lunes, febrero 22, 2010

Club de lectura Calamus: Primeira proposta (II)


Laura Gallego García (Valencia, 1977) é a autora da primeira das obras que este ano comentaremos en Calamus, La leyenda del rey errante. É unha das escritoras que ten máis éxito entre a xente nova ( e non tan nova). No ano 1998 gañou o Premio El Barco de Vapor con Finis Mundi e dende entón ten publicado moitas obras que son demandadas continuamente polos usuarios da nosa biblioteca ( a triloxía Crónicas de la torre, Fenris,el elfo, Memorias de Idhún, La emperatriz de los etéreos, Dos velas para el diablo...)

Foi traducida ao francés, inglés, rumano, polaco, sueco, italiano... Podedes entrar na súa páxina web dende aquí. Na actualidade vai tomar unhas merecidas vacacións, despois de ter asinado moitos libros, dar charlas en centros...

Agora ímosvos plantexar catro preguntas sobre as obras da autora :

- Como se chamaba o xograr protagonista de Finis Mundi?

- Que é o nasib?

- Como se chamaba o rei que estaba enfermo? Quen comezou a sustituilo?

Agardamos as vosas respostas!

2 comentarios:

Esteban Gerpe dijo...

1. Mattius.
2. A primeira parte dunha casida.
3. Chamábase Huyr. Comezou a sustituílo o seu fillo Walid.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Son correctas as túas respostas,Esteban.
Moitas grazas pola túa colaboración.