20/10/09

Hipatia (II)

Hipatia era pagá e a súa situación correu perigo nunha cidade cada vez máis cristiá, véndose perseguida como outros neoplatónicos. No 412, Cirilo (despois San Cirilo) converteuse en patriarca de Alexandría. Con todo, o prefecto romano de Alexandría era Orestes e ambos se converteron en acérrimos rivais políticos na loita polo control entre igrexa e estado. Hipatia era amiga e mestra de Orestes e isto, xunto cos prexuízos contra as súas posicións filosóficas que eran consideradas pagás polos cristiáns, fixeron que Hipatia convertésese no punto central das loitas entre cristiáns e non-cristiáns.

Dise que Cirilo o bispo de Alexandría era inimigo seu e foi o principal responsable da súa morte, pero non existe documentación que o acredite de xeito directo. Creou un ambiente de odio e fanatismo contra ela e en marzo do ano 415, Hipatia foi asasinada por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén. Conta como un grupo de cristiáns atolondrados, impetuosos e violentos, seguidores dun tal Pedro foron na súa busca, golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade ata o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas ata a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron. Deste xeito estaban a dar morte a algo que consideraban como idolatría e herexía.

Se queredes saber máis sobre Hipatia e sobre o ambiente da Alexandría do século IV d. C. podedes ler a súa vida neste libro da historiadora Clelia Martínez Maza e así ver a película de Amenabar dende un punto de vista máis obxectivo.

No hay comentarios:

LinkWithin