"Máquina é un cadeliño ao que todos queren cando é pequeniño. Cando se volve maior xa ninguén o quere excepto a pequena da familia. Á avóa comézalle a caer pesado e pídelle ao pai da rapaza que se desfaga del. Entón o pai lévao a un monte e deíxao alí,e cando a rapaza, á hora da cea, preguntálle por Máquina, el responde que non sabe. Tal era a tristura da rapaza que o pai sentiuse culpable e foi buscar ao can. Por fin atopárono e a nena púxose moi contenta, todo o contrario da avóa. Pero un día, cando a avóa ía á fonte e Máquina viu que un coche ía cara a ela, correu e empurrouna ata a beirarrúa. Neste acto Máquina morreu e entón a avóa botou dúas bágoas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario