16/11/18

Outono de poesía

   Cal é o noso poema favorito? Por que o eliximos? Esa vai ser unha das actividades que propoñemos dende a biblioteca co título de Outono de poesía. Vai dirixida a toda a comunidade educativa e ten por obxectivo achegarse á lírica e compartir aqueles versos que máis nos gustan.
   So tedes que seleccionar o voso poema,engadir algún elemento do outono (unha folla  seca por exemplo) e pasar pola biblioteca.

Resultado de imagen de otoño

12/11/18

IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia

  Esta fin de semana participamos nas IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galicia, onde tivemos a ocasión de intercambiar impresións cos nosos compañeiros sobre o traballo desenvolvido nas nosas bibliotecas. Sempre resulta unha boa oportunidade para traballar cuestións relativas á lectura dende distintos ámbitos.

   No seguinte enlace pódese acceder ao contido das ponencias.

9/11/18

Elvis


Nadie sabe lo que fue de Elvis.

Debió de quedarse mucho tiempo en aquella playa.
En medio de tanta calma y tanto silencio,oyó,entre el murmullo sordo de las olas y el soplo del viento en los hierbajos, una melodía de una belleza sobrecogedora.

Y allí,en ese momento,debió de escribir una canción:la más bella canción de amor jamás escrita.

Entonces Elvis volvió a su casa". 

Elvis, Tai-Marc Le Thanh/Rébecca Dautremer,Ed. Edelvives,2009.

8/11/18

7/11/18

Día de mortos

  Partindo do Día de mortos (México) traballamos nos diferentes grupos do noso centro o tema da morte. Cada grupo de ESO e Bacharelato creou un altar dedicado a una autor/a da literatura universal, tendo en conta os diferentes elementos do mesmo (a auga, a terra...)
Mesmo fixemos un concurso,dado o interese suscitado.Tamén houbo premios para as mellores máscaras.
Aquí deixamos algunhas das creacións dos nosos alumnos.
                  Moitas grazas a todos pola vosa axuda e participación!


Altar de Herman Melville

Altar de Mary Shelley

Altar de A.Conan Doyle

Altar de E.Allan Poe


27/4/18

Semana do Libro: A Idade Media (III)

  Tamén tivemos a oportunidade de asistir a unha representación teatral sobre as Danzas da Morte, coordinado polo Departamento de Castelán, e posto en escea polos alumnos de 1º de Bacharelato.



Semana do Libro: A Idade Media (II)

   Onte , continuando coa Semana medieval, tivemos a oportunidade de degustar algúns postres da Idade Media, por medio da colaboración dos nosos alumnos e as súas familias, a quen queremos agradecerlles a súa implicación na actividade. 

   Coa axuda do Departamento de Inglés, o alumnado de 3º da ESO fixo unha recopilación de receitas que posteriormente foi levada á práctica.


22/4/18

Semana do Libro: A Idade Media

  Nunha das primeiras reunións do equipo da biblioteca do presente curso, barallamos a posibilidade de dedicarlle o Día do Libro (23 de abril) á Idade Media. Os motivos foron moitos (a posibilidade de traballar este período histórico dende moitos ámbitos, a riqueza literaria, ...), así que puxémonos mans á obra, como se di habitualmente, e o resultado foi a Semana do Libro, un traballo multidisciplinar do que iremos dando conta ao longo dos vindeiros días.


   Dende aquí queremos agradecer a todos (alumnos e profesores) a axuda proporcionada para poder organizar e materializar este proxecto en todas as actividades.



21/1/18

Clubs de lectura

  Dende a nosa biblioteca consideramos que un dos mellores xeitos de achegarnos aos libros é mediante os clubs de lectura. Constitúen foros de debate nos que os lectores poden intercambiar opinións sobre as súas historias preferidas.
  Actualmente contamos con catro seccións:
- "A terrorífica aventura de ler".
- " O mundo da fantasía".
- " Taller de lectura dramática".
- " Ciclo Superior Xestión de Vendas e Espazos comerciais".
  Deixamos aquí algunhas das opinións dos integrantes de " O mundo da fantasía" sobre a primeira lectura, O hobbit de J.R.R. Tolkien.

      
   
 "O que máis de gustou do libro foi que me resultou moi fácil de ler, xa que a min encántame a fantasía e todas as historias relacionadas".
    " O que máis me gustou deste libro foi que se demostra como se poden conseguir as cousas con esforzo, por iso Bilbo é a miña personaxe favorita".

LinkWithin