Hora de Ler





    Hora de Ler é no nome do programa da administración pública galega para o fomento da lectura no contexto educativo.Abrague iniciativas diversas, pero nos centros escolares refírese específicamente  ao "tempo para a lectura" que se dedica semanalmente nas aulas, tempo contemplado na normativa curricular desde 2007.

No noso centro ten a forma de 20 minutos de lectura silenciosa cada día en todos os grupos da ESO coas seguintes regras:

            - A lectura será escollida polo alumno libremente, de calquera temática e xénero, coa excepción dos libros de lectura obrigatoria ou voluntaria vinculados a materias. É unha lectura libre que non pode asociarse á consecución de puntuación.

            - Os libros da lectura da hora de ler, como regra xeral, permanecerán na aula. Se algún alumno prefire levar o libro á casa cada día, deber responsabilizarse de traelo ao día seguinte.

            - Para cada grupo haberá un profesor coordinador da Hora de Ler, que se encargará de ir vendo a marcha da actividade, propoñer lecturas aos alumnos que o precisen e ter conta da continuidade das lecturas nunha folla de aula na que se vaia anotando a lectura que vai facendo cada un. Se  a actividade non funcionase globalmente nun grupo, podemos pensar noutra modalidade de “hora de ler” para ese grupo en particular (por exemplo, lectura compartida en alta voz).

            - Os libros poden ser da biblioteca ou traídos da casa.

            - O docente que acompañe a sesión, levará tamén unha lectura para ler ao tempo que o fai o alumnado.

            - O calendario atoparase na cortiza das aulas e será remitido ao profesorado por mail cada trimestre. A hora de ler faise cada semana nunha franxa do horario da mañá (a 1ª hora, a primeria semana; a 2ª hora, a segunda semana....), de xeito que supón moi poucas sesión en cada materia.

            - No caso de que a sesión de lectura coincida en dúas sesións da mesma materia na mesma semana, o profesor poderá escoller unha das dúas horas e deixar de facer a outra. A sesión tamén poderá ser suprimida no caso de que coincida coas datas de exames.

          - Nas materias en que os alumnos saen da aula de referencia do grupo, cada alumno é responsable de levar o seu libro.

             - Cando un alumno non teña libro na sesión correspondente non se lle debe deixar ir á biblioteca a buscalo, proporcionaráselle alguna tarefa da materia que facer.

            O préstamo de libros da biblioteca faise durante os recreos e mediodía dos xoves e o alumnado non debe baixar durante as horas de clase.





Ilustración de Fernando Vicente

Horario do terceiro trimestre do curso 2024-25:



No hay comentarios: