miércoles, diciembre 18, 2019

VÍDEO ACTO MEMORIAS DUN NENO LABREGO


O noso compañeiro Javier déixanos este vídeo resumo da xornada dedicada ao libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. Ben feito!!


domingo, diciembre 15, 2019

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


Este ano 2019 o día da ciencia en galego está adicado ás linguas indíxenas e á táboa periódica. Por este motivo, durante o mes de novembro, o alumnado do IES realizou diversos pósters incluíndo información sobre cinco mulleres científicas que descubriron ou colaboraron no descubrimento de elementos químicos. Para a realización da actividade participaron o Club de Letras, o Equipo de Biblioteca e o Departamento de Física e Química. A continuación deixamos algunhas imaxes:


ANUNCIO


É un pracer anunciar que o centro foi admitido provisionalmente para a participación no programa de innovación educativa "Club de Letras".  Ben feito!! Deixamos o enlace coa información:

miércoles, diciembre 04, 2019

ACTO EN MEMORIA DE XOSÉ NEIRA VILAS

O 3 de novembro de 1928 naceu o escritor galego Xosé Neira Vilas. O pai de "Memorias dun neno labrego" tamén dá nome á nosa biblioteca por esta razón, e como cumprimento aos compromisos adquiridos coa Fundación Xosé Neira Vilas, conmemoramos o seu nacemento coa lectura dun parágrafo da súa obra máis traducida en 20 linguas diferentes. Deixamos a continuación algunhas instantáneas do acto.








SAMAÍN

O alumnado e profesorado do centro participou activamente na decoración da biblioteca e na lectura de relatos. Deixamos un vídeo e fotos do acontecemento.












martes, diciembre 03, 2019

ANUNCIO


Para o curso 2019/2020 temos novo equipo de biblioteca que estará formado por:

Rodríguez González, Norma (Coordinadora)
González Aguiar, Belén (Coordinadora)
Cambeiro Cambeiro, Fermín
Fernández Vázquez, Marcial
González Cuñarro, Mª Begoña
Lamela Couto, Celia
Ledo López, Mª Xosé