28/2/10

La princesa de hielo



Esta foi a primeira novela de Camilla Läckberg protagonizada por Erica e Patrik, dous amigos da infancia que rematan sendo parella, e que investigan unha serie de mortes producidas en Fjällbacka, na costa sueca. Eu comecei a ler as súas obras pola última publicada, Las hijas del frío, e tanto me gustaron, que agora, finalmente, conseguín completar a lectura das tres .
Erica chega á súa localidade natal despois da morte dos seus pais. Na súa casa rememora momentos felices, trata de poñer orde nalgunhas cuestións e, de súpeto, descúbrese o cadáver de Alexandra, unha das súas mellores amigas da infancia, e unha persoa un tanto misteriosa, segundo o retrato que fan dela os demais. A partir deste momento, a súa vida dá un xiro inesperado: implícase na investigación, comeza unha relación con Patrik, achégase á súa irmá...


"Ambas rieron entre lágrimas ante el comentario y ahora le tocó a Erica sonarse con el pañuelo. El aire se hizo tan denso como la concentración de sentimientos, pero al mismo tiempo fue como una limpieza general del alma. Había tantas cosas que nunca se habían dicho, tanto polvo en los rincones...y las dos tenían la sensación de que había llegado el momento de sacar brillo" (Páx.368).
  • Título: La Princesa de hielo.
  • Autora: Camilla Läckberg.
  • Editorial Maeva, 415 páginas.

27/2/10

La libertad de hablar

A vindeira semana celebrarase en Valparaíso (Chile) o V Congreso Internacional de la Lengua Española. Na xornada inaugural participarán Jorge Edwards, Mario Vargas Llosa e Emilio LLedó, autor deste artigo publicado hoxe en El País sobre o que queremos chamar a atención, "La libertad de hablar".
Queremos aproveitar a ocasión tamén para enviar dende aquí unha aperta cariñosa e solidaria a Chile, despois do sismo que ven de sufrir.

26/2/10

Caravaggio

Este ano cúmprese o 4º Centenario do falecemento de Caravaggio (1571-1610). Para admirar as súas pinturas e disfrutar da arte, dende o 19 deste mes e ata o 13 de xuño, en Roma imos ter a oportunidade de poder facelo visitando unha exposición que reúne 23 dos seus cadros.
Deixamos aquí dous enlaces, que consultamos para elaborar este post, con información máis detallada: Fervor romano por Caravaggio ( Diario El Pais, 23/02/2010) e Exposición de Caravaggio en Roma

22/2/10

Club de lectura Calamus: Primeira proposta (II)


Laura Gallego García (Valencia, 1977) é a autora da primeira das obras que este ano comentaremos en Calamus, La leyenda del rey errante. É unha das escritoras que ten máis éxito entre a xente nova ( e non tan nova). No ano 1998 gañou o Premio El Barco de Vapor con Finis Mundi e dende entón ten publicado moitas obras que son demandadas continuamente polos usuarios da nosa biblioteca ( a triloxía Crónicas de la torre, Fenris,el elfo, Memorias de Idhún, La emperatriz de los etéreos, Dos velas para el diablo...)

Foi traducida ao francés, inglés, rumano, polaco, sueco, italiano... Podedes entrar na súa páxina web dende aquí. Na actualidade vai tomar unhas merecidas vacacións, despois de ter asinado moitos libros, dar charlas en centros...

Agora ímosvos plantexar catro preguntas sobre as obras da autora :

- Como se chamaba o xograr protagonista de Finis Mundi?

- Que é o nasib?

- Como se chamaba o rei que estaba enfermo? Quen comezou a sustituilo?

Agardamos as vosas respostas!

21/2/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (II)

"SEGÚN a tarde vai caindo
vánseme sumindo
os soños na sombra e vai rubindo
a door.


Según a noite vai entrando
vánseme afogando
os soños na sombra e vai medrando
a door.

Según a noite vai enchendo
vánseme perdendo
os soños na sombra e vai podendo
a door".


( De Os Eidos).

17/2/10

Jan estivo alí


"Jan estivera alí.

Lembrábao coma se fose onte.

E o cadro diante del non facía máis que confirmarllo.

Lembraba a fermosa señora, vestida co manto máis rico que Jan fora quen de ver até aquel día.

Lembraba o señor que a collía da man, severo e silencioso. Aquel home metía medo con só miralo".

Así comeza Jan estivo alí de Xosé Antonio Neira Cruz. Unha obra baseada no cadro de Jan van Eyck (1390-1441), Retrato de Arnolfini e a súa dona, de 1434. Cunhas coidadas ilustracións de David Soler, o álbum tenta ofrecernos unha posible interpretación desta pintura, considerada unha obra mestra, sobre a que se leva escrito moito (a meticulosidade dos pequenos detalles , o espello a as imaxes reflectidas nel, a sinatura en latín, ...)

Agora podemos volver a esta pintura e disfrutar con esta obra, grazas ao traballo do autor e máis do ilustrador desta pequeña xoia que non debemos perder.


15/2/10

Premios Goya 2010


Nunha cerimonia na que houbo momentos emotivos, diversión, glamour, sorpresas... entregáronse os Premios Goya 2010. Gustarianos que se continuase apoiando ao noso cine para poder disfrutar de traballos de calidade.

Os nosos parabéns aos gañadores!


14/2/10

A praia dos afogados

Leo Caldas, inspector de policía, enfróntase a un novo caso. Esta vez a aparición do cadáver dun mariñeiro , alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón dálle bastantes quebradeiros de cabeza. Hai momentos no que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio, acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar que contrasta co carácter do seu superior:

"Estévez, que estivera mirando por unha físgoa entre dous dos listóns que conformaban o portón, apoiou as mans no canto superior coma se fose tomar impulso.

- Eu creo que non hai ninguén- dixo -. Quere que entre?

Caldas mirouno atónito.

- Non viñemos roubar- dixo.

Logo deu un suspiro e, convencido de que nunca entendería a estrutura cerebral do seu axudante, volveu ao coche". (Páx. 144).

O inspector está atravesando unha etapa persoal complexa. Ven de romper coa súa parella, ten un familiar no hospital, tenta estar máis pendente do seu pai... É un home discreto ao que non lle gusta ser recoñecido pola súa colaboración nun programa de radio.

A obra transcorre en varios escenarios (Vigo, Panxón, Aguiño...) e cada capítulo comeza cunha definición relacionada coa historia.

Estaremos pendentes dos novos casos deste inspector porque gustounos esta obra e mantívonos intrigados ata o final.

13/2/10

Fenris, el elfo


Alberto Domínguez, lector do mes de xaneiro, fainos a seguinte recomendación :

"Me gusta este libro porque me identifico con el personaje, además las diversas aventuras por las que pasa en toda la obra demuestran que la autora tiene mucha imaginación. Recomiendo todas las obras de Laura Gallego por lo buenas e interesantes que son, aparte de que tienen su parte de acción.

Invito a leer a todo aquel que quiera, porque descubrirá muchas cosas. Os entretendréis leyendo si encontráis el libro que os gusta".

10/2/10

Grandes historias de amor

Fixemos unha pequena selección de grandes historias de amor que nos gustaron especialmente.

Grandes historias de amor on PhotoPeach

Tarxetas de San Valentín (II)

Continuamos recomendando algunhas frases en lingua latina para redactar a nosa tarxeta de San Valentín :
"Habeas multas delicias, multum amorem et multa dulcia!"

"Ego te amo inter alias".

"Meum cor fractum est, sed id reficies, di mihi dices te meam semper futuram esse".

"Veni, ama mecum et es mea vita".

9/2/10

Dúas bágoas por Máquina

Rocío Fernández é outra das lectoras do mes de decembro. Esta é a súa recomendación :

"Máquina é un cadeliño ao que todos queren cando é pequeniño. Cando se volve maior xa ninguén o quere excepto a pequena da familia. Á avóa comézalle a caer pesado e pídelle ao pai da rapaza que se desfaga del. Entón o pai lévao a un monte e deíxao alí,e cando a rapaza, á hora da cea, preguntálle por Máquina, el responde que non sabe. Tal era a tristura da rapaza que o pai sentiuse culpable e foi buscar ao can. Por fin atopárono e a nena púxose moi contenta, todo o contrario da avóa. Pero un día, cando a avóa ía á fonte e Máquina viu que un coche ía cara a ela, correu e empurrouna ata a beirarrúa. Neste acto Máquina morreu e entón a avóa botou dúas bágoas".

8/2/10

Tarxetas de San Valentín

Dende o Departamento de Latín e Grego fannos a seguinte suxerencia para o Día de San Valentín : escribir a nosa Tarxeta para o vindeiro 14 de febreiro en latín. Aquí van as primeiras propostas (podedes tentar traducilas) :


"Obliviscar tui numquam:ego sum qui te amabo in perpetuum".

