niebla...Todos tenemos un lugar detrás de la niebla y no lo sabemos. [...] Es la historia de por qué tenemos el valor de atravesar la niebla y de por qué renunciamos a ello..."
(Páx. 742)

Este é o terceiro título da triloxía de Katherine Pancol ( Los ojos amarillos de los cocodrilos, El vals lento de las tortugas) . Neste momento e con moitas historias parece que os personaxes van atopando o seu sitio. Joséphine, tras a morte da súa irmá, non é quen de volver a escribir pero dun xeito casual unha gran historia chega ás súas mans; Shirley e Gary enfróntanse ao seu pasado; Hortense triunfa no mundo da moda... Resulta algo disparatado o personaxe de Junior, o fillo de Marcel Grobz e Josiane.
Unha lectura entretida.

No hay comentarios: