26/4/13

Paul Auster (III)

Para celebrar o Día Mundial do Libro, esta semana organizamos no noso centro unha serie de actividades presididas polo tema común da lectura. Este ano eliximos a figura do escritor norteamericano Paul Auster así que, ademais de reler as súas obras, recopilamos información sobre a súa figura a través de fotografías, entrevistas, citas,...
  Nos recreos leváronse a cabo na Biblioteca lecturas dunha das súas obras, Smoke, e proxectáronse imaxes da película. Mañá continuaremos coas actividades e despois faremos un resumo de todos os traballos.
  A continuación podese ver unha pequena mostra da exposición que fixemos.



Pódese consultar tamén a Aula Virtual.

LinkWithin