28/9/08

Paul Newman

Unha gran perda para o mundo do cine. Dende a biblioteca queremos lembrar algunha das súas películas.

- La leyenda del indomable ( 1967, S. Rosenberg).

- El buscavidas ( 1961, R .Rossen).
- El color del dinero ( 1986, M. Scorsese).

- El largo y cálido verano ( 1958, M. Ritt).

- La gata sobre el tejado de zinc ( 1958, R. Brooks).

- Cortina rasgada ( 1966, A. Hitchcock).

- El golpe ( 1973, G. Roy Hill).

- Veredicto final ( 1982, S. Lumet).

26/9/08

Oferta teatral

Este outono imos ter a sorte de contar cunha interesante oferta teatral en varios puntos da nosa xeografía.

- En Vilagarcía de Arousa, Vilalba e Pontevedra , os días 2,3 e 4 de outubro, podemos ver Nunca estuviste tan adorable de Javier Daulte. Protagonizada por Anabel Alonso, entre outros.

- O 9 de outubro, no Auditorio do Centro Cultural Caixanova (Vigo), Teatro do Noroeste presenta Extrarradios, de Eduardo Alonso.

- O 17,18 e 19 de outubro,Els Joglars presentan La cena (sobre o cambio climático).

- Lagarta Lagarta presenta Aeroplanos de Carlos Gorostiza, con Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira Pico.

- O Centro Dramático Galego leva á escena A boa persoa de Sezuán de Bertold Bretch, o 24 de outubro no Salón Teatro de Santiago.

- La tortuga de Darwin de Juan Mayorga será interpretada por Carmen Machi, o 6 de decembro.
. Fonte consultada : Diario El País ( 19 / 09/ 2008).

25/9/08

Poemas sobre o mar (10)

Aínda que poderiamos estar con esta serie que iniciamos no mes de xullo moito máis tempo, preferimos despedirnos hoxe lembrando os primeiros versos dalgúns poemas que responden a esta temática, indicando o autor correspondente.

. Rafael Alberti : "Si mi voz muriera en tierra/ llevadla al nivel del mar"...


. Walt Whitman : "Facing west from California´s shores, / Inquiring, tireless, seeking what is yet unfound"...


. Alfonsina Storni : "En el fondo del mar/ hay una casa de cristal"...


. Gabriel Celaya : "Ya es de noche. Ya no puedo/ seguir hablándote.Basta".

. Octavio Paz : "Altos muros del agua, torres altas, / aguas de pronto negras contra nada"...

22/9/08

Comeza o curso


Un ano máis, comezan as clases no instituto. Deixamos atrás as vacacións do verán e preparamos os libros, as mochilas...para voltar ás aulas. Seguramente os primeiros días costaranos algo de traballo madrugar, pero, pouco a poco, iremonos afacendo. Este proceso, que se repite todos os anos, non ten que converterse necesariamente en algo negativo, porque setembro é, coma xaneiro, o mes dos bos propósitos. De momento imos comezar cun pequeno cambio de imaxe dende o noso blog, coloreando o fondo e cambiando a disposición dalgún dos seus elementos, para facilitar a lectura e facelo máis atractivo.

E unha boa maneira de empezar o curso é acostumarse a visitar a biblioteca do noso centro que xa case queda pequena para albergar tanto material (impreso, audiovisual...) como ten. Ademais dos libros que tedes que ler nas distintas materias, hai outros moitos , en diferentes soportes, que esperan por vos ( comics, libros sobre a natureza, de aventuras, de terror, revistas, películas, cancións, poemas...) , así que só tedes que elixir segundo as vosas preferencias.

18/9/08

Unha rede que serve para pensar


En Internet podemos atopar moitas páxinas sobre Filosofía. A. Fraguas Garrido fai unha selección de dez nas que temos dende xogos ata lóxica, temas de debate...
Esperemos que lles poidan servir de orientación ós nosos alumnos de bacharelato e a todos aqueles interesados na materia.

.http://www.boulesis.com/ ( Xogos filosóficos interactivos).

. http://www.lechuza.org/ ( Buscador inspirado en Google).

. http://plato.stanford.edu/ ( En inglés).

. http://www.cinicos.com/ ( Ofrece foros, un glosario e unha sección sobre Internet e Filosofía).

. http://www.circuloesceptico.org/ ( Contra a superstición).

. http://www.rafaelrobles.com/wiki/index.php?title=Portada ( Cine e Filosofía).

. http://www.simulation-argument.com/ ( En inglés).

. http://www.cibernous.com/logica ( Con casos prácticos).

. http://www.philosophersnet.com/games ( En inglés e con moitos xogos).

. http://www.portales.educared.net/wikillerato/Filosofia ( Ten unha sección para estudantes de bacharelato. Os contidos, cos que se pode colaborar, van dende Grecia ata a ápoca actual).

