30/6/08

Festivais de Teatro


Hai agora dez anos tiven a oportunidade de asistir a unha representación teatral inesquecible : Medea , de Eurípides , e o marco foi o Teatro de Mérida. Non se trataba dunha compañía de teatro profesional pero a protagonista fixo un traballo espléndido que conseguiu que aplaudiramos ata fartarnos, alumnos e profesores.

Ata o día 30 de agosto e coincidindo co 75 Aniversario do Festival de Mérida, imos ter a oportunidade de achegarnos ó Teatro clásico, que ten a virtude de sorprendernos sempre. Podemos atopar máis información en http://www.festivaldemerida.es/


Sen saír da nosa comunidade autónoma, temos tamén dúas grandes citas en Ribadavia e en Cangas. Mela Casal e María Bouzas farán de pregoeiras. Podemos destacar en Cangas as Xornadas sobre Mulleres nas Artes Escénicas ( quinta edición) ou Rotas, de Pífano Teatro. En Ribadavia ,Teatro en el aire presenta La piel del agua,unha representación á que só poderán asistir mulleres. Podemos consultar o Programa en www.ribadavia.net/gal/festas/mostra_teatro e en www.delmorrazo.com/tribuna/mostra_de_teatro.htlm


. Fontes consultadas:

- La Voz de Galicia ( lunes, 23 de junio del 2008).
- El País, Babelia ( número 866) ( sábado,28 de junio del 2008).

No hay comentarios:

LinkWithin