Leo Caldas, inspector de policía, enfróntase a un novo caso. Esta vez a aparición do cadáver dun mariñeiro , alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón dálle bastantes quebradeiros de cabeza. Hai momentos no que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio, acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar que contrasta co carácter do seu superior:
"Estévez, que estivera mirando por unha físgoa entre dous dos listóns que conformaban o portón, apoiou as mans no canto superior coma se fose tomar impulso.
Caldas mirouno atónito.
- Non viñemos roubar- dixo.
Logo deu un suspiro e, convencido de que nunca entendería a estrutura cerebral do seu axudante, volveu ao coche". (Páx. 144).
O inspector está atravesando unha etapa persoal complexa. Ven de romper coa súa parella, ten un familiar no hospital, tenta estar máis pendente do seu pai... É un home discreto ao que non lle gusta ser recoñecido pola súa colaboración nun programa de radio.
A obra transcorre en varios escenarios (Vigo, Panxón, Aguiño...) e cada capítulo comeza cunha definición relacionada coa historia.
Estaremos pendentes dos novos casos deste inspector porque gustounos esta obra e mantívonos intrigados ata o final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario