martes, mayo 22, 2007

Visitounos...

Onte visitounos a escritora María Reimóndez, autora do libro Usha, que o alumnado de primeiro da ESO leu na segunda avaliación, pero autora tamén doutros libros moi interesantes, como O club da calceta ou Moda galega, poemario no que nos fala do ficticio que resulta vivir nun mundo de aparenzas e de marcas.

A charla con ela foi moi interesante, porque nos axudou a comprender mellor esa cultura tan diferente e tan afastada como é a da India, e mesmo nos amosou a poñer un sari, prenda típica daquelas mulleres e que se caracteriza por unha moi fermosa tea e cores. Ademais tamén nos contou como é ser cooperante dunha ONG en países tan necesitados e da sorte que temos por vivir tan relaxadamente no noso país.

O alumnado asistiu moi atento a todas as explicacións e fixeron moitas preguntas. Ata un preguntou se comían polbo alá!!!

No hay comentarios: