lunes, mayo 28, 2007

Travesuras de la niña mala

Travesuras de la niña mala é un divertimento literario, unha historia entretida que se le dun tirón, un relato de amor que se prolonga durante décadas.

Todo xira arredor da historia dos amores de Ricardo e da “nena mala”; Vargas Llosa crea con esta muller un personaxe de galería, enchéndoa de toda a soidade posíbel e de toda a difícil rebeldía para facela un ser humano verdadeiro.

Os desprazamentos xeográficos e as insólitas peripecias da protagonista aproximan o relato á novela de aventuras. Despois de todo, a “nena mala” é unha aventureira que pasa dun amante a outro. Ricardo, pola contra, é un anódino home de letras que, vivindo en París, segue as pegadas da súa amada para descubrir ambientes e personaxes singulares.
Un libro que non podemos deixar de vos recomendar encarecidamente, asegurándovos diversión. Porque a esa "nena mala" acábala odiando ou querendo, pero non permanecerás impasíbel.

No hay comentarios: