miércoles, mayo 30, 2007

Un xenio especial

Para Gabriel García Márquez, 2007 é un ano moi especial. O escritor celebra o seu oitenta aniversario e a súa obra máis emblemática, Cen anos de soidade, cumpre corenta. As súas palabras cando recibiu o Premio Nobel foron: “ Non son ninguén nin serei ninguén máis que un dos dezaseis fillos do telegrafista de Aracataca”.
Dise del que é o creador do realismo máxico. Este xorde nun dos extremos do real, e é alí onde se establece e edifica a súa narración. Certos feitos sorprendentes son tomados como naturais.

Algunhas das obras del que podes atopar na biblioteca son:
Vivir para contarla. A vida non é o que sucedeu, senón o que un lembra e como o lembra. Así nos presenta o autor a súa autobiografía, unha intensa viaxe ás súas raíces, a matriz na que concibiu un dos universos literarios máis ricos do século XX.


Cien años de soledad. Unha das obras máis importantes da literatura universal. A gran saga familiar da familia Buendía, na que García Márquez funde realidade e maxia.


Crónica de una muerte anunciada. É unha das súas obras máis realistas, pois baséase nun feito histórico ocorrido na súa terra natal. Cando comeza a novela, Santiago Nasar xa está morto, e o relato remata precisamente no momento en que el morre.


El general en su laberinto A visión irónica que fai García Márquez do xeneral Bolívar, do mito histórico, comprende unha actitude de ruptura, de contradición subrepticia co establecido.


El otoño del patriarca Historia dun ditador latinoamericano que pode ser calquera dos que tivo a historia dos nosos países. A estratexia de García Márquez é presentarnos un contrapunto de voces e puntos de vista, ao mesmo tempo que altera a orde cronolóxica da narración.

No hay comentarios: