12/6/08

El retrato español

Baixo o título de El retrato español en el Prado. De Goya a Sorolla, imos ter a oportunidade de achegarnos a unha serie de autores e obras pictóricas representativas de varias épocas como o Realismo, o Romanticismo ou o Neoclasicismo .
Esta exposición poderá visitarse na Sede Fundación Caixa Galicia en A Coruña, dende o día 11 ata o 7 de setembro, no seguinte horario:
- De luns a venres, de 12:00h a 14:00h, e de 16:00 a 21:00 h .
- Os sábados, domingos e festivos, de 12:00 h a 21:00h.

A obra que aparece en primeiro lugar é Niña de Ignacio Pinazo de Camarlench.





Presenta un conxunto de 66 obras de autores españoles no século XIX, na que ademais dos mencionados no propio título da exposición ( Goya e Sorolla, fundamentais na nosa pintura) podemos atopar obras de Federico de Madrazo y Kunz, Valeriano Domínguez Bécquer ou Raimundo de Madrazo y Garreta , con obras como Retrato de Señora, que é o que aparece á dereita.





Fontes consultadas:

http://www.caixagalicia.org/
http://www.museodelprado.es/

No hay comentarios:

LinkWithin