29/4/10

Ulises e Calamus


Calamus segue traballando, de xeito virtual, e, como neste curso temos como referente a Odiseo, pareceunos unha boa idea propoñer aos membros do noso club a lectura de As viaxes de Ulises. Por este motivo, nas vindeiras semanas iremos facendo unha serie de preguntas para repasar os nosos coñecementos sobre a obra (personaxes, episodios máis relevantes...)

Estas son as primeiras cuestións:

- Cita o nome de dous personaxes femininos que aparezan na obra.

- Quen eran os lotófagos?

- Quen era Telémaco? E Poseidón?

27/4/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (IV)

" VALIAS xa somente amiga
polo que me costa non terte
i andar a soledá nemiga.


Valías xa somente amada
polo que me costa perderte
e ficar a soledá tornada".


De Os Eidos

25/4/10

Rapsodia Gourmet

"El tomate crudo, devorado en el huerto, recién cogido, es el cuerno de la abundancia de las sensaciones simples, una cascada que se dispersa en la boca y reúne en ella todos los placeres. La resistencia de la piel tersa, sólo un poco, lo justo nada más, la blandura de los tejidos, la suavidad de ese néctar, con sus pepitas, que resbala por la comisura de los labios y uno se limpia sin temor de mancharse los dedos, esa bolita carnosa que vierte en nosotros torrentes de naturaleza: eso es el tomate, toda una aventura". (Páx 65).

Pierre Arthens, un prestixioso crítico gastronómico, consciente de que a súa vida esta a piques de rematar, tenta lembrar ese sabor único e marabilloso que un día fíxolle acadar a felicidade. Fai entón un repaso da súa vida, no que aparecen varias voces narrativas, e coñecemos a verdadera dimensión deste personaxe, querido e odiado a partes iguais.

É un libro para disfrutar, Rapsodia Gourmet, sabores, colores, texturas, palabras... Non nos vai defraudar.
  • Título: Rapsodia Gourmet.
  • Autora: Muriel Barbery.
  • Editorial Seix Barral, 182 páxinas.

23/4/10

Viaxe a través dos libros (II)

E por fin chegou o Día do Libro! Despois de preparar entre todos esta actividade, podemos dicir que a participación foi moi alta e que moitos (alumnos e profesores) se animaron a facer unha recomendación de lectura. O resultado está aquí e queremos compartilo con todos nunha data tan especial coma esta. Aproveitamos a ocasión para agradecer o traballo e a ilusión postos nesta exposición que reuniu varias actividades feitas no centro con motivo do Día do Libro.

Viaxe a través dos libros on PhotoPeach

21/4/10

Estamos na Final


Onte pola noite coñeceuse o listado de Blogs Finalistas nesta IV edición dos Premios Espiral Edublogs e nos aparecemos nela. Queremos compartir dende aquí a alegría que esta noticia nos produce e felicitar ao resto dos compañeiros que tamén foron seleccionados.

Borges (II)

Estos días estamos leyendo en el aula los cuentos de El Aleph, así que vamos a plantear una serie de cuestiones a los alumnos de 2º de Bachillerato:


- Cuando Jorge Luis Borges tenía 9 años tradujo un cuento del inglés y fue publicado . ¿Cuál era su título? ¿Quién lo escribió?

- ¿Qué es un zahir?

- ¿Qué historias de El Aleph carecen del componente fantástico que marca la mayor parte de los cuentos de la obra?

20/4/10

As viaxes de Ulises

Unha parte das actividades conmemorativas do Día do Libro é a referida ás Viaxes de Ulises, o noso referente durante o presente curso. Na entrada do centro rematamos o mapa engadindo ilustracións dos episodios máis importantes de súa travesía e tamén quixemos elaborar unha pequena montaxe , así que Marisa Díaz (Departamento de Francés) seleccionou as imaxes, a música ( "O Mesías" de Haendel) e o texto (procedente de os "Poemas canónicos" de Kavafis, da Editorial Rinoceronte) e fixo este vídeo. Esperamos que sexa do voso agrado.

19/4/10

La camarera

"Los días siguientes la limpieza transcurre a trompicones. Lynn remolonea. Tendría que darse prisa. En lugar de limpiar más deprisa limpia más despacio. Enjuaga dos veces los vasos para el cepillo de dientes. En una ocasión se le cae uno al suelo, se rompe, ella ha de recoger los pedazos e ir a por otro. Lynn ve por todas partes manchas invisibles en el suelo de los cuartos de baño. No se cansa de limpiar". (Páx. 63).


