8/9/12

Invierno ártico

Sempre é un pracer recomendar unha obra de Arnaldur Indridason (Reykjavik,1961), autor que nos gusta especialmente. 


Invierno ártico é a quinta entrega das protagonizadas polo investigador Erlendur Sveinsson e os seus colaboradores (Elinborg e Sígurdur Oli). Neste libro relátanos a aparición do cadáver dun rapaz de 10 anos, moi preto da súa casa. Este feito parece estar relacionado con cuestións como a discriminación que sufren as persoas doutros países (a nai da víctima é unha inmigrante tailandesa que debe traballar duro para sacar adiante á súa familia).
 Nesta ocasión Erlendur, atormentado pola morte do seu irmán nunha ventisca cando ambos eran uns rapaces, achégase máis a este momento da súa vida a través dun soño que lle relata Eva Lind, a súa filla.

 "Erlendur hizo la señal de la cruz sobre la tumba de Marion Briem. Luego se volvió hacia el viento que le mordía el rostro, le tiraba del pelo y se le metía entre la ropa. Pensó en su casa, en sus libros sobre muerte y sufrimiento durante las implacables inclemencias invernales. Eran historias que comprendía y que mantenían encendidas en su pecho las brasas de antiguos sentimientos, remordimientos, pena y pérdida". (Páx.339)

 A obra ven acompañada dun pequeno cadernillo (Enciclopedia Svensson.Siguiendo la pista de un detective islandés) onde aparecen recollidas as cuestións máis habituais dos seus libros (personaxes, escenarios...)





LinkWithin