domingo, septiembre 14, 2008

Poemas sobre o mar (9)

Hoxe recomendamos este poema de Manuel Rivas ( A Coruña, 1957 ) , de Balada nas pedras do Oeste (1985).


BALADA NAS PRAIAS DO OESTE

Na ribeira acouga a nao
e aniñan nos seus mastros os paxaros da terra.
Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,
dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,
e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.
Dorme a nao na ribeira,
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla
e alma ten de farándula o mascarón da proa.
Na bitácora gárdase o caderno das lúas, a búsola das chuvias,
e unha botella con vello licor de neve.
Canta a laverca nun arpón de ferruxe,
trinca os cabos un salouco de merlo,
e albiscan os corvos no temón a miúda morte que se deita nas beiras.
Todo listo, almirante, para a grande viaxe.


No hay comentarios: