A partir do vindeiro venres día 8 temos unha cita importante coa multiculturalidade en Cartaxena onde vaise celebrar o Festival A mar de músicas . Este ano Italia será a gran protagonista, aínda que estarán tamén presentes voces de todos os continentes (Omara Portuondo, Cyndi Lauper, ...)
Mostrando entradas con la etiqueta Festivais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festivais. Mostrar todas las entradas
miércoles, julio 06, 2011
lunes, septiembre 20, 2010
Bicicleta,cuchara,manzana
Probablemente foi o momento máis emotivo que se viviu no Festival de Cine de San Sebastián. Referímonos á presentación da película documental Bicicleta,cuchara,manzana sobre o Alzheimer, e a loita de Pasqual Maragall por vencer a enfermidade.
É moi de agradecer esta cinta de Carles Bosch, a quen dende aquí felicitamos polo seu traballo e a súa sensibilidade, por achegarnos a unha realidade que mañá pode ser a nosa.
miércoles, octubre 14, 2009
Festival de Cine de Ourense

O vindeiro sábado 17 de outubro remata o 14 Festival de Cine Internacional de Ourense, que comezou o día 10. A película inaugural foi "Celda 211", de Daniel Monzón.
A selección Oficial presenta 200 produccións,das que 106 pertencen á Competición Oficial e as 94 restantes á Selección Temática paralela.
Coincidindo co 50 aniversario da publicación de A esmorga, o Festival rinde homenaxe ao seu autor, Eduardo Blanco Amor.
domingo, septiembre 27, 2009
Yo También
Ven de rematar a 57ª edición do Festival de Cine de San Sebastián. Dende aquí queremos enviar os nosos parabéns a Pablo Pineda e a Lola Dueñas pola Concha de Plata acadada polo seu traballo na película Yo también.
lunes, junio 30, 2008
Festivais de Teatro

Hai agora dez anos tiven a oportunidade de asistir a unha representación teatral inesquecible : Medea , de Eurípides , e o marco foi o Teatro de Mérida. Non se trataba dunha compañía de teatro profesional pero a protagonista fixo un traballo espléndido que conseguiu que aplaudiramos ata fartarnos, alumnos e profesores.
Ata o día 30 de agosto e coincidindo co 75 Aniversario do Festival de Mérida, imos ter a oportunidade de achegarnos ó Teatro clásico, que ten a virtude de sorprendernos sempre. Podemos atopar máis información en http://www.festivaldemerida.es/
Sen saír da nosa comunidade autónoma, temos tamén dúas grandes citas en Ribadavia e en Cangas. Mela Casal e María Bouzas farán de pregoeiras. Podemos destacar en Cangas as Xornadas sobre Mulleres nas Artes Escénicas ( quinta edición) ou Rotas, de Pífano Teatro. En Ribadavia ,Teatro en el aire presenta La piel del agua,unha representación á que só poderán asistir mulleres. Podemos consultar o Programa en www.ribadavia.net/gal/festas/mostra_teatro e en www.delmorrazo.com/tribuna/mostra_de_teatro.htlm
. Fontes consultadas:
- La Voz de Galicia ( lunes, 23 de junio del 2008).
- El País, Babelia ( número 866) ( sábado,28 de junio del 2008).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)