
Dise del que é o creador do realismo máxico. Este xorde nun dos extremos do real, e é alí onde se establece e edifica a súa narración. Certos feitos sorprendentes son tomados como naturais.
A casualidade, ademais, quixo reunir na mesma data a celebración do Día das Letras Galegas e mais o Día da Internet.
Quizais sexa o momento de reflexionar sobre a nosa identidade e cultura na Rede. Porque nesta sociedade globalizada Internet vai universalizar, fronte aos que poñen barreiras, a nosa Literatura, a nosa lingua, a nosa cultura... E Internet debe significar, tamén para a nosa cultura e para a súa expresión, que é o Galego, un punto importante de apoio e de desenvolvemento xa que poden ser máis coñecidas e practicadas a cultura e o idioma.
En palabras de María Yáñez: "Nos últimos tempos, a nosa lingua está flipando. Cando todos a daban por moribunda, cerimonial e rural ou bloqueira, e ata ela mesma o cría, resulta que un exército de liposomas a está a remozar e a darlle un novo esplendor. Moitas son as marabillas que nos deu a rede, pero unha das últimas e máis importantes é o paso da comunicación privada ao espazo público. Non moito máis ca iso é o fenómeno dos blogs".