Mostrando entradas con la etiqueta Cine-filos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine-filos. Mostrar todas las entradas

sábado, diciembre 05, 2015

A Idade Media (II)

Estas son algunhas das películas das que falamos na clase para coñecer a Idade Media. Agora que temos uns días por diante tal vez sexa o momento de disfrutar delas con calma. Non nos van defraudar, iso é seguro.

lunes, agosto 24, 2015

O tren na literatura e no cine

Na miña opinión as viaxes en tren teñen un encanto especial do que carecen outros medios de transporte. Na literatura e no cine temos unha morea de obras no que a presenza do tren é fundamental. Aquí hai unha pequena selección de libros e películas sobre esta temática.

O tren na literatura e no cine on PhotoPeach

viernes, agosto 21, 2015

El cazador del desierto

" - Está clarísimo-dije, saliendo de pronto de mi cavilación.
  - ¿Qué?-respondieron a la vez Irene y Silvia, sin comprender.
  - Fue eso. Una caza.
  - ¿El qué fue una caza?-insistió Silvia, desorientada.
  - Todo, desde el principio-expliqué-.O al menos desde que te eligió a ti, Irene. Buscó entre todas, escogió la mejor presa y a partir de ahí no paró hasta tenerte en el punto de mira. Y cuando al fin te tuvo, hizo como Robert de Niro. Levanto el rifle, disparó al aire y se fue." (Pág.180)
  • Título : El cazador del desierto.
  • Autor: Lorenzo Silva.
  • Editorial: Anaya.
  • Colección: Espacio Abierto (nº 66).
  •  Lugar y fecha de publicación: 1998, Madrid.

viernes, agosto 14, 2015

A time for us

  Romeo e Xulieta  é unha das  traxedias máis coñecidas de William Shakespeare . Ambientada en Verona, cóntanos a historia de amor de dous adolescentes que deciden vivir o seu amor aínda que as súas familias, os Capuleto e os Montesco, sexan eternos rivais.
    No seguinte vídeo podemos escoitar o tema de "A time for us" de Barrat Waugh e disfrutar coas imaxes máis representativas da versión de Franco Zeffirelli (1968).

domingo, agosto 09, 2015

Maxia

  Cando saín do cine, despois de ver A illa mínima (A. Rodríguez), tiven a sensación de disfrutar dunha gran película na que todos os seus elementos (traballo dos actores, ambientación, fotografía...) conforman un todo memorable. Gustoume desde o primer fotograma.
    Aínda que semella que non sucede nada extraordinario no pobo no que se desenrola a acción da película,  o certo é que moitos dos seus habitantes parecen ter algún segredo agochado, non esquezamos que estamos nos anos oitenta e hai moito medo no ambiente, e iso tamén é aplicable aos policías  encargados de investigar a desaparición de dúas rapazas. Son antagónicos e misteriosos e un deles (interpretado por Javier Gutiérrez) nega as sospeitas que pesan sobre el. É precisamente unha imaxe deste último, contemplando en silencio a natureza na que se desenvolve a investigación, a que probablemente máis me chama a atención. E é que hai momentos no que parece que o tempo se detén e non hai nada máis. Pura maxia.
      

viernes, agosto 07, 2015

A filla de Ryan

É unha das miñas películas favoritas, A filla de Ryan (David Lean, 1970), e agora que hai máis tempo libre, tiven a oportunidade de volver a ela. Creo que tanto a fotografía, como a música son excelentes e contribúen a achegarnos a unha historia que remata de xeito durísimo.
  Básicamente cóntanos a historia de Rosy (Sarah Miles) unha rapaza que vive nunha localidade da costa irlandesa e que casa co mestre, Charles, interpretado por Robert Mitchum. Sen embargo, trátase de dúas persoas moi diferentes e esta relación non é a que ela esperaba. Entón aparece en escea un oficial inglés do que se namora e que responde ao que ela sinte.
  No vídeo aparece o momento en que Rosy, inmersa na tónica de monotonía habitual e, mentres Charles corrixe uns cadernos dos seus alumnos, decide saír ata o xardín e alí, disfrutando do aire libre e do aroma dos lirios, ve ao seu namorado e concerta unha cita con el.
  Engado tamén un segundo vídeo coa banda sonora da película, obra de Maurice Jarre.

domingo, noviembre 10, 2013

Orgullo e Prexuizo

"It is a truth universally acknowledged, that a single man in possession of a good fortune must be in want of a wife. Howewer little know the feelings or views of such a man may be on his first entering a neighbourhood, this truth is so well fixed in the minds of the surrounding families, that he is considered the rightful property of some one or other of their daughters".
                                                                          Pride and Prejudice



 Comeza así Orgullo e Prejuizo , de Jane Austen,  obra da que se celebra este ano o segundo centenario. Dende a biblioteca decidimos facer unha pequena exposición lembrando a súa importancia. Tamén poderanse ver durante os recreos algúns fragmentos da película.



jueves, noviembre 24, 2011

Cadea perpetua

Unha alumna que prefire non desvelar o seu nome fainos chegar a seguinte recomendación :

"É unha película moi emotiva que trata dun home que chega ao cárcere tras ser culpado de asasinato. Alí é maltratado e obrigado a facer cousas que non quere. Ao principio cústalle facer amigos e relacionarse pero, co tempo, acaba gañando a amizade e o repecto de case todos. Cando consegue saír do cárcere víngase de todos e fai realidade o seu soño.
Eu recoméndolla a todos os meus compañeiros e a todas aquelas persoas ás que lles gusten as películas que lles fagan pensar ".

miércoles, septiembre 14, 2011

Todo un mundo de posibilidades


Comeza un novo curso e a Biblioteca abre as súa portas. Dende esta parte importante do noso centro onde recomendamos lecturas, programamos actividades, soñamos e, en definitiva disfrutamos lendo , dámosmos a Benvida a todos e presentámosvos unha serie de materiais que están a vosa disposición.

. A novela policíaca :

. A Música:

. A Banda Deseñada :

. O mundo do cine ( películas de aventuras, clásicos, documentais...)

Todo un mundo de posibilidades que tedes a vosa disposición!

jueves, agosto 04, 2011

Unha viaxe fantástica


Ata o 28 de agosto temos a oportunidade de visitar ExpoSyFy en A Coruña, onde estanse a expoñer obxectos orixinais de películas como Star Wars, Batman, Dick Tracy ... Unha viaxe fantástica a través do tempo.

miércoles, julio 06, 2011

A mar de músicas

A partir do vindeiro venres día 8 temos unha cita importante coa multiculturalidade en Cartaxena onde vaise celebrar o Festival A mar de músicas . Este ano Italia será a gran protagonista, aínda que estarán tamén presentes voces de todos os continentes (Omara Portuondo, Cyndi Lauper, ...)


viernes, mayo 13, 2011

Coop

Tal día coma hoxe, hai 50 anos, deixábanos Gary Cooper, un dos grandes actores americanos que, en palabras de Ángel Zúñiga (1949), recollidas por Terenci Moix en Os meus inmortais do cinema "foi un milagre da fotoxenia. Nunca precisou interpretar no sentido literal da palabra. Déixase sorprender pola cobiza da cámara".
Da súa extensa filmografía gustariame destacar Juan Nadie (1941), Bola de fuego (1941), nas dúas películas formaba parella con Barbara Stanwych, La gran prueba (1956) e Só ante o perigo (1952), pola que obtería o seu segundo Oscar.

sábado, febrero 26, 2011

Chico y Rita

Ven de acadar o premio á mellor película de animación na última edición dos Premios Goya, este traballo conxunto entre Javier Mariscal e Fernando Trueba.


lunes, enero 10, 2011

El español de América

Comenzamos el segundo trimestre con El español de América. Para ir familiarizándonos con sus características lingüísticas, sobre todo del nivel fónico y léxico, utilizamos un vídeo de corta duración, proveniente de la TV pública argentina.


martes, diciembre 21, 2010

Calamus e a guerra (II)

Hoxe tivemos a segunda reunión do noso club de lectura e unha das historias que comentamos foi a que se reflicte en A vida é bela, sobre todo polas coincidencias temáticas coa obra que lemos.

sábado, noviembre 13, 2010

Adeus a un mestre

Ven de deixarnos Luis García Berlanga (Valencia, 1921), un dos nosos directores de cine máis prestixiosos . A súa filmografía é extensa, poderiamos citar títulos como Calabuch (1956), Plácido (1961) ou O verdugo (1963) , pero seguramente sexa Benvido, Mister Marshall (1953) a súa obra máis coñecida.

domingo, octubre 03, 2010

James Dean

Esta semana cumpríronse 55 anos do pasamento de James Dean (1931-1955). Protagonizou tres grandes películas : Rebelde sen causa (Nicholas Ray, 1955), Ao leste do Edén (Elia Kazan,1955) e Xigante (George Stevens,1956) e foi nominado postumamente ao Oscar por estas dúas últimas. Todo un mito do que non nos esquecemos.