"Habeas Felicem Diem Valentini!".

"Neque tecum vivere possum neque sine te!".

"Cupido cordem tuum percutiat!".

6/2/10

La Generación del 27 (II)

Después de leer La voz a ti debida de Pedro Salinas, éste es el poema que más ha gustado a los alumnos de 2º de Bachillerato.
[34 ]

Lo que eres
me distrae de lo que dices.

Lanzas palabras veloces,
empavesadas de risas,
invitándome
a ir donde ellas me lleven.
No te atiendo, no las sigo:
estoy mirando
los labios donde nacieron.

Miras de pronto a lo lejos.
Clavas la mirada allí,
no sé en qué, y se te dispara
a buscarlo ya tu alma
afilada de saeta.
Yo no miro adonde miras:
yo te estoy viendo mirar.

Y cuando deseas algo
no pienso en lo que tú quieres,
ni lo envidio:es lo de menos.
Lo quieres hoy, lo deseas;
mañana lo olvidarás
por una querencia nueva.
No. Te espero más allá
de los fines y los términos.
En lo que no ha de pasar
me quedo, en el puro acto
de tu deseo, queriéndote.
Y no quiero ya otra cosa
más que verte a ti querer.

5/2/10

La ternura entre el centeno

Este é o título dun artigo de Jorge Urdánoz Lanuza no Diario "El País". Pódese consultar no seguinte enlace. Non imos engadir ningún outro comentario ou imaxe a estas palabras. Só queremos lembrar o comezo da obra :

"Si de verdad les interesa lo que voy a contarles, lo primero que querrán saber es dónde nací, cómo fue todo ese rollo de mi infancia, qué hacían mis padres antes de tenerme a mí, y demás puñetas estilo David Copperfield, pero no tengo ganas de contarles nada de eso. Primero porque es una lata, y, segundo, porque a mis padres les daría un ataque si yo me pusiera aquí a hablarles de su vida privada".

The Z- Factor


Antía Pereiras Villamayor e Tania Nogueira Montoto, de 1 º BAC B, fannos a seguinte crónica da representación teatral á que venen de asistir (The Z-Factor, pola compañía teatral Clever Pants).

On 22nd January some students from 3rd ,4rd and 1st Bacharelato went to the theatre’s performance at the Culture’s House, in Silleda.


There were three actors and the performance was a funny comedy, so we think that all students had a great time and some of our classmates helped the actors with the performance. Moreover, it was very easy and we could understand everything, the actors were fantastic and the production was wonderful.

It was the story of a boy who only wanted to play computer games and he had problems with his parents. He also had bullying problems because he and the tough boy of his classroom were in love with the same girl. Finally, the girl fell in love with him.
We really enjoyed it!

4/2/10

El escarabajo de Horus


Rebeca Broemser é unha das dúas lectoras do mes de decembro, porque esta vez o premio vai ser compartido. Esta é a súa recomendación :

" Es un libro perfecto para los amantes de la historia y el misterio, está lleno de aventuras y peligros que te intrigarán hasta el final. Trata sobre dos hermanos que viajan en el tiempo, llegan a Egipto y deben salvar al mundo del regreso del dios Seth. No te lo pierdas".

2/2/10

As viaxes de Ulises : Terceira etapa (II)

Dende a Biblioteca queremos agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible tanto a Exposición sobre o Día da Paz como a Actuación Musical que se celebrou hoxe durante o recreo, especialmente a Susana Calvo e Cristina González (Departamento de Historia), Diana Capelo (Departamento de Música), alumnos de 2º e 4º de ESO e membros do Equipo de colaboradores da Biblioteca.

Música e Imaxes pola Paz on PhotoPeach

1/2/10

As viaxes de Ulises : terceira etapa


A terceira etapa programada das viaxes de Ulises, desenrolarase nos meses de xaneiro e febreiro e leva por título "Accións pola Paz" (coincidindo co 30 de xaneiro). A través de imaxes e textos, lembraremos os temas das conquistas e a colonización. Tamén escoitaremos algúns cantos de sereas interpretados polo alumnado do centro (mañá no recreo).




Na biblioteca temos un cartel feito por Bernardo (departamento de Plástica) sobre o Día da Paz, e tamén hai unha selección de lecturas sobre o tema.

LinkWithin