Mostrando entradas con la etiqueta Álbum ilustrado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Álbum ilustrado. Mostrar todas las entradas

viernes, noviembre 09, 2018

Elvis


Nadie sabe lo que fue de Elvis.

Debió de quedarse mucho tiempo en aquella playa.
En medio de tanta calma y tanto silencio,oyó,entre el murmullo sordo de las olas y el soplo del viento en los hierbajos, una melodía de una belleza sobrecogedora.

Y allí,en ese momento,debió de escribir una canción:la más bella canción de amor jamás escrita.

Entonces Elvis volvió a su casa". 

Elvis, Tai-Marc Le Thanh/Rébecca Dautremer,Ed. Edelvives,2009.

lunes, junio 05, 2017

Historias que nos gustan

   Compartimos algunhas imaxes dos novos álbums ilustrados que se poden atopar na nosa biblioteca. Estes libros foron adquiridos tendo en conta as preferencias dos alumnos do noso centro.



"El día fijado,contraté a unos hombres con carros, me dirigí a mis oficinas y, como no tenía muchos muebles, todo se trasladó en pocas horas." (Páx.52)
.



"Tokio siguió construyendo su escalera roja poquito a poco hasta que, un día,llegó al espacio exterior." (Páx.60).


A imaxe procede da obra Emigrantes de Shaun Tan (Barbara Fiore Editora).

jueves, septiembre 22, 2016

Comeza o curso

  Un ano máis abrimos as portas da nosa biblioteca e invitamos a todos a achegarse a ela. Xa comezamos a planificar o novo curso dende o equipo e, nos vindeiros días, iremos expoñendo as nosas propostas ( reorganización das bibliotecas de aula, mochilas viaxeiras, listados de materiais...)
   Estade atentos!
   Engadimos aquí as imaxes dalgunhas das novidades que mercamos recentemente.





viernes, junio 03, 2016

O home das neves


  Fermosas verbas e ilustracións son as que se combinan neste álbum ilustrado editado por Edelvives  que dende aquí recomendamos. Unha viaxe interior na procura do home das neves (existe realmente ou é froito da imaxinación?). 
  Un impecable traballo de Taï-Marc Le Thanh e Rébecca Dautremer , como ven sendo habitual na súa traxectoria.

sábado, octubre 24, 2015

24 de outubro

  O 24 de outubro é unha data importante para os amantes dos libros xa que se celebra o Día da Biblioteca. Todos os anos tentamos facer algunha actividade para lembrar que seguimos apostando pola lectura así que baixo o título de "Os ilustradores galegos" organizamos unha pequena exposición cos traballos máis relevantes dos nosos profesionais neste eido. 

Os ilustradores galegos on PhotoPeach

jueves, abril 23, 2015

O mundo de Alicia

  Para nos sempre é unha data especial o 23 de abril, así que tentamos celebrala por todo o alto, como se soe dicir. Este ano e, coincidindo co 150 aniversario de Alicia no País das Marabillas,pareceunos axeitado centrarnos nesta obra, todo un clásico da Literatura. Por este motivo deseñamos unha serie de actividades en torno a Alicia e o seu mundo .
    Como ven sendo habitual no noso centro, tentamos implicar a alumnos e profesores nas nosas iniciativas e, dende a biblioteca, quero agradecer o traballo de todos, moi especialmente o dos alumnos de 1º de Bacharelato, que crearon moitos dos materiais expostos (murais, carteis, debuxos...).
      Imos prolongar as actividades durante varios días máis polo que iremos engadindo novas fotografías. De momento, deixamos aquí unha pequena mostra.






viernes, enero 31, 2014

O mundo da Ilustración





Durante toda a semana puidemos ver á entrada do noso centro unha Exposición sobre O mundo da Ilustración, coincidindo co 30 de xaneiro, data do nacemento de Castelao, que este ano foi impulsado dende a Consellería como o día da Ilustración. Foi unha das actividades que programamos dende a Biblioteca para o presente curso.

  Dende aquí queremos dar as grazas á todos os que fixeron posible este traballo (alumnado de 1º de ESO e 1º de Bacharelato, Equipo de Normalización, Departamento de Plástica, Inglés e Comercio).

martes, diciembre 21, 2010

Calamus e a guerra (II)

Hoxe tivemos a segunda reunión do noso club de lectura e unha das historias que comentamos foi a que se reflicte en A vida é bela, sobre todo polas coincidencias temáticas coa obra que lemos.

viernes, diciembre 17, 2010

El hombre que entraba por la ventana


"Para mí fue siempre.
No sucedía todas las noches, pero ahora ya no importa:
en mi memoria fue siempre.
Una voz de hombre me contaba cuentos en la oscuridad,
junto a mi cama.
En una oscuridad tan profunda
que al principio pensaba que aquella voz
estaba dentro de mí, dentro de mi cabeza:
que era parte de mí, que todos los niños
tenían una segunda voz
para contarles cuentos durante algunas noches".

  • Título: El hombre que entraba por la ventana.
  • Autor: Gonzalo Moure.
  • Ilustrador: Gabriel Pacheco.
  • Editorial SM.

martes, diciembre 14, 2010

Calamus e a guerra


A segunda proposta de Calamus ten como tema principal a guerra e a obra escollida é Fume de Antón Fortes, ilustrada por Joanna Concejo. Comentaremos entre todos este álbum ilustrado facendo referencia a outras obras de
diferentes épocas que tamén trataron esta temática.

miércoles, octubre 27, 2010

Un bico de amor e vida


Rocío Souto de 1º ESO A fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Recomendo este libro porque pareceume moi bo. A persoaxe que máis me gustou foi a serea e o que o rapaz fixo por ela creando un mundo á súa medida e escavar unha piscina no salón...

Leédeo, vaivos gustar!

  • Título: Un bico de amor e vida.
  • Autor: Xosé A. Neira Cruz.
  • Ilustracións: Enjamio.
  • Coa colaboración da Real Filarmonía de Galicia. Mares nocturnos de Manuel Balboa (1957-2004).
  • Editorial Galaxia.

martes, septiembre 28, 2010

Historias con corazón

Esta fin de semana celebrouse o Día Mundial do Corazón. A OMS lémbranos todos os anos a importancia de levar uns hábitos de vida saudables, practicar exercicio, vixiar a alimentación...
Co gallo desta data, fixemos unha pequena montaxe que leva por título Historias con corazón,con imaxes, libros e películas das que podemos disfrutar.

Historias con corazón on PhotoPeach

jueves, septiembre 09, 2010

A forza das minorías


Este é o lema do 32º Congreso Internacional do IBBY que se está a celebrar en Santiago. Dende onte e ata o domingo imos ter a posibilidade de achegarnos ao mundo da lectura, de coñecer as novas obras e autores de Literatura infantil e xuvenil actuais, de visitar exposicións, de participar en obradoiros, de asistir a charlas e concertos ... Unha cita que non debemos perder.

Pódese consultar o Programa no seguinte enlace

miércoles, junio 02, 2010

O cuarto prohibido

Ana Sofía Neto, lectora do mes de maio, fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Era unha vez un leñador pobre que tiña tres fillas, e que cada mañá ía cortar leña ao bosque para vendela a poder manter á familia. Un bo día, o leñador atopou un teixo grande e vello, sen pensalo, empezoulle a dar machadazos ata que un destes soou oco e el, asustado, deixou caer a machada...

Recomendo este libro porque gustoume sobre todo a parte onde a nena salva ás súas irmás e enfróntase ao xigante sen importarlle o seu tamaño.

Coa lectura desta obra ides pasar un bo rato. Animádevos a lelo!"

miércoles, febrero 17, 2010

Jan estivo alí


"Jan estivera alí.

Lembrábao coma se fose onte.

E o cadro diante del non facía máis que confirmarllo.

Lembraba a fermosa señora, vestida co manto máis rico que Jan fora quen de ver até aquel día.

Lembraba o señor que a collía da man, severo e silencioso. Aquel home metía medo con só miralo".

Así comeza Jan estivo alí de Xosé Antonio Neira Cruz. Unha obra baseada no cadro de Jan van Eyck (1390-1441), Retrato de Arnolfini e a súa dona, de 1434. Cunhas coidadas ilustracións de David Soler, o álbum tenta ofrecernos unha posible interpretación desta pintura, considerada unha obra mestra, sobre a que se leva escrito moito (a meticulosidade dos pequenos detalles , o espello a as imaxes reflectidas nel, a sinatura en latín, ...)

Agora podemos volver a esta pintura e disfrutar con esta obra, grazas ao traballo do autor e máis do ilustrador desta pequeña xoia que non debemos perder.