23/4/15

O mundo de Alicia

  Para nos sempre é unha data especial o 23 de abril, así que tentamos celebrala por todo o alto, como se soe dicir. Este ano e, coincidindo co 150 aniversario de Alicia no País das Marabillas,pareceunos axeitado centrarnos nesta obra, todo un clásico da Literatura. Por este motivo deseñamos unha serie de actividades en torno a Alicia e o seu mundo .
    Como ven sendo habitual no noso centro, tentamos implicar a alumnos e profesores nas nosas iniciativas e, dende a biblioteca, quero agradecer o traballo de todos, moi especialmente o dos alumnos de 1º de Bacharelato, que crearon moitos dos materiais expostos (murais, carteis, debuxos...).
      Imos prolongar as actividades durante varios días máis polo que iremos engadindo novas fotografías. De momento, deixamos aquí unha pequena mostra.






No hay comentarios:

LinkWithin