A protagonista da obra, Lynn Zapatek, traballa na limpeza dun hotel. Hai pouco tempo que está alí e non sabemos demasiado dela. É xoven, vive soa e está obsesionada con que nas habitacións todo debe estar impecable. Un día decide quedar debaixo da cama e entón a súa vida comeza a cambiar e xa non pode vivir doutro xeito.

No fondo deste comportamento está a soidade de Lynn e os baleiros da súa vida (relacións familiares ...) que ela trata de encher coas historias dos hóspedes.
Esta obra recibiu o Premio Austria Telekom e na actualidade estase a preparar a súa versión cinematográfica.
  • Título : La camarera.
  • Autor: Markus Orths.
  • Editorial Seix Barral, 143 páxinas.

18/4/10

Selo Vale a pena ficar de olho nesse blog!

Acabamos de recibir un agasallo de Biblioranca, un blog estupendo ao que admiramos e seguimos dende hai tempo. Dende aquí animamos a todos a coñecer o seu traballo porque, como di o selo, Vale a pena facelo.
Ademais de agradecer este regalo, debemos cumplir cos requisitos que implica:

- Incrustar a imaxe do selo "Blog que vale a pena", cun enlace ao que outorgou o premio.
- Enlazar 10 blogs máis que, segundo o seu criterio, valen a pena. Isto é para nos o máis complicado, facer esta selección porque todos os blogs están facendo un magnífico traballo a prol da lectura. Xa que nos piden 10 e, tendo en conta o noso comentario anterior, esta é a nosa escolla:

15/4/10

Ollos de auga / A praia dos afogados


Carla segue facéndonos recomendacións de lectura e, aínda que unha das obras xa aparece comentada no post do día 14/02, pareceunos axeitado manter esta opinión para coñecer outros puntos de vista.

"Dous libros de Domingo Villar moi interesantes pola súa temática de misterio e investigación. Dous libros con mortes diferentes, aquí, en Galicia, que pretenden darnos a coñecer que os crimes non só se ven nas series da tele senón tamén na vida real.

Por unha parte Ollos de auga é o primeiro libro que nos comeza a contar a vida do inspector Caldas mentres resolve un crime cruel e noxento.

O seguinte libro, A praia dos afogados, é a continuación da historia biográfica do inspector, que se intercala co asasinato dun mariñeiro cun pasado tráxico.

Recoméndovos estas dúas obras, sobre todo a aqueles afeccionados ao misterio. Mentres, sigo esperando o próximo libro do autor".

13/4/10

Wuthering Heights

Dende o Departamento de Inglés , Chus Pouso fainos esta reseña de Cumbres Borrascosas, obra que están lendo nestes momentos en 2º de Bacharelato :



Wuthering Heights (Cumbres Borrascosas) narra la historia de dos generaciones de los Earnshaw y los Linton, dos familias que se cruzan y debaten entre el amor y el odio.
Toda la trama parte de la figura protagonista de Heathcliff, poderoso y rudo, enamorado desde la niñez de Catherine, la hija del hombre que lo llevó a vivir de niño a Cumbres Borrascosas, el hogar de los Earnshaw. A partir de aquí y narrada por la sirvienta Nellie Deans nos enteraremos de esta historia de amor trágico, llena de pasiones desatadas y venganzas, y que acabará en sorprendente armonía.


Su autora fue Emily Brontë (1818-1848), que creció en los páramos de Yorkshire donde se desarrolla la novela.
Junto con sus hermanos tuvo una infancia llena de libros, arte y juegos, ambiente en el que la imaginación jugó un gran papel. Esta podría ser la razón de que además de ella otras dos de sus hermanas se dedicaran a la literatura.
Un año antes de su muerte publica ésta su única novela, que fue muy mal acogida por el público, por su carácter rudo y poco victoriano, mientras que su hermana Charlotte se hacía famosa gracias a Jane Eyre.
Tras su muerte Charlotte volverá a publicar Cumbres Borrascosas y hoy en día está considerada como la obra maestra de las hermanas Brontë, y un clásico dentro de la literatura inglesa.


12/4/10

Viaxe a través dos libros

Chegamos á 5ª etapa nesta viaxe, presidida por Ulises, que comezamos a principios de curso e así programamos unha serie de actividades para toda a comunidade educativa. Dende aquí queremos animar a todo o mundo a que participe nelas.

Non nos esquecemos de Shakespeare e, dende o Departamento de Inglés, tamén se está traballando nesta celebración na que, como ven sendo habitual, participan tamén o resto dos Departamentos do noso centro.

