miércoles, agosto 15, 2012

Shirley Valentine

Verónica Forqué da vida á personaxe de Shirley Valentine, unha muller que se sinte soa en moitos momentos e que se debate nun dilema: acompañar ou non a unha amiga nunha viaxe a Grecia.
 Soa en escea, a súa interpretación de Shirley emociónanos ao dar vida a unha muller que leva unha existencia triste e monótona, que viviu momentos felices, pero que non se sinte valorada e que pasa desapercibida na súa casa e no seu entorno. Ao seu home parece preocuparlle especialmente que a cea estea servida cando el chegue a casa pero a ela ignóraa completamente. Os seus fillos xa son maiores e non parecen preocuparse por ela así que, cos billetes de avión gardados nun caixón, decide dar un paso adiante e ser valente.
  Resulta divertida en moitos momentos e noutros os interrogantes que plantexa non obteñen outra resposta que o silencio.
  Os nosos aplausos encheron o teatro ao final da representación.


martes, agosto 07, 2012

Chavela Vargas

“Me voy. Les dejo de herencia mi libertad, que es lo más preciado del ser humano”.

                               Chavela Vargas



viernes, agosto 03, 2012

Las horas distantes

"¿Alguna vez se han preguntado cómo huele el paso del tiempo? La verdad es que a mí nunca se me había ocurrido, al menos antes de entrar en Milderhurst Castle. Ahora, desde luego, lo sé. A moho y amoniaco, una pizca de amoníaco y bastante de polvo, a viejas hojas de papel completamente desintegradas. Y había algo más, subyacente, que lindaba con lo asfixiante y pútrido, aunque no era exactamente eso. Tardé un buen rato en comprender de dónde provenía ese olor: es el pasado." (Páx.70).


                                                        Procedencia da imaxe   

Unha carta que chega ao seu destinatario con 50 anos de retraso é o detonante desta historia na que se mesturan, entre outros temas, o misterio, os conflictos familiares, as relacións persoais  e a literatura. Así, a través do relato de Eddie Burchill, unha xoven editora, podemos chegar a reconstruir a historia de Meredith, a súa nai, e receptora da carta, que foi evacuada na Segunda Guerra Mundial e acollida na casa das irmás Blythe (Percy,Saffy e Juniper).
  O relato, que vai alternando pasado e presente, transcorre sobre todo en Milderhurst Castle, a residencia das irmás Blythe, que deben enfrontarse ó seu pasado e ó misterio que dende hai moitos anos envolve as súas vidas.