18/12/19

VÍDEO ACTO MEMORIAS DUN NENO LABREGO


O noso compañeiro Javier déixanos este vídeo resumo da xornada dedicada ao libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. Ben feito!!


15/12/19

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


Este ano 2019 o día da ciencia en galego está adicado ás linguas indíxenas e á táboa periódica. Por este motivo, durante o mes de novembro, o alumnado do IES realizou diversos pósters incluíndo información sobre cinco mulleres científicas que descubriron ou colaboraron no descubrimento de elementos químicos. Para a realización da actividade participaron o Club de Letras, o Equipo de Biblioteca e o Departamento de Física e Química. A continuación deixamos algunhas imaxes:


ANUNCIO


É un pracer anunciar que o centro foi admitido provisionalmente para a participación no programa de innovación educativa "Club de Letras".  Ben feito!! Deixamos o enlace coa información:

4/12/19

ACTO EN MEMORIA DE XOSÉ NEIRA VILAS

O 3 de novembro de 1928 naceu o escritor galego Xosé Neira Vilas. O pai de "Memorias dun neno labrego" tamén dá nome á nosa biblioteca por esta razón, e como cumprimento aos compromisos adquiridos coa Fundación Xosé Neira Vilas, conmemoramos o seu nacemento coa lectura dun parágrafo da súa obra máis traducida en 20 linguas diferentes. Deixamos a continuación algunhas instantáneas do acto.








SAMAÍN

O alumnado e profesorado do centro participou activamente na decoración da biblioteca e na lectura de relatos. Deixamos un vídeo e fotos do acontecemento.












3/12/19

ANUNCIO


Para o curso 2019/2020 temos novo equipo de biblioteca que estará formado por:

Rodríguez González, Norma (Coordinadora)
González Aguiar, Belén (Coordinadora)
Cambeiro Cambeiro, Fermín
Fernández Vázquez, Marcial
González Cuñarro, Mª Begoña
Lamela Couto, Celia
Ledo López, Mª Xosé

4/9/19

Agradecemento

    Abrir un libro e comezar a ler é unha das actividades máis fascinantes que recordo da miña vida. Non importa o cansa que estea sempre hai tempo para o que  realmente importa. Aproveito a ocasión para agradecer dende aquí a todas aquelas persoas que fixeron posible o traballo continuo a prol da lectura e da biblioteca, moi especialmente ao equipo que estivo aí cada día e os alumnos que participaron dun xeito desinteresado nas actividades propostas. E a todos os que creron en nos e nos apoiaron.
  Moitas grazas e ata sempre.

15/5/19

Renacemento e Barroco (III)

  Tamén traballamos os tópicos literarios (Departamento de clásicas e castelán), Analizamos polo miúdo o cadro do matrimonio Arnolfini ( Departamento de castelán) e completamos un cuestionario sobre a Exposición (Biblioteca).






Agasallo

  Recibimos este bonito agasallo, unha flecha viaxeira, de Estíbaliz Espinosa, que nos visitou este curso. Agradecémoslle dende aquí este detalle e o poema que nos fixo chegar.
   


10/5/19

22/4/19

Renacemento e Barroco

  Durante os vindeiros días e para conmemorar o Día do Libro iremos deixando no noso blog as diferentes propostas dos Departamentos don noso centro. A temática elixida este ano son dous períodos especialmente fructíferos no mundo da arte, o Renacemento e o Barroco.
  Aproveitamos a ocasión para agradecer a alumnos e profesores a calidade e a cantidade das propostas levadas a cabo.
  A continuación deixamos algunhas fotografías dos traballos realizados.


O matrimonio Arnolfini de J. van Eyck
(Traballo realizado polos Departamentos de Comercio e Clásicas e o alumnado de FPB).



Xornais da época renacentista e barroca
Traballo realizado polo Departamento de castelán e o alumnado de 3º de ESO.


A Literatura francesa renacentista e barroca.
Departamento de Francés.

14/2/19

Cadros e historias

  Este mes estamos de celebración polo que dende a biblioteca queremos contribuir neste evento cunha actividade que vai dirixida a todos os alumnos do noso centro. Leva por título "Cadros e historias" e consiste en escribir un relato, un poema...a partir dun cadro do pintor Manuel Colmeiro, artista fundamental que lle dá nome ao noso instituto. 
  Nas portas das aulas hai copias dos seus cadros máis representativos e os corredores xa se están enchendo de historias.
   Estas son algunhas das obras elixidas:

Siega, 1935. | Galería Montenegro


Manuel Colmeiro 1901-1999. Foto 1

LinkWithin