14/9/08

Poemas sobre o mar (9)

Hoxe recomendamos este poema de Manuel Rivas ( A Coruña, 1957 ) , de Balada nas pedras do Oeste (1985).


BALADA NAS PRAIAS DO OESTE

Na ribeira acouga a nao
e aniñan nos seus mastros os paxaros da terra.
Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,
dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,
e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.
Dorme a nao na ribeira,
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla
e alma ten de farándula o mascarón da proa.
Na bitácora gárdase o caderno das lúas, a búsola das chuvias,
e unha botella con vello licor de neve.
Canta a laverca nun arpón de ferruxe,
trinca os cabos un salouco de merlo,
e albiscan os corvos no temón a miúda morte que se deita nas beiras.
Todo listo, almirante, para a grande viaxe.


11/9/08

Un grito de amor desde el centro del mundo

Esta obra, Un grito de amor desde el centro del mundo, de Kyoichi Katayama ( Japón, 1959), está sendo todo un éxito, tal e como confirman a súa versión cinematográfica, a televisión e mesmo o mundo do cómic.

O libro comeza así : "Aquella mañana me desperté llorando. Como siempre. Ni siquiera sabía si estaba triste. Junto con las lágrimas, mis emociones se habían ido deslizando hacia alguna parte. Absorto, permanecí un rato en el futón hasta que se acercó mi madre y me dijo: "Es hora de levantarse".

A historia de amor de Aki e Sakutarô, dous adolescentes xaponeses, atrapa dende o principio . A voz de Sakutarô lembra a relación que marcou a súa vida, as súas reflexións sobre o amor e a morte e o paso do tempo.

Son interesantes as referencias literarias que podemos atopar en varios momentos da obra ( Libro de las odas, Cuento del cortador de bambú...).

  • Un grito de amor desde el centro del mundo
  • Autor: Kyoichi Katayama.
  • Editorial Alfaguara, 192 páxinas.

6/9/08

Los libros de la almohada

Tiven a sorte de poder acceder a esta obra de Xosé Antonio Neira Cruz ( Santiago de Compostela, 1968) , titulada Los libros de la almohada e debo dicir que aquí temos unha historia preciosa que poderíamos traballar nas aulas e daría moito xogo como actividade de animación lectora.

O autor, fundador e director da revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana, é un dos escritores máis coñecidos e premiados das nosas letras. Recibiu, entre outros, o Premio Merlín nos anos 1988 e 2000 por Ó outro lado do sumidoiro e As cousas claras, e o Premio Barco de Vapor en 1998 por Valdemuller, que foi levada a escea en forma de teatro de títeres. Escribiu tamén O armiño dorme, A noite da raíña Berenguela...

A obra cóntanos como tras a morte da señora Huao, descubrimos o segredo que se agocha na súa almofada : nove libros que forman parte importante da súa vida . Hai un de cada cor : "El primero era blanco (...) y había sido entregado a su madre, como regalo para la pequeña, el mismo día de su nacimiento. A partir de ese se sucedían los libros, uno por cada década de vida, encuadernados en telas paulatinamente más oscuras a medida que la edad de la mujer había avanzado". Estes libros , lidos unha e outra vez pola protagonista, eran "los bienes más preciados de su propietario (...) Leer una página de los libros de su almohada era el ritual que abría el camino de los sueños, hasta que efectivamente los sueños empezaban a llegar y la lectura, puntualmente retenida en un párrafo -el primero en perder la batalla frente al cansancio-, se postergaba hasta la noche siguiente".

Con este punto de partida, o narrador cóntanos como se formou a súa almofada de lector, cales foron as persoas decisivas neste proceso e que importantes resultan para el as palabras, "porque , sea cual sea nuestro estado o condición, todos necesitamos una historia para poder vivir".

3/9/08

Poemas sobre o mar (8)

A Dulce María Loynaz, escritora cubana ( 1903-1997) , membro da RAE, Premio Cervantes no ano 1992 e distinguida con numerosos galardóns, entre eles o Premio Nacional de Literatura, en Cuba, debémoslle este poema que leva por título ISLA :


Rodeada de mar por todas partes,
soy isla asida al tallo de los vientos...
Nadie escucha mi voz, si rezo o grito:
puedo volar o hundirme...Puedo a veces,
morder mi cola en signo de Infinito.
Soy tierra desgajándose...Hay momentos
en que el agua me ciega y me acobarda
en que el agua es la muerte donde floto...
Pero ahora a mareas y ciclones,
hinco en el mar raíz de pecho roto.
Crezco del mar y muero de él...Me alzo,
¡para volverme en andas desatadas!...
¡Me come un mar batido por las olas
de arcángeles sin cielo, naufragados!

LinkWithin