Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas

miércoles, mayo 15, 2019

Renacemento e Barroco (III)

  Tamén traballamos os tópicos literarios (Departamento de clásicas e castelán), Analizamos polo miúdo o cadro do matrimonio Arnolfini ( Departamento de castelán) e completamos un cuestionario sobre a Exposición (Biblioteca).






viernes, mayo 10, 2019

jueves, febrero 14, 2019

Cadros e historias

  Este mes estamos de celebración polo que dende a biblioteca queremos contribuir neste evento cunha actividade que vai dirixida a todos os alumnos do noso centro. Leva por título "Cadros e historias" e consiste en escribir un relato, un poema...a partir dun cadro do pintor Manuel Colmeiro, artista fundamental que lle dá nome ao noso instituto. 
  Nas portas das aulas hai copias dos seus cadros máis representativos e os corredores xa se están enchendo de historias.
   Estas son algunhas das obras elixidas:

Siega, 1935. | Galería Montenegro


Manuel Colmeiro 1901-1999. Foto 1

viernes, abril 27, 2018

Semana do Libro: A Idade Media (II)

   Onte , continuando coa Semana medieval, tivemos a oportunidade de degustar algúns postres da Idade Media, por medio da colaboración dos nosos alumnos e as súas familias, a quen queremos agradecerlles a súa implicación na actividade. 

   Coa axuda do Departamento de Inglés, o alumnado de 3º da ESO fixo unha recopilación de receitas que posteriormente foi levada á práctica.


martes, octubre 31, 2017

Samaín/Halloween na biblioteca

  A piques de celebrar o Samaín, Halloween ou como queiramos chamalo, decidimos crear unha pequena mostra de libros da biblioteca sobre esta temática, dende os clásicos ata os máis actuais. 




  Tamén decoramos o espazo para esta ocasión.



  Ao longo desta semana,na pantalla á entrada do noso centro, iremos engadindo os traballos dos alumnos e estaremos atentos as súas lecturas.

sábado, abril 22, 2017

Mes do libro (IV)


"Junto a las puertas de la fábrica Wonka una gran multitud se había reunido para ver entrar a los cinco afortunados poseedores de los billetes dorados".







"El señor Wonka estaba totalmente solo, de pie al otro lado de los portones de la fábrica.
¡Y qué hombrecillo tan extraordinario era!"


"-¡Esta es una estancia muy importante!-exclamó el señor Wonka (...) ¡Este es el centro neurálgico de la fábrica entera, el corazón de todo el sistema! (...)

El señor Wonka abrió la puerta. Cinco niños y nueve adultos se apresuraron a entrar, y ¡qué espectáculo más asombroso se presentó ante sus ojos!"


"Lo que veían desde allí arriba era un magnífico valle. Había verdes colinas a ambos lados del valle, y en el fondo del mismo fluía un ancho río de color marrón.!



"Gráciles árboles y arbustos crecían a lo largo de la orilla del río, sauces llorones y alisos y altos rododendros llenos de capullos violetas y rosados. " *



* Los fragmentos provienen de Charlie y la fábrica de chocolate, Ed. Alfaguara, Madrid,1990.

miércoles, marzo 09, 2016

Poesía

  Gústanos a lírica, así que, coincidindo co Día de Rosalía de Castro, celebrado no mes de febreiro, e co Día da Poesía, que se conmemora este mes, decidimos facer unha pequena recopilación de traballos, coa axuda do alumnado de 3º de ESO. Unha das actividades propostas consistiu en elixir un poema  do libro que lemos neste trimestre (Nueve liras de hiedra y un secreto, Ed. Casals) e ilustralo con aquela imaxe que máis nos gustara. 
   A continuación deixamos algunhas fotografías desta exposición.






domingo, octubre 26, 2014

A biblioteca e os números

Para celebrar o Día da Biblioteca pareceunos axeitado, tendo en conta os carteis que chegaron ao noso centro dende a Asesoría, facer unha pequena exposición co título de A biblioteca e os números, repasando todas as aportacións que se levaron a cabo ao longo do tempo ( as primeiras civilizacións, Grecia e Roma...) Tamén nos dous recreos do venres  emitíronse dous vídeos con esta temática.
  A continuación amosamos algunhas das fotografías que fixemos e un dos vídeos que empregamos.





miércoles, abril 23, 2014

Ler Ciencia na Biblioteca

Pareceunos unha boa idea celebrar este ano o Día do Libro xuntando as Ciencias e as Letras (non son incompatibles, como sabemos) así que, aproveitando que iamos ter tamén unha exposición sobre a Ciencia no noso centro puxémonos mans á obra, como se suele dicir. Este é o resultado.
 Pero o que foi todo un éxito entre alumnos e profesores foi a tarta, feita por unha amiga, que co lema Ler Ciencia decidimos compartir con todos (desapareceu literalmente da biblioteca nun tempo récord). Encantounos, esa é a verdade. Aquí deixamos algunhas imaxes do noso xeito de celebrar esta data.



















viernes, enero 31, 2014

O mundo da Ilustración





Durante toda a semana puidemos ver á entrada do noso centro unha Exposición sobre O mundo da Ilustración, coincidindo co 30 de xaneiro, data do nacemento de Castelao, que este ano foi impulsado dende a Consellería como o día da Ilustración. Foi unha das actividades que programamos dende a Biblioteca para o presente curso.

  Dende aquí queremos dar as grazas á todos os que fixeron posible este traballo (alumnado de 1º de ESO e 1º de Bacharelato, Equipo de Normalización, Departamento de Plástica, Inglés e Comercio).

jueves, noviembre 28, 2013

Orgullo e prexuizo (III)

Compartimos neste espazo algunhas das fotografías que fixemos da Exposición sobre Jane Austen. Agradecemos a axuda prestada na organización da actividade e nos deseños dos carteis.