Recibimos este bonito agasallo, unha flecha viaxeira, de Estíbaliz Espinosa, que nos visitou este curso. Agradecémoslle dende aquí este detalle e o poema que nos fixo chegar.
Mostrando entradas con la etiqueta Visitounos.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Visitounos.... Mostrar todas las entradas
miércoles, mayo 15, 2019
jueves, abril 20, 2017
Mes do libro (III)
Unha das actividades que realizamos no noso centro como parte da celebración do Mes do Libro, foi a de recibir a visita de Lola Puerta, da librería Aenea de Santiago, que nos falou de libros e nos amosou as moitas posibilidades que estes sempre nos ofrecen. Estivemos atentos ás súas explicacións, tal e como se pode observar nas seguintes fotografías.
E todo baixo a atenta mirada de Willy Wonka e Matilda.
viernes, noviembre 28, 2014
Visita de Rosa Aneiros
" Leo fixo un pequeno varrido mental e decatouse de que, na súa viaxe, visitara xa varios cemiterios. Así, sen pensar máis, o de Eyup en Istambul e o xudeu de Praga. Non sabía que mal tiña visitar os sartergos, mesmo en ocasións axudaban a entender con maior claridade o mundo dos vivos". (Páx.174).
Esta semana recibimos no noso centro a visita de Rosa Aneiros para falarnos do terceiro volume da triloxía Ámote Leo A. (Terminal de...chegadas?) Samuel e Isidro, alumnos de 2º de Bacharelato, fixeron un pequeno traballo sobre a súa traxectoria e, a continuación, abriuse un interesante diálogo entre a autora e os seus lectores, no que se plantexaron moitas cuestións sobre a obra.
viernes, marzo 15, 2013
Falamos de libros
Onte recibimos no noso centro a visita de Lola Puerta, da Librería Aenea, de Santiago. Tivemos a sorte de poder intercambiar comentarios sobre libros e de atender ás súas recomendacións. Foi un auténtico luxo poder contar coa súa presenza e escoitar as súas explicacións.
Bautizamos esta actividade co nome de Falamos de Libros. Escollemos a entrada do instituto como o lugar máis axeitado para expoñer o material e tamén engadimos algunhas fotografías nos paneis. Nunha das mesas había unha urna para deixar as nosas suxerencias de lectura.
A continuación deixamos algunhas fotografías desta actividade.
lunes, mayo 28, 2012
De Balbino a hoxe
A semana pasada tivemos a sorte de contar en Silleda coa visita de Xosé Neira Vilas, todo un privilexio. Tomamos boa nota das súas palabras e foron moitas as preguntas sobre a súa obra que lle plantexamos no noso centro, sobre todo os alumnos de 2º de ESO que están a ler nestes momentos Memorias dun neno labrego.
Tamén asistimos á presentación do libro do noso compañeiro Xoan Carlos García Porral, De Balbino a hoxe. Cambios e transformacións na aldea galega.
viernes, noviembre 25, 2011
Contra a Violencia de Xénero (III)
Hoxe celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dende a Biblioteca levamos a cabo unha serie de actividades que presentamos de xeito resumido cunha pequena montaxe.
Queremos agradecer moi especialmente a presencia no noso centro de Ofelia Lema Villar, que na actualidade está a rematar Criminoloxía na USC, a súa excelente charla sobre o tema e ademais proporcionounos moito material a alumnos e profesores .
Tamén agradecemos o texto elaborado pola alumna de 4º de ESO A, Paula Gamallo, especialmente sensibilizada con este tema, e que reproducimos a continuación.
"Verdadeiramente todos estamos concienciados do feito de que, no noso país, coma no resto do mundo, sucedan a miúdo casos de violencia de xénero. Os medios de comunicación, como por exemplo o telediario, mostran día a día un novo exemplo de violencia machista na que a muller, polo xeral, é asasinada dunha maneira ou doutra.
En certo modo, a información atópase a disposición da sociedade, co paso do tempo avánzase e todos imos coñecendo máis sobre este tema, pero eu quero dar lugar a unha pregunta: TOMAMOS VERDADEIRAMENTE EN SERIO TODOS ESTES FEITOS DE DISCRIMINACIÓN CARA A MULLER OU SIMPLEMENTE SENTIMOS CERTA PENA POLAS VÍCTIMAS, EVADÍNDONOS COA IDEA DE QUE NON ACONTEZA O NOSO ARREDOR?
O primeiro que debemos ter claro é que a violencia de xénero non so engloba os golpes, insultos... Este concepto vai moito máis alá e, na sociedade na que vivimos, a pesar de todos os adiantos que existen, a discriminación cara a muller segue sendo un feito e existe en cada mínimo detalle das nosas vidas: nos medios de comunicación (anuncios, programación sexista...); na educación infantil, que é onde aparecen os primeiros indicios cara á desigualdade, debido á educación impartida polas familias na que o rol da muller é sempre diferente ao do home, os xoguetes son calificados para a nena ou o neno, a influencia dos amigos e de como se comportan os demais. Tamén na ocupación de postos de traballo está demostrado que o home exerce sempre cargos moito máis importantes e mellor remunerados que a muller, a pesar de seren máis as mulleres nas universidades.
Todos estes exemplos, aos que a maior parte da sociedade non dá suficiente importancia, dan lugar á resposta da pregunta plantexada anteriormente e é que todos deberiamos concienciarnos de que aínda nos queda moito por avanzar para acadar a igualdade plena entre homes e mulleres e que, na medida do posible, teriamos que contribuir á inserción absoluta da muller na sociedade e tentar abolir por completo todo indicio de discriminación cara a ela. A axuda está nas túas mans, ti decides".
viernes, octubre 30, 2009
Visita de Anxo Fariña
Onte pola tarde visitounos Anxo Fariña, o autor dos Megatoxos. Había certa expectación entre o alumnado de 1º de ESO e a verdade é que a todos nos soubo a pouco. A charla resultou moi amena e instructiva, porque ademais de explicarnos o proceso de creación de imaxes (máis laborioso do que poida parecer nun primeiro momento), tamén puidemos crear microrrelatos a partir das súas suxerencias.

Dounos bos consellos á hora de escribir, por exemplo, comezar polo máis simple, partindo de historias curtas e salientou a importancia das persoaxes.
Falounos tamén dos seus libros, sobre todo da última historia (Os Megatoxos e os templarios da luz).
Fíxonos un estupendo agasallo que lle agradecemos e esperamos ter outra oportunidade para poder compartir as súas historias.
Se queredes poñervos en contacto co autor, compartir os vosos comentarios sobre as lecturas con outras persoas... deixamos aquí o seguinte enlace http://megatoxos.blogspot.com/
miércoles, mayo 20, 2009
Conexión Tubinga
En colaboración co Departamento de Filosofía, a Biblioteca organizou a visita ao noso centro de Alberto Canal, o autor de Conexión Tubinga, libro que leron os alumnos de 1º de Bacharelato.
Sempre é interesante falar co autor da obra que estamos a ler, e tamén é unha boa oportunidade para facer comentarios sobre o libro, intercambiar opinións, preguntar as nosas dúbidas... Hoxe o debate estivo animado e moitos fixeron preguntas e opinaron sobre os temas que saíron á luz despois da lectura.
" Comecei a ler o Existe Deus? nunha fría noite de febreiro seguindo o ritmo cadencioso que marcaba a choiva nos cristais da fiestra e aproveitando o tempo no que po
diamos manter acendida a luz do cuarto, que nunca podía exceder das doce da noite. Entón cría que, aquela singradura que iniciaba polo pensamento do teólogo suízo me axudaría a atopar o camiño que me conduciría á resolución dun enigma ao que ninguén daba unha explicación convincente, pero o que non puiden imaxinar naquel momento era que aquel periplo intelectual ía abocar a miña vida por un camiño que cría non ter elixido e do cal, polo menos a priori, saín bastante malparado." ( Páx. 19)
diamos manter acendida a luz do cuarto, que nunca podía exceder das doce da noite. Entón cría que, aquela singradura que iniciaba polo pensamento do teólogo suízo me axudaría a atopar o camiño que me conduciría á resolución dun enigma ao que ninguén daba unha explicación convincente, pero o que non puiden imaxinar naquel momento era que aquel periplo intelectual ía abocar a miña vida por un camiño que cría non ter elixido e do cal, polo menos a priori, saín bastante malparado." ( Páx. 19)- Conexión Tubinga de Alberto Canal.
- Editorial Xerais, 223 páxinas.
martes, mayo 22, 2007
Visitounos...
Onte visitounos a escritora María Reimóndez, autora do libro Usha, que o alumnado de primeiro da ESO leu na segunda avaliación, pero autora tamén doutros libros moi interesantes, como O club da calceta ou Moda galega, poemario no que nos fala do ficticio que resulta vivir nun mundo de aparenzas e de marcas.
A charla con ela foi moi interesante, porque nos axudou a comprender mellor esa cultura tan diferente e tan afastada como é a da India, e mesmo nos amosou a poñer un sari, prenda típica daquelas mulleres e que se caracteriza por unha moi fermosa tea e cores. Ademais tamén nos contou como é ser cooperante dunha ONG en países tan necesitados e da sorte que temos por vivir tan relaxadamente no noso país.
O alumnado asistiu moi atento a todas as explicacións e fixeron moitas preguntas. Ata un preguntou se comían polbo alá!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











