Unha parte das actividades conmemorativas do Día do Libro é a referida ás Viaxes de Ulises, o noso referente durante o presente curso. Na entrada do centro rematamos o mapa engadindo ilustracións dos episodios máis importantes de súa travesía e tamén quixemos elaborar unha pequena montaxe , así que Marisa Díaz (Departamento de Francés) seleccionou as imaxes, a música ( "O Mesías" de Haendel) e o texto (procedente de os "Poemas canónicos" de Kavafis, da Editorial Rinoceronte) e fixo este vídeo. Esperamos que sexa do voso agrado.
4 comentarios:
Norabóa, parabéns, apertas... ¿No os habéis enterado? Volvéis a ser finalistas del Premio Edublogs. Nos alegramos mucho y os deseamos toda la suerte del mundo. Con los bibliotecarios gallegos no hay quien pueda.
Muchas gracias por tu felicitación, Inma. Con las actividades del Día del Libro que estamos haciendo en el centro, no tuve tiempo de reflejarlo en el blog. Queremos compartir estos momentos de alegría con vosotros y con todos aquellos que trabajan por fomentar la lectura.
Un abrazo.
Noraboa. Acabámonos de enterar de que sodes finalistas de edublog. As nosas máis sinceiras felicitacións polo recoñecemento do voso traballo. E sorte na final.
Moitas grazas por esta felicitación, compañeiros de Arquivos do Trasno. Sabemos que facedes un estupendo traballo que seguimos dende Silleda.
Un saúdo.
Publicar un comentario