Nestes vindeiros días comezaremos a expoñer os traballos realizados por alumnos e profesores.

Usha


Cristina Cabaleiro, de 1º de ESO, é a lectora do mes de marzo. Esta é a súa recomendación de lectura :

" Usha es un libro que te explica muchas cosas de la India. En la obra nos dice como vivían, sus costumbres, su comida... Es un libro muy interesante porque puedes aprender mucho con su lectura. Además lo recomiendo porque es una obra muy entretenida".

Na biblioteca tamén temos outras obras da autora como O club da calceta e Pirata.

11/4/10

Las cenizas de Ángela

Carla Gómez Ferradás, alumna de 2ºde Bacharelato e estupenda lectora, fainos a seguinte recomendación de lectura :
"Un libro interesante acerca de la vida en la pobreza del protagonista, quien tenía también problemas familiares.

Nos cuenta como el protagonista se las ingenia para estudiar la carrera que le gustaba y como se convierte en una nueva persona.

Es una obra espontánea y con humor inocente pero que nos recuerda como era la Irlanda Republicana ,con las calles grises, pobres, gente hambrienta..., cosa que el autor narra muy bien. Y también podemos encontrar temas relacionados con los abusos, la violencia, el clero...temas de la época.

Recomendable este libro para todas aquellas personas a las que les guste el drama de la historia".

9/4/10

Las lágrimas de Shiva

Javier Lamas Barros, alumno de 1º C, e lector do mes de febreiro, fainos a seguinte recomendación de lectura :

" Es un libro que recomiendo a todos los alumnos porque es muy emocionante. Al principio puede parecer un poco rollo pero a medida que vas leyendo te gusta cada vez más.

Los protagonistas parece que son opuestos ya que a uno le gusta una cosa y el otro la detesta.

El final es bastante inesperado ya que es lo que no es."

7/4/10

Club de lectura Calamus: primeira proposta (III)

Imos facer un pequeno cambio no noso club de lectura. De agora en diante, Calamus continuará de xeito virtual, de tal maneira que cada membro do club deberá entrar no blog da biblioteca e deixar as súas opinións sobre a obra, neste caso La leyenda del rey errante de Laura Gallego García.

Pensamos que a obra elixida da pe para comentar bastantes cuestións, así que comezaremos plantexando algunhas como as seguintes:

- Cal é o voso personaxe preferido ? Podedes xustificalo nunhas cantas liñas.

- É posible cambiar o destino?

- É importante o amor na obra?

Isto son so propostas para traballar, pero seguro que podemos engadir moitas máis.

6/4/10

Borges


"No recuerdo una etapa de mi vida en que yo no supiera leer y escribir. Si alguien me hubiera dicho que esas facultades son innatas, lo habría creído. Nunca ignoré que mi destino sería literario. Siempre estaba leyendo y escribiendo. La biblioteca de mi padre me parecía gratamente infinita. Las enciclopedias y los atlas me fascinaban. Ahora comprendo que mi padre despertó y fomentó esa vocación. Leer y escribir son formas accesibles de la felicidad".


Diálogos con Jorge Luis Borges ( N. Montenegro, 1983).

5/4/10

Infancia



Ata o 29 de agosto podemos visitar en Barcelona unha exposición sobre a infancia. As fotografías son de Isabel Muñoz e a través delas e dos textos que as acompañan coñeceremos máis de preto a vida dos nenos en 4 continentes.


4/4/10

Centenario de Miguel Hernández

Acabamos de estudiar en el aula a Miguel Hernández (1910-1942), poeta fundamental de nuestra literatura del que este año se celebra el primer centenario de su nacimiento. Queremos recordar algunos de sus versos y recomendar la lectura de su obra, así como los trabajos de Joan Manuel Serrat basados en ella.

ELEGÍA

(En Orihuela, su pueblo y el mío, se me ha muerto como el rayo Ramón Sijé, con quien tanto quería.)

Yo quiero ser llorando el hortelano
de la tierra que ocupas y estercolas,
compañero del alma, tan temprano.

Alimentando lluvias, caracolas
y órganos mi dolor sin instrumento, ´
a las desalentadas amapolas

daré tu corazón por alimento.
Tanto dolor se agrupa en mi costado,
que por doler me duele hasta el aliento.

Un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal te ha derribado..."

El rayo que no cesa

2/4/10

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

No mes dos libros lembramos a importancia do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil con moitas das historias, clásicas e actuales, que máis nos gustaron.

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil on PhotoPeach

LinkWithin