Ana Sofía Neto, lectora do mes de maio, fainos a seguinte recomendación de lectura:
"Era unha vez un leñador pobre que tiña tres fillas, e que cada mañá ía cortar leña ao bosque para vendela a poder manter á familia. Un bo día, o leñador atopou un teixo grande e vello, sen pensalo, empezoulle a dar machadazos ata que un destes soou oco e el, asustado, deixou caer a machada...
Recomendo este libro porque gustoume sobre todo a parte onde a nena salva ás súas irmás e enfróntase ao xigante sen importarlle o seu tamaño.
Coa lectura desta obra ides pasar un bo rato. Animádevos a lelo!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario