Esta é unha das fotografíasque podemos atopar en Valladolid ata o vindeiro 29 de agosto nunha exposición sobre a Guerra Civil. O autor das mesmas, Agustí Centelles ( 1909- 1985), un dos iniciadores do fotoxornalismo en España, especializouse nesta temática e conseguiu salvar os seus negativos en varios campos de concentración onde estivo preso. Hoxe podemos ter acceso ao seu traballo grazas aos seus fillos.
"La mañana del 2 de abril, Paul Hjelm, sentado a la mesa del desayuno, contemplaba a su familia con nuevos ojos. El desayuno del día anterior había sido ingerido por una persona aniquilada; esta mañana era él, resucitado, quien comunicaba a la familia su renovada situación vital. Recibieron con moderado entusiasmo la noticia de su traslado al centro de la ciudad". (Páx. 84)
O Grupo A é unha asociación de investigadores que vén de crearse na policía sueca. Os seus membros teñen que enfrontarse a casos especialmente complexos, como o do Asasino doPoder, que mesmo elimina calquera proba do lugar do crime, como os casquillos, dificultando o traballo policial. Sen embargo, unha peza musical de Thelonius Monk semella abrir novas posibilidades aos investigadores. Paul Hjelm está atravesando un momento complexo na súa vida laboral e persoal e este caso é todo un reto.
Dende hoxe e ata o vindeiro 10 de xullo temos unha cita en A Coruña cos Mundos dixitais. Este Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital vai xa pola novena edición e cada ano son máis os traballos que se presentan.
A ONU declarou o 2010 como o Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica (IYB). Este vídeo explícanos este concepto e lémbranos a importancia fundamental que ten para todos nos.