miércoles, febrero 29, 2012

2012: Ano de Dickens


Este mes, e máis concretamente o día 7, cumpríronse 200 anos do nacemento de Charles Dickens (1812-1870). Ao longo de todo o ano serán moitos os actos que nos lembrarán a súa vida e obra. Na biblioteca acabamos de recibir un dos seus traballos máis coñecidos, Canto de Nadal, da editorial Kalandraka, cunhas coidadas ilustracións de Roberto Innocenti.


Transcribimos a continuación un fragmento da obra: "Chegou un violinista co seu libro de partituras, empoleirouse no escritorio elevado, fixo del unha orquestra e tocou coma cincuenta estómagos revoltos. Chegou a señora Fezziwig, co seu enorme sorriso. Chegaron as tres señoritas Fezzigiz, radiantes e encantadoras. Chegaron os seis mozos pretendentes , cos seus corazóns partidos. Chegaron todos os mozos e mozas empregados do negocio." (Páx.57).

No hay comentarios: