lunes, septiembre 22, 2008

Comeza o curso


Un ano máis, comezan as clases no instituto. Deixamos atrás as vacacións do verán e preparamos os libros, as mochilas...para voltar ás aulas. Seguramente os primeiros días costaranos algo de traballo madrugar, pero, pouco a poco, iremonos afacendo. Este proceso, que se repite todos os anos, non ten que converterse necesariamente en algo negativo, porque setembro é, coma xaneiro, o mes dos bos propósitos. De momento imos comezar cun pequeno cambio de imaxe dende o noso blog, coloreando o fondo e cambiando a disposición dalgún dos seus elementos, para facilitar a lectura e facelo máis atractivo.

E unha boa maneira de empezar o curso é acostumarse a visitar a biblioteca do noso centro que xa case queda pequena para albergar tanto material (impreso, audiovisual...) como ten. Ademais dos libros que tedes que ler nas distintas materias, hai outros moitos , en diferentes soportes, que esperan por vos ( comics, libros sobre a natureza, de aventuras, de terror, revistas, películas, cancións, poemas...) , así que só tedes que elixir segundo as vosas preferencias.

No hay comentarios: