19/9/09

Las hijas del frío

Gustoume esta novela de Camilla Läckberg (Suecia,1974) que leva por título Las hijas del frío. A acción transcorre en Fjällbacka, localidade natal da escritora, onde viven Erica e a súa parella, que acaban de ser pais. Os cambios son moitos na súa vida a partir deste momento e a situación complícase coa aparición do cadáver dunha nena, filla dunha amiga de Erica. Aínda que inicialmente todos pensan nun accidente, a investigación revela que foi asasinada.
Nunha localidade pequena onde todo o mundo se coñece esta traxedia fai que saian á luz moitas historias soterradas, algunhas delas especialmente duras e relacionadas co pasado. Deste xeito, no ano 1923, en Strömbad, Agnes, unha rapaza consentida, ve como cambia a súa vida dun xeito radical. Estas dúas liñas argumentais confluirán na obra.
A autora escribiu tamén La princesa de hielo e Los gritos del pasado, (que non tardarei en ler).
  • Título : Las hijas del frío.
  • Autora : Camilla Läckberg.
  • Editorial Maeva, 477 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin