29/10/20

 


 A próxima semana, do 2 ao 6 de novembro, comezan as lecturas do concurso de lecturas dramatizadas de relatos de terror.

 Estade atentos ao calendario de intervencións que se publicitará na biblioteca!

     Aquí tedes as bases do concurso:


II CONCURSO DE LECTURA DRAMATIZADA DE RELATOS DE TERROR OU MISTERIO.

 

1) A actividade consistirá na lectura dramatizada dun relato de terror ou misterio.

2) Poderán presentarse relatos en todas as linguas estudadas no centro.

3) A duración da lectura non debe sobrepasar os 5 minutos.

Consideramos dúas modalidades:

a)      Creación dun relato orixinal  (entregarase copia escrita)

b)      Lectura dun relato de terror non orixinal (completo ou adaptado)

Valorarase:

- a orixinalidade da proposta

 - a calidade do relato no caso das propostas orixinais.

                        - a calidade da interpretación.

                        - a posta en escena (atrezzo, música, efectos sonoros, visuais…)

4) A lectura farase na biblioteca do centro durante os recreos de 20 e 30 minutos.

O aforo será limitado, segundo o protocolo actual, e os asistentes entrarán por orde de chegada ata cubrir o aforo.

5) Farase grabación en vídeo das lecturas para a súa exhibición nos medios do centro para a valoración do xurado.

6) XURADO: estará formado por tres profesores e dous alumnos designados polo equipo da biblioteca.

7) PREMIO: haberá un premio por nivel  (1º e 2º de ESO/  3º, 4º de ESO/ 1º e 2º de BAC) que consistirá nun reader-book.

8) INSCRICIÓN: ata o venres 23 de outubro, na biblioteca do centro ou  no mail biblioteca@iespintorcolmeiro.org

DATAS DAS LECTURAS: Recreos da semana do 2 ao 6 (dependerá do número de lecturas que se fagan. Se fosen moitas axustaríase ao calendario empezando a semana anterior).

Organiza: O equipo da Biblioteca e de Dinamización Lingüística.


TRABALLOS GAÑADORES DO CONCURSO "LANDRAS NO VELLO CARBALLO".


     Aquí temos os traballos premiados ex aequo no concurso que fixemos polas letras. Noraboa Noelia García Liñares e Nuria Pérez Rodríguez!!!








18/5/20

CONCURSO

Landras no velho carvalho 

 

Inés Vilpi (2005), Xaime e as landras, Kalandraka.

 Propoñémosvos facer unha lectura creativa dun texto de Ricardo Carvalho Calero:

1. A creación será de formato libre (vídeo-poema, poema ilustrado, fotografía, recitado con acompañamento musical, versión musical...)

 

2. Deberá conter un texto ou fragmento da obra de Ricardo Carvalho Calero.

 

3. Premiaranse os tres mellores traballos segundo a súa orixinalidade e a súa capacidade de interpretación da obra do autor.

 

4. Data de entrega: ata o 17 de xuño

 

5. Segundo a participación, haberá premios en tres categorías: 1º-2º e da e FPB, 3ª 4º da ESO e Bacharelato.
A distribución dos premios poderá modificarse condicionada polo número de participantes en cada categoría.

 

6. Os premios resolveranse antes do  30 de xuño. 

 

7. Os traballos enviaranse ao mail da biblioteca:

 bibliocolmeiro@gmail.com

 

Velaquí tendes algúns exemplos de recreacións a partir de textos de Ricardo Carvalho Calero e doutros autores que vos poden servir de inspiración:

Versión musical de A Minha Embala de "María Silêncio":

 

 

 

Ás veces a idea pode partir dun único verso ou frase, como esta ilustración de Leandro Lamas:  

 

 https://auladelingua.wordpress.com/2017/05/17/leandro-lamas-e-castelao/

   Unha ilustración que acompaña ao poema (de Nuria Díaz sobre o poema de Manuel María "A emigración"):



Veiga, Manuel e Diaz, Nuria (il.), Manuel María. Vida, versos e rebeldía, Ed Xerais, Vigo, 2016.

Ou un  recitado con ou sen acompañamento musical:


Poema de Ricardo Carvalho Calero "Se Ávalon é a illa das maçás" Grupo Ouriol Música: Bernardo Martínez e Fito Ares Recitación: Eva Veiga  Imaxe: AfonsoCosta
 



15/5/20



Este domingo celebramos o día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Deixámosvos algúns enlaces para coñecemento e recoñecemento da súa figura.

 

DA PÁXINA DA RAG

 

 

  Primavera das letras.

(Actividades online para diversas idades)

 



Entrevistas dixitais sobre o autor. 

Materiais audiovisuais

  25/03/20
Ricardo Carballo Calero no programa 'A trabe de ouro' da TVG (1987)

29/01/20
Inauguración da exposición 'Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo'

 

 DO PORTAL DAS PALABRAS:

 


 

 

 


A narrativa de Carvalho Calero en sete palabras.


 


A poesía de Carvalho Calero en sete palabras








 

Recursos educativos da Associaçom Galega da Língua







Unidade didáctica

Musicando Carvalho Calero 2010







 

 

Recursos educativos do Seminario Galán

                                          

 

Recursos da Biblioteca Virtual Galega



Fontes das imaxes: http://primaveradasletras.gal/, La Voz de Galicia (https://cutt.ly/HyWINGr),Portal das Palabras; http://guiadelaradio.com/programacion-especial-en-radio-galega-por-el-mes-de-las-letras-gallegas)




27/2/20

OBRADOIRO: Deseña a túa chapa

Do 28 de Febreiro ata o 6 de Marzo haberá, na biblioteca, un obradoiro durante os recreos de deseño de chapas sobre Rosalía de Castro. Esta actividade estará aberta a todo o alumnado do centro.

12/2/20

CINECLUB

Continuamos co cineclub. Este mércores 19 de Febreiro West Side Story. Máis información na biblioteca.

21/1/20

CINECLUB


Este trimestre no cineclub vaise a facer un ciclo de cine musical. A primeira sesión será o próximo mércores 29 de xaneiro, a partir das 14.30 na sala de usos múltiples e a seguinte será o 19 de febreiro.




LinkWithin