11/12/13

La novela policíaca

Ahora que acabamos de leer la Antología  del relato policial en 1º de Bachillerato recordamos algunas de las recomendaciones que nos hace Raymond Chandler en su decálogo ("Apuntes sobre la novela policíaca" (1949), en Peces de colores, Bruguera, Barcelona, 1981).



.1. La situación inicial y el desenlace deben tener unas motivaciones verosímiles.
.2. No deben cometerse errores técnicos respecto a los métodos del crimen y de la investigación.
.3. Los personajes, el ambiente y la atmósfera deben ser realistas.
.4. Además del elemento del misterio, la intriga debe tener un cierto peso en tanto que argumento.
.5. La sencillez fundamental de la estructura debe ser suficiente como para admitir una fácil explicación cuando el momento lo exija.

4/12/13

Tres cuentos de Poe en B/N.

Sempre resulta interesante achegarse á obra de Edgar Allan Poe (1809-1849). As súas historias seguen  atrapándonos. Un bo xeito de volver a el é a través da Novela gráfica como a que nos presenta a editorial Edelvives, con ilustracións en blanco e negro de Xavier Besse, e que inclúe tres dos seus contos máis coñecidos  :  O  barril  de amontillado, Manuscrito atopado nunha botella e O gato negro. 




28/11/13

Orgullo e prexuizo (III)

Compartimos neste espazo algunhas das fotografías que fixemos da Exposición sobre Jane Austen. Agradecemos a axuda prestada na organización da actividade e nos deseños dos carteis.












11/11/13

Orgullo e Prexuizo (II)

Un bo xeito de facer un breve percorrido pola vida e a obra de Jane Austen é a través deste programa de Página 2 , emitido o 30 de xuño deste ano. Nel podemos achegarnos aos escenarios nos que transcorren as súas novelas, ás diferentes versións cinematográficas das súas obras máis importantes,... 

10/11/13

Orgullo e Prexuizo

"It is a truth universally acknowledged, that a single man in possession of a good fortune must be in want of a wife. Howewer little know the feelings or views of such a man may be on his first entering a neighbourhood, this truth is so well fixed in the minds of the surrounding families, that he is considered the rightful property of some one or other of their daughters".
                                                                          Pride and Prejudice



 Comeza así Orgullo e Prejuizo , de Jane Austen,  obra da que se celebra este ano o segundo centenario. Dende a biblioteca decidimos facer unha pequena exposición lembrando a súa importancia. Tamén poderanse ver durante os recreos algúns fragmentos da película.



19/10/13

Los mundos sutiles

Estamos estudiando la obra de Antonio Machado y hemos utilizado el documental de E. Chapero-Jackson titulado Los mundos sutiles, como una forma de acercarnos a la figura del poeta.
Creo que la idea de  relacionar el mundo de la danza con el de la poesía ha sido un gran acierto.


4/10/13

Las obras escogidas de T.S.Spivet

" El teléfono sonó bien avanzada una tarde de agosto, cuando mi hermana mayor, Gracie, y yo, descansábamos en el porche de la parte trasera, pelando mazorcas de maíz sobre las enormes tinajas de latón. Las tinajas guardaban aún las marcas de los pequeños dientecillos de Verywell, el perro del rancho, que la primavera anterior había cogido una depresión y acabó mordiendo metales".    (Páx.13)

  Así comeza Las obras escogidas de T.S.Spivet de Reif Larsen, unha obra que conta a historia dun rapaz de 12 anos que vive en Divide (Montana) e que ten un don especial para debuxar todo aquelo que lle chama a atención. De feito o libro está cheo dos seus traballos, auténticos tratados que prestan unha gran atención aos detalles (mapas,membros da súa familia...) Un día recibe a chamada de G.H. Jibsen, do Instituto Smithsoniano, e iso marcará a súa existencia.
  




21/9/13

Elogio de la lectura


"Para ciertos lectores, el placer de la lectura es uno de intimidad.Ese espacio amoroso que un lector crea con su libro no admite otra presencia.El niño que lee bajo la manta a la luz de una linterna cuando se le ha ordenado dormir, el adolescente acurrucado en el sillón para quien el único tiempo que transcurre es el del cuento que está leyendo,el adulto aislado de sus congéneres en un atiborrado vagón de tren o en un bullicioso café, encuentra su placer en un mundo creado solo para él".
Alberto Manguel, Babelia.


29/6/13

Beyond the sea

La verdad de la señorita Harriet

"En ausencia de la muchacha he estado trabajando con intensidad en mis memorias. Es fascinante lo que uno se puede sumergir en un mundo que consiste solo en tinta y papel; a menudo tengo la sensación de haber retrocedido en el tiempo. Allí estamos Annie Gillespie y yo, caminando por el West End de Glasglow. O aquí está Ned, justo a mi lado. Si cierro los ojos puedo olerlo: el dilce aroma de su pipa, la fragancia a pino del aguarrás. A veces, si levanto la vista de la hoja, me sorprende descubrir que no está ahí sentado en la esquina, observándome con una sonrisa afectuosa en los labios." (Páx.361).


A acción comeza no ano 1888 en Glasgow a onde se traslada Harriet Baxter, a protagonista da historia, tras o falecemento dun familiar. Casualmente coñece á familia Gillespie e entabla con eles unha relación de amizade. Harriet é unha muller independente que leva unha vida tranquila pero ve alterada a súa existencia por un acontecemento que deixara nela unha pegada imborrable.
 No momento de escribir a historia, Harriet é xa unha muller de idade avanzada que reside en Londres e decide escribir as súas memorias para contar a súa versión dos feitos.
  O relato vai gañando en intensidade a medida que avanza a lectura aínda que non chega a sorprendernos. E un ten a sensación de que quedan algúns interrogantes sen resposta.

22/6/13

Libros de amor





"Te alejas por mis vagas avenidas de ensueño,
volviendo la cabeza, como una rama loca
y tus hojas inmensas, grandes como tu alma
se clavan duramente en mi alma de sombra…

rosas tristes que caen de tus manos de nieve
vienen hasta mí en un viento de congoja
y la esencia que esparcen, huele al recuerdo triste
de los rosales, deshojados de tu boca…

me miras desde lejos, desde lejos te miro,
y no sé qué me impide llegar hasta tu gloria,
y no me atrevo a ir en busca de tu llanto
para que se pierda tu indecisa memoria…"

  Juan Ramón Jiménez, Libros de amor.


4/6/13

La montaña

                                                                 

"En un país donde las velas ardían de abajo hacia arriba y la lluvia caía desde el suelo, se alzaba una montaña de origen impreciso, cuyo nombre evocaba toda clase de desgracias".


 Einar Turkowski fainos unha proposta moi interesante a través desta obra que pode ser abordada dende moitas perspectivas. Ilustrado por el mesmo, é unha lectura que, de seguro, faranos pensar en moitos temas ( a soidade, o afán de superación,...)

6/5/13

Letras Galegas 2013


"Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."

Roberto Vidal Bolaño.


4/5/13

Paul Auster (IV)

Como resumo de todas as actividades que fixemos no centro con motivo do Día do Libro, deixamos no blog un pequeno traballo onde aparecen recopiladas todas elas.
A idea foi proposta polo Departamento de Inglés  e dende a Biblioteca colaboramos coa iniciativa. Queremos agradecer o traballo de todos os que participaron, alumnos (ESO, Bacharelato e Ciclo de Comercio) e profesores ( Departamento de Plástica, Comercio,  Clásicas,Castelán...) e a fixeron posible.

Día do Libro 2013 on PhotoPeach

26/4/13

Paul Auster (III)

Para celebrar o Día Mundial do Libro, esta semana organizamos no noso centro unha serie de actividades presididas polo tema común da lectura. Este ano eliximos a figura do escritor norteamericano Paul Auster así que, ademais de reler as súas obras, recopilamos información sobre a súa figura a través de fotografías, entrevistas, citas,...
  Nos recreos leváronse a cabo na Biblioteca lecturas dunha das súas obras, Smoke, e proxectáronse imaxes da película. Mañá continuaremos coas actividades e despois faremos un resumo de todos os traballos.
  A continuación podese ver unha pequena mostra da exposición que fixemos.



Pódese consultar tamén a Aula Virtual.

16/4/13

Paul Auster (II)

" A literatura é unha forza no mundo e non me imaxino a vida sen literatura. A vida sen arte é inimaxinable, pero como todos saben, cada vez hai menos lectores. Cada vez a literatura ten que competir con outras formas de lecer. Isto nunca me  preocupou, porque os libros teñen algo que non ten a música ou outras formas de arte:os libros  lense individualmente. Aínda que haxa un lector ou haxa un millón, sempre hai un lector e un libro. É unha relación un a un, autor e lector colaborando xuntos. E en certo sentido, é o único lugar do mundo onde dous estraños poden coñecerse e reunirse en termos de igualdade. A xente fala da  morte da literatura, pero eu creo que non se vai producir."
                                                                               Paul Auster


9/4/13

Un lenguaje nuevo

- [...] Mire, estoy en el proceso de inventar un lenguaje nuevo. Con semejante trabajo que acometer no puedo perder el tiempo con la estupidez ajena. En cualquier caso, todo forma parte de la enfermedad que estoy intentando curar.
-¿Un nuevo lenguaje?
- Sí. Un lenguaje que diga por fin lo que tenemos que decir. Porque nuestras palabras no se corresponden con el mundo. Cuando las cosas estaban unidas estábamos seguros de que nuestras palabras las expresaban. Pero, poco a poco, esas cosas se han ido rompiendo, despedazando, convirtiéndose en un caos. Y nuestras palabras han seguido siendo las mismas. No se han adaptado a la nueva realidad. Ahora, cada vez que intentamos hablar de lo que vemos, hablamos falsamente, distorsionando la cosa que estamos intentando representar.
Paul Auster, La ciudad de cristal.


15/3/13

Falamos de libros

  Onte recibimos no noso centro a visita de Lola Puerta, da Librería Aenea, de Santiago. Tivemos a sorte de poder intercambiar comentarios sobre libros e de atender ás súas recomendacións. Foi un auténtico luxo poder contar coa súa presenza e escoitar as súas explicacións.
  Bautizamos esta actividade co nome de Falamos de Libros. Escollemos a entrada do instituto como o lugar máis axeitado para expoñer o material e tamén engadimos algunhas fotografías nos paneis. Nunha das mesas había unha urna para deixar as nosas suxerencias de lectura.
   A continuación deixamos algunhas fotografías desta actividade.
   
Falamos de libros on PhotoPeach

10/3/13

El guardián invisible

"Caminó unos metros por la pista, pero la suela plana de sus zapatos se pegaba a la fina capa de barro dificultando sus pasos. Frotó las suelas contra la hierba y, sintiéndose cada vez peor, penetró en el bosque como atraída por una llamada mística. La lluvia de las primeras horas del día no había penetrado en la densa arboleda, y bajo las copas de los árboles el suelo se veía seco y limpio, como si estuviese recién barrido por las lamias del monte, aquellas hadas del bosque y del río que cuidaban de sus cabellos con peines de oro y plata, que dormían durante el día enterradas bajo tierra y sólo salían al atardecer, para intentar seducir a los viajeros. Premiaban a los hombres que yacían con ellas o castigaban a los que intentaban robar sus peines provocándoles horribles deformaciones". (Páx. 328).



 En Elizondo, o lugar de onde é orixinaria Amaia Salazar, aparece o cadáver dunha adolescente en estrañas circunstancias. Pouco tempo despois as mortes continúan na zona . A investigadora do caso, que sempre evitou voltar ás súas orixes, debe enfrontarse a unha situación complexa na que se mesturan circunstancias familiares e as súas propias pantasmas. 
  Un dos atractivos da novela é a relación que garda coa natureza e os seres míticos que a habitan (o Basajaun ou o Señor do Bosque, a deusa Mari... ). Gustáronme as descricións da zona do Baztán así como algunhas das persoaxes que forman parte da vida de Amaia (a tía Engrasi, por exemplo, que se fixo cargo dela cando era unha nena).
  Estaremos atentos á publicación dos outros dous volumes da triloxía.

26/2/13

El vendedor de humo

Este traballo, dirixido por Jaime Maestro e realizado polos alumnos da escola valenciana Primer Frame, foi premiado na categoría de Mellor curtametraxe de animación na derradeira edición dos Premios Goya.

25/2/13

Los días contados

"Abády llegó a Venecia una tarde resplandeciente. Una góndola lo llevó a un pequeño hotel italiano de segunda categoría, cerca de la Plaza de San Marcos, donde no se alojaban extranjeros. A las siete se fue al Ponte Canonica. Habían quedado allí por carta. Adrienne, que vivía en el Hotel Danieli, situado en el viejo Palazzo Dandolo, pudo llegar hasta allí discretamente entre las callejuelas traseras. Sólo ella se alojaba allí. Sus hermanas y mademoiselle Morin estaban en un palacete del Lido, frente al mar. Iba a verlas todos los días.Bajaban a la playa, comían juntas y, por la tarde o por la noche, Adrienne volvía a su hotel". ( Páx. 650)



Hai libros que nos sorprenden e que nos fan vivir momentos extraordinarios e hai outros que non son capaces de despertar en nos ningún sentimento. Las horas contadas de Miklós Bánffy pertence, na miña opinión, ao primeiro grupo. Está na categoría dos grandes porque é capaz de describir con mestría o ocaso da aristocracia húngara a principios do século XX e de achegarnos a un mundo que está a piques de desaparecer. Nel atopamos a Bálint Abády, que acaba de chegar do estranxeiro e debe poñerse no lugar que lle corresponde na sociedade e, ao seu carón, a Lásló Gyeroffy, o seu curmán, que ten ideas diferentes sobre como se debe vivir.  Acompañados de Adrienne e Klára axudarannos a coñecer a sociedade na que viven.A política, as relacións sociais, a economía...son analizadas con detalle nunha obra escrita para perdurar que continúa con Las almas juzgadas e El reino dividido. Unha triloxía que non debemos perder.

14/2/13

O único que queda é o amor

"Desconcertada , buscou o libro. Axiña o atopou: Todo el amor de Pablo Neruda. Foi á páxina indicada na tarxeta, aínda que xa sospeitaba que o poema completo sería moito máis intenso e emotivo que os versos que o iniciaban. Así era, así era. A Sara tremíanlle as pernas mentres lía aquela fervenza de imaxes que parecían creadas para sacudir coma un vendaval o seu corazón. Cómo puidera pasar tantos anos ignorando un poema así?"

           O único que queda é o amor de A. Fernández Paz


5/2/13

Quiero que mi boca se desnude

A piques de celebrar o Día de San Valentín queremos ir preparando a data con algunhas cancións, textos... como este bolero de Café Quijano e Armando Manzanero.

Falando de Paz II

Para conmemorar o Día da Paz fixemos, coa axuda do Departamento de Historia e os alumnos de 1º de ESO, unha pequena exposición á entrada do noso centro. Deixamos aquí algunhas das images que utilizamos.






9/1/13

Novidades

                                   Procedencia da imaxe

"¡Bum,bum,bum!". La fábrica funcionaba a toda máquina en el centro de la ciudad. "¡Tic,tic,tic!", hacía el tornillo que Alejandro golpeaba contra el cristal al ritmo de los chirridos del acero. Con dedos relampagueantes recorría los bordes de la ventana para hacer cantar la madera, el cristal y el hierro. Tamborileaba con tanta velocidad que solo se veían las ondulaciones que formaba el movimiento de los dedos".
                                                                 Melodía en la ciudad de Benjamin Lacombe.

  Esta é unha das propostas que vos facemos chegar dende a biblioteca neste segundo trimestre que ven de comezar. Sempre é un pracer a lectura e disfrutar dunhas ilustracións coma as que acompañan aos textos  sen dúbida intensifica a experiencia.

                                            Procedencia da imaxe

LinkWithin