viernes, mayo 18, 2012

Yo estudié en la pública

4 comentarios:

Xesus dijo...

Este tema sí que da moito debate, eu afirmo que en realidade quen ten envexa son as escolas privadas por que non ofrecen a mesma calidade ca pública; ademais que a política condicione a educación por mor dos recortes... ainda me indigna mais; gustaríame saber cal é a tua opinión señorita Díaz??

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Traballo na educación pública dende hai anos e paréceme fundamental a implicación de todos neste proxecto (Administración, familias,...)É un pilar da nosa sociedade.Para min sodes importantes,Xesús, e o noso traballo é a base sobre a que se asentan moitas outras cuestións.Espero que isto conteste á túa pregunta.
Saúdos.

Xesus dijo...

Agora tócame a min pedir desculpas por tardar en responder... Sinceiramente tardei moito en elaborar a miña resposta por que non só se limita a un sí, ademais emocionoume moito que sexamos importantes para ti e non só un traballo onde só se pensa en cobrar e nas vacacións, noutras palabras, gustache axudar aos demais! por isto respondoche: Grazas, grazas por ser amabel, por preucuparte por nós e por facer ben o teu traballo e mailo agarimo que lle pos a cada clase. Podo dicir que me sinto orgulloso de todos os profesores do Colmeiro que me deron clase, en especial de ti xa que podrei olvidar a literatura :D pero nunca olvidarei todo o que fixeches por min para cursar bac e estes tres anos. Grazas por aturarme!!

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Non sei moi ben que podo dicir despois deste comentario. Darche as grazas, en primeiro lugar, por facelo e, dicirche que, aínda que non o pareza, nos tamén aprendemos de vos en moitos momentos.
Pode dar a impresión na vida académica que estamos moi alonxados profesores e alumnos, sen embargo, neste caso non é así. Dalgún xeito houbo unha conexión especial entre ti e máis eu e síntome especialmente orgullosa de ter sido a túa profesora neste último curso de Bacharelato.
Espero que teñas moitísima sorte en todo o que fagas de agora en diante e que, por suposto, nos veñas facer algunha visita ao centro.
Grazas de novo.
Unha aperta.