Tamén traballamos os tópicos literarios (Departamento de clásicas e castelán), Analizamos polo miúdo o cadro do matrimonio Arnolfini ( Departamento de castelán) e completamos un cuestionario sobre a Exposición (Biblioteca).
Mostrando entradas con la etiqueta Interese Xeral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Interese Xeral. Mostrar todas las entradas
miércoles, mayo 15, 2019
Agasallo
Recibimos este bonito agasallo, unha flecha viaxeira, de Estíbaliz Espinosa, que nos visitou este curso. Agradecémoslle dende aquí este detalle e o poema que nos fixo chegar.
viernes, mayo 10, 2019
Renacemento e Barroco (II)
Seguimos engadindo fotografías dos traballos realizados con motivo do Día do Libro.
Departamento de Tecnoloxía
Departamento de Inglés
lunes, abril 22, 2019
Renacemento e Barroco
Durante os vindeiros días e para conmemorar o Día do Libro iremos deixando no noso blog as diferentes propostas dos Departamentos don noso centro. A temática elixida este ano son dous períodos especialmente fructíferos no mundo da arte, o Renacemento e o Barroco.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a alumnos e profesores a calidade e a cantidade das propostas levadas a cabo.
A continuación deixamos algunhas fotografías dos traballos realizados.
O matrimonio Arnolfini de J. van Eyck
(Traballo realizado polos Departamentos de Comercio e Clásicas e o alumnado de FPB).
Xornais da época renacentista e barroca
Traballo realizado polo Departamento de castelán e o alumnado de 3º de ESO.
A Literatura francesa renacentista e barroca.
Departamento de Francés.
jueves, febrero 14, 2019
Cadros e historias
Este mes estamos de celebración polo que dende a biblioteca queremos contribuir neste evento cunha actividade que vai dirixida a todos os alumnos do noso centro. Leva por título "Cadros e historias" e consiste en escribir un relato, un poema...a partir dun cadro do pintor Manuel Colmeiro, artista fundamental que lle dá nome ao noso instituto.
Nas portas das aulas hai copias dos seus cadros máis representativos e os corredores xa se están enchendo de historias.
Estas son algunhas das obras elixidas:


viernes, noviembre 16, 2018
Outono de poesía
Cal é o noso poema favorito? Por que o eliximos? Esa vai ser unha das actividades que propoñemos dende a biblioteca co título de Outono de poesía. Vai dirixida a toda a comunidade educativa e ten por obxectivo achegarse á lírica e compartir aqueles versos que máis nos gustan.
So tedes que seleccionar o voso poema,engadir algún elemento do outono (unha folla seca por exemplo) e pasar pola biblioteca.

lunes, noviembre 12, 2018
IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia
Esta fin de semana participamos nas IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia, onde tivemos a ocasión de intercambiar impresións cos nosos compañeiros sobre o traballo desenvolvido nas nosas bibliotecas. Sempre resulta unha boa oportunidade para traballar cuestións relativas á lectura dende distintos ámbitos.

No seguinte enlace pódese acceder ao contido das ponencias.
viernes, noviembre 09, 2018
Elvis
Nadie sabe lo que fue de Elvis.
Debió de quedarse mucho tiempo en aquella playa.
En medio de tanta calma y tanto silencio,oyó,entre el murmullo sordo de las olas y el soplo del viento en los hierbajos, una melodía de una belleza sobrecogedora.
Y allí,en ese momento,debió de escribir una canción:la más bella canción de amor jamás escrita.
Entonces Elvis volvió a su casa".
Elvis, Tai-Marc Le Thanh/Rébecca Dautremer,Ed. Edelvives,2009.
Elvis, Tai-Marc Le Thanh/Rébecca Dautremer,Ed. Edelvives,2009.
jueves, noviembre 08, 2018
Día de mortos (II)
Outra das actividades que levamos a cabo para a conmemoración deste día foi o visionado da película "Coco".
viernes, abril 27, 2018
Semana do Libro: A Idade Media (III)
Tamén tivemos a oportunidade de asistir a unha representación teatral sobre as Danzas da Morte, coordinado polo Departamento de Castelán, e posto en escea polos alumnos de 1º de Bacharelato.
Semana do Libro: A Idade Media (II)
Onte , continuando coa Semana medieval, tivemos a oportunidade de degustar algúns postres da Idade Media, por medio da colaboración dos nosos alumnos e as súas familias, a quen queremos agradecerlles a súa implicación na actividade.
Coa axuda do Departamento de Inglés, o alumnado de 3º da ESO fixo unha recopilación de receitas que posteriormente foi levada á práctica.
domingo, enero 21, 2018
Clubs de lectura
Dende a nosa biblioteca consideramos que un dos mellores xeitos de achegarnos aos libros é mediante os clubs de lectura. Constitúen foros de debate nos que os lectores poden intercambiar opinións sobre as súas historias preferidas.
Actualmente contamos con catro seccións:
- "A terrorífica aventura de ler".
- " O mundo da fantasía".
- " Taller de lectura dramática".
- " Ciclo Superior Xestión de Vendas e Espazos comerciais".
Deixamos aquí algunhas das opinións dos integrantes de " O mundo da fantasía" sobre a primeira lectura, O hobbit de J.R.R. Tolkien.
"O que máis de gustou do libro foi que me resultou moi fácil de ler, xa que a min encántame a fantasía e todas as historias relacionadas".
" O que máis me gustou deste libro foi que se demostra como se poden conseguir as cousas con esforzo, por iso Bilbo é a miña personaxe favorita".
martes, diciembre 12, 2017
Agasalla lecturas
Como podemos sorprender a amigos e familiares nestas datas tan sinaladas ? Por que non agasallar lecturas? Probablemente sexa un dos mellores presentes que alguén nos poida facer.
Na nosa biblioteca temos unha morea de propostas así que non tedes máis que achegarvos a ela, elixir o libro e indicar a quen llo queredes regalar. Irá envolto en papel de regalo e sorprenderá gratamente ao destinatario, iso é seguro.
martes, mayo 16, 2017
Un país de palabras
"Estou convencido de que foron esas primeiras vivencias as que determinaron dun xeito absolutamente inconsciente a miña maneira de narrar o día no que descubrin o pracer de observar o mundo e de contalo. Desde o primeiro momento, sen reflexión previa de ningún tipo, cunha inocencia que me gustaría ter conservado ata o día de hoxe, pero que xa non resulta posible manter, entendín que a substancia do relato non estaba nin na orixinalidade da historia nin no carácter insólito do final, senón nas pequenas miudezas descritivas e na súa xerarquización gradual e ordenada". (Páx.141,142)
Un país de palabras de Carlos Casares, Ed.Galaxia,Biblioteca Carlos Casares,nº 13,Vigo,2006.
domingo, abril 23, 2017
Día do Libro
"Los libros la transportaban a nuevos mundos y le mostraban personajes extraordinarios que vivían unas vidas excitantes. Navegó en tiempos pasados con Joseph Conrad. Fue a África con Ernest Hemingway y a la India con Rudyard Kipling. Viajó por todo el mundo sin moverse de su pequeña habitación de aquel pueblecito inglés". (Pág.23).
Matilda, Ed.Alfaguara,Madrid,1992.
sábado, abril 22, 2017
Mes do libro (IV)

