27/4/11

Érase unha vez

...unha nena solitaria á que lle gustaban as historias. No seu cuarto escribía para despois ler os textos a todo aquel que quixera escoitalos. Ela sentíase feliz naquel mundo tecido con palabras e tenrura. Alí estaba o boneco Gorogó, ben atento, para non perderse nada, e ela disfrutaba con cada momento.
Pouco a pouco, foron pasando os anos e as súas historias chegaron a máis xente e foron recoñecidas como merecían.
Hoxe, aquela nena, que ven de cumplir 85 anos, recibiu o Premio Cervantes, e lembrounos a todos que "na literatura, coma na vida, éntrase con dor e bágoas" e tamén que "o que non inventa, non vive", mentres un auditorio escoitaba en silencio as súas palabras.
Grazas, Ana Mª, por tantos momentos nos que ti tamén fuches para nós o faro das nosas vidas.





LinkWithin