PROXECTO 2023.24
Leonardízate.Un proxecto de investigación interdisciplinar sobre a figura de Leonardo da Vinci e a súaobra.
Este proxecto nace na programación das actividades anuais da biblioteca e foi coordinado xunto co Club de ciencias.Tratouse de buscar un fío conductor que nos permitise asentar a nosa aposta polo traballo por proxectos integrados. A figura de Leonardo da Vinci presentouse como un ámbito ideal de incorporación das diversas ramas do saber e da creación.
Escrita especular e a isometría óptica. A fórmula das fragacias. O alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC traballou a escrita especular e a fórmula das fragancias na unidade didáctica de química orgánica da materia de Física e Química.
Cúpulas, pontes e máquinas de Leonardo O alumnado de tecnoloxía (de 1º, 2º e 4º da ESO) construíu diversas estruturas vinculadas as invencións e descubrimentos de Leonardo da Vinci: pezas para a construción de diversas cúpulas, pontes autoportantes...
A música en tempos de Leonardo.
O alumando e 1º de BAC traballou sobre a música na época de da Vinci. En concreto, investigouse sobre a peza musical "Il grillo" e o seu autor Josquin des Prés, que podemos ver intrepretada neste vídeo.
Xeometría dos poliedros
A xeometría dos poliedros a través da papiroflexia foi traballada polas aulas de 2º de ESO en matemáticas.
Obra pictórica
O alumando e 1º de ESO fixo en lingua castelá unha actividade de escrita sobre a experiencia de ver unha obra de arte e o que nos transmite.
Na materia de relixión de 1º de ESO e BAC traballouse sobre o cadro da Última cea.
Os alumnos de francés de 1º de BAC, pola súa banda, investigaron sobre o Louvre para facer unha exposición.
Biografía No proxecto competencial de 1º de ESO afondouse na biografía de Leonardo da Vinci.
Collage: Bosque de bidueiros e máquinas de voar.
Na materia de plástica de 3º da ESO creáronse coa técnica do collage composiciónsa partir do debuxo "Bosco di betule" e as maquinarias para voar de Leonardo.
Lectura O club de lectura de ciencias escolleu dous libros sobre a obra a vida de Leonardo para compartir.
Feira do libro e Feira de ciencia.
O proxecto Leonardízate fíxose presente de forma transversal ao longo do curso e tivo especial prensencia nas dúas feiras que organizamos: a do libro, arredor do 23 de abril; e a de ciencia, no mes de xuño.
Este proxecto participa no X Concurso de Traballos por Proxectos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Licenza e dereitos de uso do material:
Os materiais elaborados pasarán a ser propiedade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, conservando a autoría dos seus creadores, co fin de servir como exemplo de boas prácticas, para o que deberán ser publicados cunha Licenza Creative Commons CC BY-NC-SA
Permítese o uso non comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales debe facerse cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
PROXECTO 2022.23

Os outros Guernicas.
Proxecto premiado no IX Concurso de Traballo por proxectos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades de Formación Profesional
Un proxecto de investigación interdisciplinar sobre as atrocidades das guerras contra a poboación civil a partir do Guernica de Picasso.
O alumnado de 4º da ESO de física e química amplía a súa indagación sobre as guerras traballando sobre o uso de armas químicas, os procesos que interveñen nel e as súas consecuencias. Os ámbitos traballados son os seguintes: Guerra nuclear, Tormentas igneas,Axentes asfixiantes, Explosivos de guerra, Axentes ampola e Axentes nerviosos.
Sobre cada investigación elaborouse un panel. Aquí tedes unha mostra do seu traballo tal como o presentaron os alumnos e alumnas.
LECTURA. HISTORIA EN TBO
Tralas primeiras actividades vinculadas co Guernica, o club de lectura Historia en TBO, con alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC, empezou a buscar unha lectura en formato de cómic ou novela gráfica vinculada coa historia do bombardeo de Guernica. Finalmente, decantámonos pola versión en cómic da obra de Paul Preston La muerte de Guernica, ilustrada por José Pablo García e editada por Debate.
Feita a lectura, queda pendente o encontro para comentala á volta do verán.
PINTAMOS O GUERNICA
Traballo da alumna Lidia González Fondevila de 1º de ESO.
Traballo do alumno Diego Lois Ojea de 3º de ESO.
ENGLISH ESSAY
Na materia de inglés, os grupos de 4º traballaron a expresión escrita para a elaboración dun opinion essay, tratando os contidos traballados por cada grupo na investigación para facer o panel. Cada alumno e alumna fixo un pequeño ensaio de reflexión sobre as guerras e as súas consecuencias.
FEIRA DA CIENCIA
Para participar na Feira de Ciencias dende a biblioteca, pensouse en facer unha mesa de mostra do traballo de reutilización e reciclaxe de papel que fixeramos como obradoiro no noso Espazo Facedor. Cando estabamos preparando o material, pensamos en enlazar tamén esta actividade co noso traballo co Guernica, facendo libretas conmemorativas do cadro, empregando a súa imaxe nas cubertas.
Este proxecto foi premiado no IX Concurso de Traballos por Proxectos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Licenza e dereitos de uso do material:
Os materiais elaborados pasarán a ser propiedade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, conservando a autoría dos seus creadores, co fin de servir como exemplo de boas prácticas, para o que deberán ser publicados cunha Licenza Creative Commons CC BY-NC-SA
Permítese o uso non comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales debe facerse cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario