Verónica Forqué da vida á personaxe de Shirley Valentine, unha muller que se sinte soa en moitos momentos e que se debate nun dilema: acompañar ou non a unha amiga nunha viaxe a Grecia.
Soa en escea, a súa interpretación de Shirley emociónanos ao dar vida a unha muller que leva unha existencia triste e monótona, que viviu momentos felices, pero que non se sinte valorada e que pasa desapercibida na súa casa e no seu entorno. Ao seu home parece preocuparlle especialmente que a cea estea servida cando el chegue a casa pero a ela ignóraa completamente. Os seus fillos xa son maiores e non parecen preocuparse por ela así que, cos billetes de avión gardados nun caixón, decide dar un paso adiante e ser valente.
Resulta divertida en moitos momentos e noutros os interrogantes que plantexa non obteñen outra resposta que o silencio.
Os nosos aplausos encheron o teatro ao final da representación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario