6/6/08

Escribir es vivir

Non é doado atopar un libro coma este, escrito nunhas circunstancias persoais complicadas, e cun auditorio ávido por escoitar a un home cunha vida tan interesante coma José Luis Sampedro (Barcelona, 1917). Todo comezou no ano 2003, cando a Universidade Internacional Menéndez Pelayo decidiu organizar unha serie de cursos maxistrais, co título de "El autor y su obra", adicados a unha serie de escritores. O primeiro foi José Luis Sampedro e, o contido do curso , na súa linguaxe oral, foi transcrito á linguaxe escrita posteriormente pola súa muller, Olga Lucas, e convertido nun libro que merece a pena ler.

O libro vai facendo un percorrido pola vida e a obra dun home lúcido, sinceiro e coherente coas súas ideas, adicado á literatura dende sempre (cóntanos que todos os días o seu horario comezaba ás 4 da mañá para poder escribir), que decide manter unha longa conversa cos seus interlocutores para explicarlles a súa opinión sobre moitos temas. As súas primeiras palabras son un preludio do que atoparemos nas páxinas do libro: " No vengo aquí a hacer exhibicionismo personal ni publicidad de la obra. Vengo esencialmente a dos cosas. Una de ellas es la misma que me mueve a escribir: la de descubrirme a mí mismo para descubrir a otros y para encontrarnos todos, para vivir más. Es lo que trataré de mostrar a lo largo de estos días. Y para ello utilizaré mi propia vida porque, tal como les explicaré, no es posible establecer barreras entre la vida y la obra de un escritor sincero".

É o traballo diario e constante dun home culto o que atopamos nesta obra, pero sen tecnicismos nin retórica, son palabras dictadas polo corazón e pola experiencia vital dunha persoa á que sempre lle gustou ler e escribir e que foi, antes de economista, escritor.

O estilo é ameno e está cheo de anécdotas que, en moitas ocasións fan que cambie o plan inicial das súas charlas, pero que entusiaman a un auditorio entregado que lle pide que non prescinda delas ( por exemplo, "el huevato de patatas" das páxinas 82-83 ou o episodio do sable das páxinas 189-190).
Tamén temos reflexións interesantes sobre o ensino (foi profesor universitario durante anos), o amor, a multiculturalidade, a literatura, a dignidade...
  • Escribir es vivir
  • Autor: José Luis Sampedro (con la colaboración de Olga Lucas)
  • Editorial De Bolsillo, 284 páxinas.

3 comentarios:

viaendosmundos dijo...

Visite mi blog
le interesará si le gustan los libros y la escritura

Anónimo dijo...

Gústanme as túas reseñas. Segue aconsellándonos.

Ana dijo...

He visitado su blog, "viaendosmundos", y le agradezco su ofrecimiento. Sus comentarios me parecen muy aceertados.

LinkWithin