Ambientado naIdade Media, chega a nosa biblioteca unha historia protagonizada por un rapaz chamado Marcabrú no que todo o mundo parece estar interesado. El, que vive de xeito nómada e vai acompañado por un curioso grupo (un cego, unha soldadeira, o imitador de paxaros e o cabaleiro salvaxe) descoñece a súa orixe. Ten un don especial para compoñer cancións e, a medida que vai pasando o tempo, é quen de ir recompoñendo o puzzle do seu pasado.
Ven de rematar a 57ª edición do Festival de Cine de San Sebastián. Dende aquí queremos enviar os nosos parabéns a Pablo Pineda e a Lola Dueñas pola Concha dePlata acadada polo seu traballo na película Yo también.
Como el texto con el que ahora estamos trabajando en clase tiene relación con la cocina, os planteamos una pequeña investigación. Tenéis que acertar el título de la obra a la que pertenece y el autor/-ra del mismo.
INGREDIENTES:
- 1 lata de sardinas - 1/2 chorizo - 1 cebolla
- Orégano
- 1 lata de chiles serranos
- 10 teleras
Manera de hacerse:
La cebolla tiene que estar finamente picada. Les sugiero ponerse un pequeño trozo de cebolla en la mollera con el fin de evitar el molesto lagrimeo que se produce cuando uno la está cortando. Lo malo de llorar cuando uno pica cebolla no es el simple hecho de llorar, sino que a veces uno empieza, como quien dice, se pica, y ya no puede parar. No sé si a ustedes les ha pasado pero a mí la vera verdad sí. Infinidad de veces. Mamá decía que era porque yo soy igual de sensible a la cebolla que Tita, mi tía abuela.
*PISTA : El autor/-ra del texto nació en Méjico en 1950.
"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o momento en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato.
Por iso os camiños que emprende o Viaxeiro son vieiros que conducen ao coñecemento e á aprehensión da beleza, que tantas veces hai que rescatar do medio da miseria e do mal. Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto.
É así que, antes do que a viaxe nos dá, por diante da ensinanza que nos aporta, en realidade o que se nos está dando é un intre, una anaco de tempo no que temos o privilexio de tomar algo do que non tardaremos en nos desprender.
Mais nese momento, nese ínfimo espazo de tempo en que a contemplación da fermosura ou da miseria humana semella abandonarnos, é cando se instala na nosa memoria e faise coñecemento que non constrúe coa exclusión dos outros senón que neles e con eles se fai aprendizaxe, experiencia...e así constrúenos." (Páx. 15)
Gustoume esta novela de Camilla Läckberg (Suecia,1974) que leva por título Las hijasdelfrío. A acción transcorre en Fjällbacka, localidade natal da escritora, onde viven Erica e a súa parella, que acaban de ser pais. Os cambios son moitos na súa vida a partir deste momento e a situación complícase coa aparición do cadáver dunha nena, filla dunha amiga de Erica. Aínda que inicialmente todos pensan nun accidente, a investigación revela que foi asasinada.
Nunha localidade pequena onde todo o mundo se coñece esta traxedia fai que saian á luz moitas historias soterradas, algunhas delas especialmente duras e relacionadas co pasado. Deste xeito, no ano 1923, en Strömbad, Agnes, unha rapaza consentida, ve como cambia a súa vida dun xeito radical. Estas dúas liñas argumentais confluirán na obra.
A autora escribiu tamén La princesa de hielo e Los gritosdelpasado, (que non tardarei en ler).
Con cada comezo de setembro, ao igual que o un de xaneiro, moitos de nos pensamos nosbospropósitos que nos gustaría levar a cabo : organizarnos mellor, ler máis,... As actividades poden ser moi variadas.A biblioteca quere lembrar que dispón dun bo número de materiais endistintos soportes que nos axudarán a ampliar os nosos coñecementos, a completar a nosa formación, a aproveitar o tempo,etc. e que están a disposición de toda a comunidade educativa. BO COMEZO DE CURSO PARA TODOS!
"Somos la especie más poderosa que el mundo haya visto y está en nuestras manos poder destruirlo todo, deberíamos, por consiguiente, hacernos cargo de la responsabilidad moral de ser los administradores del planeta en que vivimos."
Ata o día 10 de xaneiro imos poder disfrutar dunhaexposición antolóxica sobre a obra de Maruja Mallo (1902-1995), pintora galega vinculada aosurrealismo, na Casa dasArtes en Vigo. Estas serán algunhas das creacións que atoparemos nesta mostra.
" Ella necesitaba todas sus fuerzas cuando le detallaba los sucesos de esa noche. Intentaba contarlo ordenadamente, pero erademasiado terrible. No podía describirlo. No podíadescribir lo que para ella era imposible de contar,asqueroso,espantoso. De alguna manera pudo acabar su entrecortado relato. ¿Era eso una sonrisa? No podía entender por qué el policía estaba sonriendo. Sería su imaginación. Luego, él empezó a interrogarla acerca de los detalles.
- Explícame exactamente lo que pasó." (Páx. 67)
Éste é un fragmento da obra Las marismas deArnaldurIndridason (Reikiavik,1951), autor que nos gusta especialmente e do que xa falamos no mes de abril (La mujer deverde). Nesta ocasión Erlendur debe investigar a morte dun home chamado Holberg que oculta un pasado terrible. É unha historia que vai saíndo á luz paulatinamente e que vai deixando moito sufrimento ao seu paso.
O libro vai acompañado dun mapa de Islandia para situar os escenarios da obra (Keflavík,Húsavík...)
No ano 2002 Las marismas recibiu o premio LaLlave de Cristal á mellor novela policíaca nórdica.
Hoxe cúmprense dez anos da morte de Alfredo Kraus (1927-1999), un dos nosos grandes tenores. Queremos lembrar a súa voz excepcional cun vídeo que corresponde á aria "Una furtivalagrima" da ópera L'elisir d'amore de Donizetti.
Este é o tempo que tarda en descompoñerse unha bolsa de plástico e 441.000 toneladas anuais de CO2 son as que se precisan para fabricalas. Despois de ter en conta estes datos tal vez o pensemos mellor antes de collelas no supermercado. Agora parece que definitivamente teñen os días contados.
" A las tres y cuarto de la mañana empieza a nevar. Al principio, con suavidad, y después con más fuerza. Por encima de las gruesas nubes, la aurora boreal se retuerce imprevisible por el cielo. Se desliza como una serpiente extendiéndose ante la mirada de las constelaciones." (Páx. 211).
Rebecka Martinsson é unha avogada especializada en Dereito fiscal que reside en Estocolmo. Escoitando a radio entérase de que Viktor Strangard, un predicador de Kirkuna, de onde ela é orixinaria, aparece brutalmente asasinado. Sanna, amiga súa e irmá do falecido, chámaa por teléfono, despois de moito tempo sen ter noticias súas. A partir deste momento ábrese unha investigación policial para descubrir o que sucedeu e Rebecka, moi ao seu pesar, entra nunha espiral na que se mesturan o presente e o pasado, do que parece que tenta fuxir.
Na novela atopamosvarios temas: a hipocresía, a relixión, a pederastia, a violencia... É, por outra banda, unha obra decontrastes (Pensemos nos personaxes de Sivving ou Lova, tenros e sinceiros, ou , no polo oposto, nos pastores da congregación).
Título : Aurora boreal.
Autora : Asa Larsson.
Editorial Seix Barral, 381 páxinas.
Esta obra foi publicada en Suecia no ano 2003 e, catro anos máis tarde, foi levada ao cine.