CONCURSO
Landras no velho carvalho
Inés Vilpi (2005), Xaime e as landras, Kalandraka.
Propoñémosvos facer unha lectura creativa dun texto de Ricardo Carvalho Calero:
1. A creación será de formato libre (vídeo-poema, poema ilustrado, fotografía, recitado con acompañamento musical, versión musical...)
2. Deberá conter un texto ou fragmento da obra de Ricardo Carvalho Calero.
3. Premiaranse os tres mellores traballos segundo a súa orixinalidade e a súa capacidade de interpretación da obra do autor.
4. Data de entrega: ata o 17 de xuño
5. Segundo a participación, haberá premios en tres categorías: 1º-2º e da e FPB, 3ª 4º da ESO e Bacharelato.
A distribución dos premios poderá modificarse condicionada polo número de participantes en cada categoría.
6. Os premios resolveranse antes do 30 de xuño.
7. Os traballos enviaranse ao mail da biblioteca:
bibliocolmeiro@gmail.com
Velaquí tendes algúns exemplos de recreacións a partir de textos de Ricardo Carvalho Calero e doutros autores que vos poden servir de inspiración:
Versión musical de A Minha Embala de "María Silêncio":
Ás veces a idea pode partir dun único verso ou frase, como esta ilustración de Leandro Lamas:
https://auladelingua.wordpress.com/2017/05/17/leandro-lamas-e-castelao/
Unha ilustración que acompaña ao poema (de Nuria Díaz sobre o poema de Manuel María "A emigración"):
Veiga, Manuel e Diaz, Nuria (il.), Manuel María. Vida, versos e rebeldía, Ed Xerais, Vigo, 2016.
Ou un recitado con ou sen acompañamento musical:
Poema de Ricardo Carvalho Calero "Se Ávalon é a illa das maçás" Grupo Ouriol Música: Bernardo Martínez e Fito Ares Recitación: Eva Veiga Imaxe: AfonsoCosta
No hay comentarios:
Publicar un comentario