"Junto a las puertas de la fábrica Wonka una gran multitud se había reunido para ver entrar a los cinco afortunados poseedores de los billetes dorados".
"El señor Wonka estaba totalmente solo, de pie al otro lado de los portones de la fábrica.
¡Y qué hombrecillo tan extraordinario era!"
"-¡Esta es una estancia muy importante!-exclamó el señor Wonka (...) ¡Este es el centro neurálgico de la fábrica entera, el corazón de todo el sistema! (...)
El señor Wonka abrió la puerta. Cinco niños y nueve adultos se apresuraron a entrar, y ¡qué espectáculo más asombroso se presentó ante sus ojos!"
"Lo que veían desde allí arriba era un magnífico valle. Había verdes colinas a ambos lados del valle, y en el fondo del mismo fluía un ancho río de color marrón.!
"Gráciles árboles y arbustos crecían a lo largo de la orilla del río, sauces llorones y alisos y altos rododendros llenos de capullos violetas y rosados. " *
* Los fragmentos provienen de Charlie y la fábrica de chocolate, Ed. Alfaguara, Madrid,1990.
jueves, abril 20, 2017
Mes do libro (III)
Unha das actividades que realizamos no noso centro como parte da celebración do Mes do Libro, foi a de recibir a visita de Lola Puerta, da librería Aenea de Santiago, que nos falou de libros e nos amosou as moitas posibilidades que estes sempre nos ofrecen. Estivemos atentos ás súas explicacións, tal e como se pode observar nas seguintes fotografías.
E todo baixo a atenta mirada de Willy Wonka e Matilda.
martes, abril 18, 2017
Mes do libro (II)
"Una autobiografía es un libro que escribe una persona sobre su propia vida y por lo general está lleno de tediosos pormenores de todas clases.
Esto no es una autobiografía. Yo nunca escribiría una historia de mí mismo. Por otra parte, durante mis días mozos en la escuela y nada más salir de ella me sucedieron unas cuantas cosas que jamás he olvidado.
Ninguna de estas cosas es importante, pero todas causaron en mí una impresión tan viva que ya nunca he sido capaz de quitármelas de la cabeza.Cada una de ellas, tras un lapso de cincuenta y a veces de sesenta años, ha permanecido bien grabada en mi memoria.
No he tenido que esforzarme mucho por recordarlas.Me ha bastado con espumarlas de la superficie de mi conciencia y escribirlas.
Algunas son divertidas.Otras son lastimosas. Las hay desagradables. Supongo que a ello se debe el haberlas evocado siempre tan a lo vivo. Todas son verdad".
R.D Boy (Relatos de infancia) ,Ed.Alfaguara, Madrid, 1987.
lunes, abril 17, 2017
Mes do libro
Coincidindo co Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, imos levar a cabo unha serie de actividades que xa se están a desenrolar no noso centro. Este ano ímos dedicarllo a Roald Dahl, todo un clásico.
Iremos dando conta delas a medida que teñamos listos os diferentes materiais.
A continuación deixamos unhas imaxes do Taller de marcapáxinas, da preparación dalgúns agasallos e das tarxetas douradas.
sábado, octubre 29, 2016
Mes do medo (II)
A continuación engadimos algunhas das imaxes das que dispoñemos en relación co Samaín. A actividade das cabazas foi organizada polo Departamento de Inglés, as caretas e o resto da decoración da biblioteca foi realizado polos alumnos baixo a dirección do Departamento de Plástica e o de Castelán e as informacións sobre Frankenstein e o medo foi elaborada pola biblioteca.
A vindeira semana os alumnos de 3º e 4º de ESO levarán a cabo varias lecturas de historias curtas sobre esta temática.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































